Dos arquivos do trasno

Inicio

1899.- Nace en Rianxo o 29 de xaneiro Rafael Francisco Antonio  Olegario Juan Dieste Gonçalves, fillo de Eladio Dieste Muriel e de Olegaria Gonçalves  Silveira, que se asentan na vila arousá despois do seu periplo por Pontevedra e Padrón á volta desde A Rocha (Uruguai)

                       

1910.-  O 17 de xuño sae o primeiro número de El Barbero Municipal, (!910-1914), semanario conservador que tiña como director  a José Mª Arcos Moldes, Director Artístico Rodríguez Castelao e Director Literario a Eduardo Dieste .

1911.-   Aparece Buenas Noches (1911-1914), publicación do partido liberal baixo a Dirección de José Barreiro

1914.- Rafael Dieste ingresa na Escola Normal en Santiago de Compostela  

1916.-  Aparece un cachalote en Rianxo.  De como veu a Rianxo unha balea   (Dos arquivos do Trasno)     

 (No casa da familia Baltar en Tanxil)

1917.- Fai unha viaxe a Tampico (México) onde seu irmán Antonio estaba establecido. Preséntase o Concurso literario  de  Tampico (cos relatos La Alucinada, la música rural, el asalto, Berenjena) e gaña o premio de douscentos pesos en ouro .  Na ponte de ferro  (Dos arquivos do Trasno)

1918.- Regresa a Rianxo  chamado por seu pai, avellentado e enfermo.

1919.- Ingresa de novo na Escola Normal de Santiago. Publica os primeiros relatos en Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa.

1921.- Ingresa no exercito para cumprir o servicio militar. O "Desastre de Annual" fará que se prlonge dous anos máis. A volta    (Dos arquivos do Trasno)

1923.- No campamenro militar de Sir Drius (Marrocos), colabora en Charamuscas (Paliques, O vello que quería ver o tren) que dirixe o escritor de Taragoña Xosé Mª Brea Segade.

     (Dieste, Amado Villar, Brea Segade e Otero Espasandín)   

        -Remata o servicio militar e fai as primeiras colaboracións no Faro de Vigo.

1924.- Colabora no xornal Galicia de Vigo

1926.- Publícase a primeira edición Dos Arquivos do Trasno

                                                       

        - Da clases en Ribeira nun colexio privado, onde se encontra con Otero Espasandín

1927.- Ingresa no Seminario de Estudios Galegos coa lectura de A Fiestra valdeira, que será publicada este mesmo ano.

Colabora xunto con Manuel Antonio na publicación da obra de Lois Amado Carballo

1930.-  Publica Viaje y Fin de  Don Fontán

 1931.- E candidato a Cortes pola "Federación Republicana Gallega".

1932.- Colabora na creación da Misións Pedagóxicas. Funda xunto con Salinas o "Teatro Guiñol das Misións". publica el retablo de los fantoches.

1933.- Recore Galicia coas Misións: Rianxo, Xinzo, Maside, Lalín, A Estrada, Rianxo, Noia, Outes, Corcubión, Cee, Betanzos, Vilalba...

  (Guiñol en Rianxo)

    -Publica o libro de poemas Rojo Farol Amante  

  

1934.- Publica Quebranto de Doña Luparia y otras farsas.

    -Setembro-outubro: visita Rianxo xunto coa súa muller Carmen Muñoz Manzano.

    

1935.- Viaxe  Estudios por Europa, pensionado pola Xunta de Amplición de Estudios.

    -Escribe en París: La vieja piel del mundo

                        

    -15 de outubro represéntase en Rianxo A fiestra valdeira dirixida pola autor.  Manolo R. Castelao será D. Miguel.

1936.- Levantamento militar contra a II república, comeza a Guerra Civil.

    - Colabora nas  Misións Pedagóxicas e dirixe o Teatro Español de Madrid.

1937.- Colabora na fundación da revista Hora de España, xunto con Sánchez Barbudo e Gil-Albert.

           

    - En Barcelona dirixe Nova Galiza, por encargo de Castelao.

1939.-  Sae de España co Exército do Este. É internado no campo de concentración de Saint-Ciprien.

    -Febreiro : Sae do campo de concentración e diríxese a París onde se encontra con Carmen Muñoz.

        (Finca La Merigotte 1939 )

    -Abril: Parten cara a La Haya (Holanda) e de alí a Montevideo, onde se encontra cos seus irmáns Enrique , Eduardo , Eladio.

 (Rafael Dieste, Carmen Muñoz, Antonio Baltar, Eladio Dieste; Elisa, Mireya Baltar)

    -Xullo : Chegada a Buenos Aires 

1940.- Director da editorial Atlántida

1943.-  Historias e Invenciones de Félix Muriel 

                      

1945.- Viaje, Duelo y Perdición

1949.- Viaxe a Europa. Mentras Rafael Dieste permanece en Londres, Carmen Muñoz visita Rianxo, Santiago, Plasencia, Madrid... acompañada  por Esther e Alfredo Cáceres.

(R. Iglesiias,  Pepito Carou, Carmen e Esther de Cáceres)   

1950.- Lector en Cambridge.

     (cos Mandoki, profesores en Cambridge)

1952.- México: Profesor de Lengua e Literatura Española no Instituto Tecnolóxico de Monterrei.

1954.- Pequeña Clave Ortográfica.   

   

1955.- Chega a Buenos Aires Isaac Diaz Pardo. Fundará unha fábrica de cerámica en Magdalena. Do seu contacto con Dieste, Lorenzo Varela, Seoane... xurdirá Sargadelos, o laboratorio de Formas de Galicia....

  (R. Dieste, L. Seoane Seoane) (Díaz Pardo, Dieste...)

 1956.- Nuevo tratado de paralelismo.   

1960.- O grupo de teatro Airiños de Asados representará A Fiestra Valdeira.

1961.- Regreso a Rianxo. Carmen Muñoz reingresa cono Inpectora de Ensino Primario. O matrimonio Dieste Muñoz vivirá entre A Coruña e Rianxo

(Faustino Rey, Carmen Muñoz,Dieste, Xesús Santos)   

1965.-

     

1970.- Recepción como membro numerario da Real Academia Galega co discurso: A vontade de estilo na fala popular.

 (R.A.G., 1977)                   

1975.- Testamento geométrico

1979  

                 

1981             Antre a terra e o ceo.  Compilación de artigos publicados en El pueblo Gallego de Vigo (1925-27)

     

15 de outubro: morre Rafael Dieste

1982 A "Praza da Igrexa" pasa a chamarse, por acordo da Coporación Municipal, "Praza de Rafael Dieste"

                        

1984.- Carmen Muñon descobre, na casa natal, esta placa de Isaac Díaz Pardo

       

 

1985     1990    1991     1995

1995 O 15 de maio Carmen Muñoz de Dieste é nomeada filla adoptiva de Rianxo

    

O 17 de maio, Día das Letras Galegas é adicado a Rafael  Dieste. A Real Academia Galega celebra unha sección extraodinaria en Rianxo

      

Inaugurase na ribeira rianxeira unha escultura de Pérez Porto coa presencia de dona Carmen Muñoz de Dieste

 

1997.- O 26 de xuño de 1997, o Consello Escolar decide que o instituto de secundaria de Rianxo leve o nome de IES  "FÉLIX MURIEL"