UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO

Inicio

   Libroforum celebrado o luns 06 de marzo de 2006

  O luns 6 de marzo de 2006 visitounos o escritor de natural de Noia, Ramón Carredano Cobas, para comentarmos  o premio Merlín do 2005,   do que é autor. Díxonos que o seu soño fora ser mestre de calquera asignatura.

  Para escribir  unha branca de cobre para Martiño inspirouse na historia de Cristoval Colom, xa que a el sempre lle interesou esta etapa histórica do encontro de dous mundos que non se coñecían. Os nomes dos protagonistas, Martiño e Diego, corresponden a dous sobriños seus, que llos prestaron coa condición de que llelos devolvería ao rematar a historia.

  Considera aos premios literarios como algo importante, xa que moitos deles aseguran a publicación da obra ganadora.

Frei Samuel e A unlla da aguia son as outras obras que ten publicada e coas que gañou o premio "Avilés de Taramancos" patrocinado polo Concello de Noia na honra deste escritor

Ante a pregunta de que se lle gustaría que se lle adicase o Día das Letras Galegas, respostou de que non tiña presa, xa que para esa adicatoria o personaxe debe levar morto dez anos.