01 LIMIAR                                       Índice

       A unidade emotiva conséguese no conto pola obsesión do que ten que sobrevir.

O remate ha ter a virtude de facer simultáneas no espírito as imaxes que foron sucesivas.

A presencia do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato.

O remate é unha imaxe que fai estoupar o conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente.

O conto é unha pelica na que se sente o pulso dunha imaxe contida.

O conto é o remuíńo que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

Inicio