Inicio

LIBROFORUM

 

O xoves, 15 de febreiro, ás 10,30 da mañá, visitou o noso Instituto o autor de “O tesouro da lagoa de Reid’Is”, o escritor nado en Noia Agustín Agra.

 

Os personaxes do libro están baseados na súa familia e amigos: os seus sobriños Pablo, que foi transformado nunha rapaza engadíndolle unha coleta,  e Kobe, a quen está adicado  o libro; seu avós, que bailaban na Casa do Souto; o seu amigo Serafín e Man de Camelle, darán  forma a Manfred, o gaiteiro das “muiñeiras de auga”; A súa admirada Virxinia Woll, Virxinia Lobo a muller dos croios…

Os lugares nos que vivimos aparecen co nome cambiado: Cabodomundo, Viladomar, Cidadepedra, lagoa de Reid’Is ….

A historia está baseada na Lagoa de Vixan , onde foi asulagada unha cidade  pola maldade ou a envexa dos seus habitantes (Coma en Cospeito, na Terra Chá; na Lagoa Antela, na Limia…) 

O libro tivo dúas fases: seis meses   perfilando a idea do que quería contar e seis meses pasándoas ao papel, un ano.

Facer un libro é difícil porque é cousa de dous: o escritor e o ilustrador, e non sempre coinciden as ideas de ámbolos dous. Os seus familiares e amigos non se parecían en nada nas imaxes e na realidade.

As palabras máxicas do libro son para os poemas.

           Finalizou  o seu encontro con nós,  asinando os libros que nós levabamos e sacamos unha foto con el.

Para rematar, dicir que a súa visita foi moi agradable e co que dixo a historia cobrou sentido, antes da súa charla algúns de nós non entendiamos o libro.

Pasámolo moi ben con esta Visita

                                                                                       Ana María Fernández Prol 1º A ESO