Agustín Agra
Agustín Agra nace en Noia en 1966.
Biólogo e profesor de ensino secundario.
Colabora coas revistas Casa da Gramática, do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, e Alameda, do Liceo de Noia, así como en publicacións da asociación Cultural Barbantia.
Foi gañador do Pedrón de Ouro de narracións breves en 2004 e primeiro accésit no 2005.
No 2006, gaña o premio Merlín de literatura infantil, fallado o 10 de xuño de 2006 na Illa de San Simón, coa obra O tesouro da lagoa de Reid'Is
‘O meu xuíz non foi o xurado do ‘Merlín’ senón o meu sobriño Paulo’
CESAR LORENZO GIL
-Por que escolleu o formato da literatura infantil para facer o seu debut na “obra grande”?
-Por casualidade. Xa foi unha casualidade o porqué de comezar a escribir. Todo o que refire á relación entre a literatura e máís eu ten un certo aire de coincidencia. Son profesor de Bioloxía mun instituto e sempre fun o típico “home de ciencia’. Custabame traballo organizar a estutura das frases dos meus exames no instituto e nunca me achegara á escrita, nin cando novo nin cando adulto. Mais o que sempre fun foi un contador de historias. Gústame moito entreter os meus alumnos durante horas con contos. Unha desas “batallas narradas na clase foi collendo fondo a medida que a pronunciaba e decateime de que estaba tomando feitura de relato, válido para ser escrito. Pouco e pouco fol tomando corpo e acabeino de escribir Con el xa rematado vin precisamente n’A NOSA Terra o anuncio da convocatoria do premio ‘Pedrón de Ouro’ e envieino. E gañei.
-E daquela pensou que tal- vez non escribise mal.
-Non Porque aquel ano só se presentaron 13 relatos e tampouco tiña tanto mérito. Foi ao ano seguinte, cando volvía presentarme ao premio —que gañou Francisco Castro- e recibín un accésit que si que pensei que non se me daba mal. E que nesa ocasión xa se presentaran 90 relatos. E co de presentarme ao ‘Merlín’ pasou algo semellante. Teño unha amiga que fai traballos de literatura para nenos que me preguntou se non ten a algunha obra infantil. Díxenlle que non. É máis, respondinlle que non tiña nada que dicirlles aos nenos.
-Pois esa súa amiga debe quedar sorprendida co premio
-É que a idea quedoume na cabeza e unha tarde, que estaba eu contándolles historias aos meus sobriños, vin claro que nesa escena había un libro. E xustamente era unha historia en formato de libro o que necesitaba para atraer un neno de dez anos á lectura. Así que comecei a escribir pensando nese único lector. Quería construír un conto que fixase a súa atención e que valese para que empezase a ler. Cando acabei, tamén me decatei de que entraba no prazo de entrega do ‘Merlín’ e enviei o orixinal coa idea de que. ao ser un premio que convoca unha editorial, tería máis opcións de que alguén de Xerais a lese e pensase en publicala. O do premio foi unha total sorpresa.
-E quen é ese priviIexiado?
-O meu sobriño Paulo, que tamén protagoniza O tesouro da lagoa de Reid’Is. Escribín unha primeira versión do Iibro e linlla. Cando vía que se perdía nos biosbardos, sabía que non estaba funcionando a historia. Así que a refacía e volvía empezar. Foi un xuíz implacábel e recoñezo que fracasei porque por moitas voltas que dei, só conseguín lerlle a metade do conto sen que empezase a se anoxar.
-Xa lle dará mérito cando medre.
-Xa anda moi rufo no colexio presumindo de que sae non libro. E moitos amigos xa o leron. El só dixo que lle gustaban moito os debuxos pero aí segue, no andel. Non leu nin unha liña.
-En calquera caso, a lectura de Paulo valeu para meterse na cabeza dos posíbeis lectores.
-Pensa que si. O xurado do premio está composto tamén por cativos e penso que a experiencia co meu sobriño valeu para darlles un conto que casa ben co que procuran nun libro a eses anos. Nese sentido estou conten to. De todos os xeitos todo o que escribo ten un destinatario único. Os meus relatos son agasallos persoais. Pode que haxa quen pense que é un presente barateiro pero podo xurar que me sería ben máis doado ir a un centro comercial e comprar calquera causa por 50 euros.
-Tanto traballo lle dá escribir?
-Eu escribo principalmente para divertirme, como pasatempo. Non levo un ritmo estrito e podo ter días de avanzar moito e logo estar un mes pensando en que adxectivo é o máis conveniente. Non teño nin presa nin obsesión por publicar. E máis, se vise que non consigo contar o que quero, deixaría de escribir.
-Así que non prepara os textos en 15 días.
-Coñezo quen fai iso e non comparto esa filosofía. O traballo nótase na feitura final. O que define a boa literatura é a fluidez da narración, pero non a fluidez entendida como facilidade para redactar senón que o discurso poético flúa con coherencia e atractivo. Esa poética persoal é o que realmente costa atopar e hai que adicarlle tempo. Eu corrixo moito. Fago moitas versións e recoñezo que hai veces que podería ser infinito, porque sempre se pode mellorar unha frase.
-No seu libro recoñécense os espazos próximos. Incluso aparecen personaxes reais, como Man de Camelle.
-Iso está buscado. É certo que os personaxes non son reais senón que están modelados na ficción. Por exemplo, eu coñecín persoalmente a Man e estiven moitas veces onde el traballaba pero o Man do meu libro non é o Man real; ten máis a ver con outra persoa que coñezo. Pero o certo é que os meus sobriños aparecen cos seus nomes e hai múltipIes referencias íntimas da miña familia e amizades. O que pasa é que só eles poden recoñerse. É máis. Algúns ven no papel algo que pasou en realidade e éntralles pudor, moléstanse un pouco por ver iso ao alcance de todos.E iso que eu lles digo que fóra deles, ningún lector vai identificar o que leo con eles.
-Que pasa en Noia que hai tantos escritores. Deixou unha semente especial Avilés de Taramancos?
-Con certeza non o sei, pero o curioso de Noia é que é unha vila especial en moitos aspectos. Eu penso que ternos un carácter un pouco competitivo e que uns tiran polos outros. Xerardo AgraFoxo sempre di que el non escribiría de non telo feito Antón Riveiro Coello, e eu dígolle que eu nunca teríaa escrito de non telo feito el. E esa cadea é unha motivación poderosa. Ternos unha animación cultural moi destacada, con revistas ou un movemento literario moi interesante, o Colectivo Sacou, sen que o Concello gaste un peso nese tema. Pero é que, sen termos apenas infraestruturas deportivas, en Noia hai 48 veciños que correron unha maratón enteira, músicos a esgalla, o 30 por corno dos triatletas galegos de elite. É un misterio e até daría para unha boa reportaxe.
(A Nosa Terra, nº 1248, do 14 ao 20 de decembro de 2006)