RAFAEL DIESTE
1899.- Nace en Rianxo o 29 de xaneiro Rafael Francisco Antonio Olegario Juan Dieste Gonçalves, fillo de Eladio Dieste Muriel e de Olegaria Gonçalves Silveira, que se asentan na vila arousá despois do seu periplo por Pontevedra e Padrón á volta desde A Rocha (Uruguai)
1910.- O 17 de xuño sae o primeiro número de El Barbero Municipal, (!910-1914), semanario conservador que tiña como director a José Mª Arcos Moldes, Director Artístico Rodríguez Castelao e Director Literario a Eduardo Dieste .
1911.- Aparece Buenas Noches (1911-1914), publicación do partido liberal baixo a Dirección de José Barreiro
1914.- Rafael Dieste ingresa na Escola Normal en Santiago de Compostela
1916.- Aparece un cachalote en Rianxo. De como veu a Rianxo unha balea (Dos arquivos do Trasno)
(No casa da familia Baltar en Tanxil)
1917.- Fai unha viaxe a Tampico (México) onde seu irmán Antonio estaba establecido. Preséntase o Concurso literario de Tampico (cos relatos La Alucinada, la música rural, el asalto, Berenjena) e gaña o premio de douscentos pesos en ouro . Na ponte de ferro (Dos arquivos do Trasno)
1918.- Regresa a Rianxo chamado por seu pai, avellentado e enfermo.
1919.- Ingresa de novo na Escola Normal de Santiago. Publica os primeiros relatos en Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa.
1921.- Ingresa no exercito para cumprir o servicio militar. O "Desastre de Annual" fará que se prlonge dous anos máis. A volta (Dos arquivos do Trasno)
1923.- No campamenro militar de Sir Drius (Marrocos), colabora en Charamuscas (Paliques, O vello que quería ver o tren) que dirixe o escritor de Taragoña Xosé Mª Brea Segade.
(Dieste,
Amado Villar, Brea Segade e
Otero Espasandín)
-Remata o servicio militar e fai as primeiras colaboracións no Faro de Vigo.
1924.- Colabora no xornal Galicia de Vigo
1926.- Publícase a primeira edición Dos Arquivos do Trasno
- Da clases en Ribeira nun colexio privado, onde se encontra con Otero Espasandín
1927.- Ingresa no Seminario de Estudios Galegos coa lectura de A Fiestra valdeira, que será publicada este mesmo ano.
-Colabora xunto con Manuel Antonio na publicación da obra de Lois Amado Carballo
1930.- Publica Viaje y Fin de Don Fontán.
1931.- E candidato a Cortes pola "Federación Republicana Gallega".
1932.- Colabora na creación da Misións Pedagóxicas. Funda xunto con Salinas o "Teatro Guiñol das Misións". publica el retablo de los fantoches.
1933.- Recorre Galicia coas Misións: Rianxo, Xinzo, Maside, Lalín, A Estrada, Rianxo, Noia, Outes, Corcubión, Cee, Betanzos, Vilalba...
(Guiñol en Rianxo)
-Publica o libro de poemas Rojo Farol Amante
1934.- Publica Quebranto de Doña Luparia y otras farsas.
-Setembro-outubro: visita Rianxo xunto coa súa muller Carmen Muñoz Manzano
1935.- Viaxe Estudios por Europa, pensionado pola Xunta de Amplición de Estudios.
-Escribe en París: La vieja piel del mundo
(grupo AIRIÑOS de Asados, anos 60))
-15 de outubro represéntase en Rianxo A fiestra valdeira dirixida pola autor. Manolo R. Castelao será D. Miguel.
1936.- Levantamento militar contra a II república, comeza a Guerra Civil.
- Colabora nas Misións Pedagóxicas e dirixe o Teatro Español de Madrid.
1937.- Colabora na fundación da revista Hora de España, xunto con Sánchez Barbudo e Gil-Albert.
- En Barcelona dirixe Nova Galiza, por encargo de Castelao.
1939.- Sae de España co Exército do Este. É internado no campo de concentración de Saint-Ciprien.
-Febreiro : Sae do campo de concentración e diríxese a París onde se encontra con Carmen Muñoz.
(Finca
La
Merigotte 1939 )
-Abril: Parten cara a La Haya (Holanda) e de alí a Montevideo, onde se encontra cos seus irmáns Enrique , Eduardo , Eladio.
(Rafael Dieste, Carmen Muñoz, Antonio
Baltar, Eladio Dieste; Elisa, Mireya Baltar)
-Xullo : Chegada a Buenos Aires
1940.- Director da editorial Atlántida
1943.- Historias e Invenciones de Félix Muriel
![]()
![]()
![]()
1945.- Viaje, Duelo y Perdición
1949.- Viaxe a Europa. Mentras Rafael Dieste permanece en Londres, Carmen Muñoz visita Rianxo, Santiago, Plasencia, Madrid... acompañada por Esther e Alfredo Cáceres.
(R. Iglesias, Pepito Carou, Carmen e Esther de Cáceres)
1950.- Lector en Cambridge.
(cos Mandoki,
profesores en Cambridge)
1952.- México: Profesor de Lengua e Literatura Española no Instituto Tecnolóxico de Monterrei.
1954.- Pequeña Clave Ortográfica
1955.- Chega a Buenos Aires Isaac Diaz Pardo. Fundará unha fábrica de cerámica en Magdalena. Do seu contacto con Dieste, Lorenzo Varela, Seoane... xurdirá Sargadelos, o laboratorio de Formas de Galicia...
(R.
Dieste, L. Seoane Seoane)
(Díaz Pardo,
Dieste...)
1956.- Nuevo tratado de paralelismo
1960.- O grupo de teatro Airiños de Asados representará A Fiestra Valdeira.
1961.- Regreso a Rianxo. Carmen Muñoz reingresa cono Inpectora de Ensino Primario. O matrimonio Dieste Muñoz vivirá entre A Coruña e Rianxo
(Faustino Rey, Carmen Muñoz, Dieste, Xesús Santos)
1970.- Recepción como membro numerario da Real Academia Galega co discurso: A vontade de estilo na fala popular
R.A.G., 1977)
1979
1981 Antre a terra e o ceo. Compilación de artigos publicados en El pueblo Gallego de Vigo (1925-27)
15 de outubro: morre Rafael Dieste
1982. A "Praza da Igrexa" pasa a chamarse, por acordo da Coporación Municipal, "Praza de Rafael Dieste"
1984.- Carmen Muñoz descobre, na casa natal, esta placa de Isaac Díaz Pardo
(1985) (1990)
(1991)
(1995)
1995.- O 15 de maio Carmen Muñoz de Dieste é nomeada filla adoptiva de Rianxo
O 17 de maio, Día das Letras Galegas é adicado a Rafael Dieste. A Real Academia Galega celebra unha sección extraodinaria en Rianxo
Inaugúrase na ribeira rianxeira unha escultura de Pérez Porto coa presencia de dona Carmen Muñoz de Dieste
1997.- O 26 de xuño de 1997, o Consello Escolar decide que o instituto de secundaria de Rianxo leve o nome de IES "FÉLIX MURIEL"
Bibliografía:
Grial Nº 78 (Galaxia, 1.982)
A travesía dun século, Luis Rey (Ed. Do Castro, 1.987)
Rafael Dieste. 1.899-1.981. Unha fotobiografía, X.L. Axeitos (Xerais, 1.995)
Rafael Dieste. Charamuscas, X. R. Brea Rei (Concello da Cultura Galega, 1.995)
Arquivo Xesús Santos
Arquivo Calvo Rey
Arquivo fotográfico Concello de Rianxo