NITO
(Higinio Varela Novoa)
1.Sempre quixeches ser futbolista?
-Sempre me gustou o fútbol
pero non me imaxinaba que ía ser futbolista.
2.Es
do Barça ou do Madrid?
-Gústame moito como xoga o
Barça, pero eu son do Madrid.
3.E
difícil levar un equipo de fútbol?
-Moi difícil non pero
require esforzo.
4.Que
che Gusta máis, adestrar ou xogar?
-Xogar.
5.Gustaríache
seguir xogando?
-Sigo xogando en veteranos
pero a nivel profesional si que me gustaría.
6.Que
sentes ao entrar nun campo de fútbol?
-Alegría, emoción....
7.Celta
ou depor ?
-Son dos dous, non sería
capaz de decantarme por un.
8.En
que equipos xogaches?
-Boiro , Unión , Noia ,
Santiago de Compostela,
Celta e Mallorca.
9.Fifa
ou PES?
-Fifa.
10.Cal
e o teu posto no campo?
-Interior esquerdo.
11.Zurdo
ou destro?
-Ambidextro,
pero mais zurdo.
12.A
que equipos adestraches?
-Ao Boiro, ao Unión,
e ao Noia.
13.Marcaches
algún gol de chilena?
-Si, dous.
14.Podes
contarnos algunha historia túa como futbolista ou adestrador?
-Non fai moito cando estaba
adestrando a os xogadores do Unión de 12 e 13 anos tocounos un arbitro que
nunha sesión puxo a barreira a 4 pasos.
15.Marcabas
habitualmente nos partidos?
-Mais
ou menos; non sempre se marca, o importante e pasalo ben.
16.Que
poñerías na entrada de Rianxo?
-Eu persoalmente poñería unha escultura de pedra co escudo de
Rianxo
Manuel Varela Gómez
Martín Antonio Mosquera Liñares
Fomos
a Taragoña, e alí entrevistamos ao noso antigo e moi bo mestre, que
nos acolle moi ben.
1.-Onde
vives?
-En
Santiago.
2.-Cal
é a túa profesión?
-Profesor
de primaria.
3.-Fuches
á universidade? Onde? Cantos anos?
-Si,
fun á universidade de Santiago, oito anos.
4.-Cando
remataches os teus estudos, que título sacaches?
-Saquei
o título de mestre e tamén de químico.
5.-Deches
clases na ESO? Cantos anos? Ónde?
-Si,
en Caldas, seis anos.
6.-Volverías
ir dar clase no instituto?
-Si,
porque o boto de menos.
7.-En
qué instituto ou colexio estás neste ano? Canto tempo levas alí?
-Agora
mesmo estou no colexio CEP Xosé María Brea Segade e levo alí dous
anos e medio.
8.-Gústache
estar nel?
-Si,
porque o alumnado é moi agradecido.
9.-Que
prefires mellor; dar clase aos pequechos ou aos máis grandes?
-Aos
dous, cada un é diferente.
10.-Ademais
do que chegaches a ser finalmente, que realmente, che gustou facer ou
estudar, cando ti eras tan só un rapaz?
-Gustoume
moito desde pequeño facer moitos experimentos.
11.-Que
é o que mais che gusta de ser profesor?
-Ensinar
aos alumnos a ser persoas.
12.-Canto
duraría unha clase normal e corrente (na que deras ti)?
-Normalmente
tres cuartos de hora.
13.-Compórtanse
ben contigo os alumnos e alumnas?
-Non
teño queixa.
14.-Como
dixeches alá atrás, gústache a túa profesión?
-(Contento)
Si, gústame moito.
15.-Que
tal é a amizade entre outros profesores?
-Moi
boa.
16.-Gustaríache
ser o director do colexio?
-Non,
porque a min gústame dar clase e non me gusta nada que teña que ver
con andar con papeleo.
17.-Soes
pintar ou facer algúns tipos de murais?
-Si,
fago algúns.
18.-Tes
algún diploma; como da universidade?
-Si,
como tódalas persoas que foron á universidade.
19.-Cantas
persoas, alumnos ou alumnas hai na clase que das ti?
-Hai
vinte e un alumnos.
20.-Os
nenos roubáronche algún material teu, coma un bolígrafo, un
libro…?
-Non,
que eu sexa consciente.
21.-Con
que anos empezaches a ter moita paixón para ser mestre?
-Xa
desde pequeno.
22.-Aparte
de onde vives, onde che gustaría vivir?
-En
Xapón.
23.-Que
cousas importantes lle faltan ao colexio de Taragoña, que ti lle vexas
mal?
-Poucas
cousas lle faltan.
24.-E
de Rianxo, que cambiarías?
-As
praias.
Marta
Eiras López &Irene Mariño Rial |
ÓSCAR
RIAL LAGO
A piscina municipal de
Rianxo é un dos poucos sitios que temos en Rianxo para ocio e
tempo libre, para facer deporte e amigos á vez que o pasamos ben.
A empresa que ten a concesión
da piscina é “SERVIOCIO”, ten traballando alí: tres
recepcionistas, cinco monitores, tres limpadoras, un de mantemento e
unha directora. Ten un horario de 7:30h da mañá a 13:30h, cerrando
ata as 16:00h cando volven abrir ata as 22:30h, e o fin de semana o sábado
das 9:00h a 13:30h, e pola tarde das 17:00h a 20:30h, o domingo só
pola mañá, de 10:00h a 13:00h.
A min atendeume Oscar:
1.-O teu nome completo?
-Óscar Rial Lago.
2.-A que te dedicas?
-Son monitor-socorrista na piscina de Rianxo. Desempeñando actividades
tales como:
Pilates, xogos motores, cursos de natación.
3.-Que estudastes para poder traballar aquí?
-Estudiei 1º de maxisterio de E.F. e despois INEF
(licenciatura en ciencias da actividade física e deporte).
4.- Animas aos da miña idade a estudar o mesmo?
-Si, sempre e cando che guste e che interese o que te dediques.
5.-Levas moito tempo traballando?
-Na piscina esta é a terceira temporada, pero anteriormente estiven no
“servizo de deportes do concello de Rianxo” como monitor
deportivo.
6.- Que che gusta máis de este traballo?
-O contacto coa xente, a posibilidade de mellorala vida
das persoas repecto a saude, ensinarlle a xente a nadar.
7.-Que che gusta menos?
-Non me desgusta nada en especial, unicamente que traballas cando os
demais non están traballando.
8.-Que cambiarías?
-O horario, pero é difícil posto que neste traballo
estamos cando os demais teñen tempo libre.
9.-Que
actividade nos ofrecedes aos da miña idade?
-Cursos de natación, aerobic infantil, xogos motores de
3-6 anos, xogos en familia os fins de semana e a partir dos 12 anos
podedes vir practicar natación cando queirades por libre.
10.-A
partir de cantos anos podemos ir ao xinnasio?
-A partir dos catorce anos e ata os dazaseis sempre con
monitor de sala, a partir dos 16 sós pero cun programa adecuado para
seguir.
11.-Por
que non podemos ir antes?
-Porque a nivel muscular e esquelético do corpo non está
preparado para facer os traballos cas máquinas.
12.-E
na piscina, que nos ofrecedes?
-Ofertamos moitas actividades, tales como aerobic, step,
aerobox, pilates, aquagim, cursos para aprender a mellor o nado, pero
sobre todo e mais importante e que ofrecemos a posibilidade que, con
todas esta actividades melloremos a nosa saúde.
13.-Con
cantos anos se pode ir á sauna?
-A partir dos 14 anos, por motivos de saude e para
facilitar o bo funcionamento da mesma.
14.-Con
cantos se pode ir ao vapor?
-A partir dos 14 anos, a razón son as mesmas que antes.
15.-Con
cantos anos se pode ir ao”jacuzi”?
-Con catorce anos polas razóns que xa dixen, se puidese
ir todos sería imposible o control do mesmo.
16.-Xogaches
nalgún equipo de fútbol 11 e de fútbol sala?
-Sí,
xoguei no C.D. UNIÓN no fútbol base ata o xuvenil, NOIA C.F. , C.D.
BOIRO.
17.-De
que posición soes xogar?
-Empecei xogando de interior, xoguei de dianteiro, pero
case sempre de lateral esquerdo.
18.-Cal
e a túa posición preferida?
-De
lateral, porque se me daba ben. Era fácil porque tiña que atender a
menos cousas.
19.-Tes
algún hobby?
-Gústame moito viaxar, e se podo unha viaxe ao ano soemos
facela. Encántame esquiar, xogar ao tenis, e estamos empezando o pádel.
20.-Que
porías na rotonda principal( a do pavo real)?
-A min gústame tal e como está e ademais xa ten
nome propio “rotonda do pavo real” co cal, de cambiala perdería mérito.
Saúl Cerqueiras Figueiro
|
José Ángel Rey Rey
José Ángel Rey Rey, naceu o 1 de agosto de 1963 ( El di que naceu no
1863 e que é inmortal ), ten un taller en Imo ( A Coruña)
1.- Cantos anos hai que
te adicas á mecánica?
- Uns 32 anos.
2.- En que tipo de
motores ou reparacións es especialista?
- Mecánica Diesel.
3.- Sempre fuches
mecánico ou tiveches algún outro oficio?
- Aos 15
anos fun electricista.
4.-
Traballas ti
só ou tés a alguen que che axude?
-
Traballo eu só.
5.-
Que é o que máis che mandan reparar: coche sou motos?
-
Coches.
6.-
E ti, que prefies reparar?
-
Coches.
7.-
Que foi o máis difícil que pasou polo taller para reparar? É o
máis doado?
-
Na mecánica todo é fácil ou difícil.
8.-
Como se pode trucar un motor para que teña máis cabalos?
-
Uf..... agora todo vai por ordenador, metendo un código xa se
reprograma só.
9.-
Como decidiches dedicarte ao mundo do motor?
-
Porque me gustaba moito remexer.
10.-
Algunha anécdota para contar?
-
Había un coche que ao dar curvas facía un ruído moi raro, e
ninguén sabía de onde era, e volvíaos tolos. Entón trouxéronmo ao
taller, e en canto abrín o maleteiro descubrín que era un coche de
xoguete.
11.-
Que coche che gustaría ter?
-
Un Porsche Cayenne
12.-
Que se precisa para ser mecánico?
-
Paciencia, habilidade e sobre
todo que che guste.
13.-
Por que che deberiamos traer a
ti o coche a reparar e non a outro?
-Porque son honrado, ante todo.
Se encontro un coche de xoguete no maleteiro non digo que é un
rodamento.
14.-
Que
é o que se rompe máis a miúdo nos coches ?
-
O embrague bimasa.
15.-
.
Canto tardas en arranxar algo?
-
Desde medio minuto ata estar
todo un día metido no taller.
16.-
Que
é o que máis che gusta da túa profesión.
-
Que as cousas saian ben e
que sexa entretido.
17.-
Algunha
vez coincidiuche ir pola estrada e ver un coche avariado ? Que
fixeches?
-
Uf, moitísimo
, e sempre dixen " Hasta lueeeego ".
18.-
Como
mecánico, es máis de Moto GP ou Formula 1?
-
Fórmula 1
19.-
Cambiou
moito o traballo de mecánico coa nova tecnoloxía?
-
" Muchísiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiimo"
20.-
Que
marcas e modelos fallan máis?
-
Case todos fallan. "
Os Fiats " ( Escoitouse
por detrás)
21.-
Que porías na entrada de Rianxo?
-
Un berberecho.
Sarai
D. Mariño & Laura Conde Iglesias
|
José María
Vicente Somoza
José
María Vicente Somoza ten
76 anos e vive en Leiro, unha parroquia de Rianxo. Un día que se
encontraba nunha praia de Leiro, encontrou un casco de ouro antigo, coñecido
como: “O Casco de Leiro”.
1.Onde
e cando encontrou o casco?
-Nun
lugar ao que lle chaman Corruncho dos porcos, na ribeira de Leiro. Foi
sobre o 14 de abril de 1976, ese día foi publicado nos periódicos
pero o día exacto non me acordo.
2.Que
facía vostede naquel lugar?
-Estaba
facendo unha escavación para construír
unha caseta para gardar as miñas cousas de ir ao mar.
3.Que
idade tiña cando o encontrou?
-40
anos.
4.Encontrábase
só cando o atopou ?
-Non,
estaba coa miña muller, pero a señora marchou a facer a comida e eu
quedei escavando, nese momento foi cando o encontrei.
5.En
que estado se atopaba o casco?
-Estaba
dentro dunha vasilla de barro. Ao cavar rompino eu pero estaba enteiro
e limpo, nada máis soprarlle xa quedou limpo de todo.
6.Deuse
conta de que era un casco dende o principio ou non sabía o que era?
-Sí,
deime conta, pero paréceme, e os expertos tamén o din, que non é un
casco de guerreiro, senón que é un artigo de luxo e valor. Por iso
estaba escondido.
7.Pareceulle
que era de ouro cando o veu?
-Sí.
8.Pesouno?
Canto pesaba?
-Sí,
pesaba 270 gramos.
9.Non
se lle ocorreu seguir
buscando a ver se encontraba algo máis?
-Non,
porque xa se vía que era algo que quixeron esconder alí. Pero de
todas maneiras, buscaron cun detector de metais e non encontraron máis
que ferros.
10.Cales
cree que foron as causas para que o casco estivera alí?
-Que
alguén o escondeu para que non llo quitaran.
11.Pensa
que alí pode haber restos de castros antigos?
-Non,
porque o casco é unha peza única, apartada.
12.Onde
está agora o casco que vostede atopou?
-No
Museo: “Castelo
de San Antón”, na Coruña.
13.Con
quen se puxo en contacto para facer público o descubrimento?
-Co
cuartel da Garda Civil, funo entregar eu.
14.A
que autoridade se dirixiu para entregar o casco?
-Ao
corpo de Garda Civil.
15.Recomendoulle
alguén que o entregara? Quen?
-Sí,
o meu fillo.
16.Nalgún
momento pensou en quedarse co casco?
-Non,
porque non nos valía para nada.
17.Quen
foi a primeira persoa á que lle comunicou a nova?
-José
Sobradelo, un veciño.
18.Despois
de vostede, quen foi a primeira persoa en velo?
-José
Sobradelo.
19.Recibiu
algunha compensación económica polo casco?
-Sí.
20.Foi
algunha vez a ver o casco ao museo no que se encontra?
-Sí,
fun bastantes veces.
21.Gustaríalle
que o casco estivera en algún outro museo ou dáballe igual? Debería
vir para Rianxo?
-Non,
gústame onde está, exposto para todo o mundo. Non, non pode vir,
polo menos de momento, non ten para onde, xa que ten que estar baixo
unha custodia.
22.Cando
vai á praia onde atopou o casco, tráelle algún recordo?
-Home,
iso sempre o recordo.
Laura
García Moares
|
JOSÉ
Mª RODRIGUEZ ÁLVAREZ
José
naceu o 1 de xullo de 1971, en Canicoba, Vedra, e ata agora, practicou
numerosos deportes, e poderíase dicir que é un deportista nato.
1.-
Que deportes practicaches ao largo da túa vida?
-De forma profesional,
taekwondo, fútbol e fútbol sala, e despois tamén teño practicado
atletismo, baloncesto e fixen paracaidismo na mili. Tamén se me da
bastante ben xogar ao futbolín.
2.- Cal é o teu deporte favorito?
-O
taekwondo, porque aprécianse mellor os valores dun mesmo
3.-Cal era o que mellor se che daba?
-O taekwondo, porque
so dependía de min mesmo.
4.- E o peor?
-Baloncesto…
5.-Ata que cinturón chegaches en taekwondo?
-Ata azul, porque despois tíveno que deixar para ir
traballar.
6.- Cal foi o campionato máis importante no que competiches?
- No de España por comunidades e quedei 3º
7.- Xogastes nalgún equipo de fútbol profesional?
-Compostela ata os 16 anos e no Autos Lobelle, una
temporada, 1987-1988, e estiven xogando de titular. Xogaba de ala.
Cando tiña 13 anos ofrecéronme ir xogar ao Ourense pero non fun.
8.- Cal foi o mellor gol que marcastes en toda a túa carreira?
-No Autos Lobelle,
empecei a correr dende una portería, cheguei á outra área, fixen un
disparo cruzado e marquei gol.
9.- E por último, cal é a tua canción favorita?
-Stairway to the heaven, de Led Zeppelin.
Dylan Rodríguez Da Silva
|
MARÍA
ÁNXELA DÍAZ VARELA
1.En
que Universidade estúdaches?
-Estudei
na universidade de Lugo
2.Hai
que estudar moito para ser profesora?
-Si,
porque se queres ser unha boa profesora hai que esforzarse moito e
estudar.
3.
Porque decidistes ser profesora?
-Decidín
ser profesora porque me gusta moito aprender cousas novas.
4.
Cantos anos levas sendo profesora?
-Puf,
espera a que conte , levo 10 anos con este.
5.
Porque viñeches a Rianxo para traballar de profesora?
-Porque
me mandaron vir desde a Universidade de Lugo.
6.
Destes clases no instituto?
-Si,
durante moito tempo nun instituto.
7.
Ademais de Rianxo a que colexios exercestes como profesora?
-Exercín
nun colexio de Sober 2 anos, 1 ano
dando clases en ESO en Chantada, 1 ano dando ESO outra vez en Sarria ,
e 1 ano en Primaria en Cádavo.
8.
A que anos te pensas xubilar?
-Os
anos que me deixen.
9.
Ti fuches directora, que tal che foi a experiencia?
-Foime
moi diferente, aprendín moito sendo directora pero gústame máis ser
profesora.
10.
Cal é a túa asignatura preferida? E a que máis odias?
-A
preferida e Inglés e a
que odio e Matemáticas.
11.
Tiveches algún preferido?
-Non,
pero tiña un rapaz con problemas cos seus compañeiros e collinlle
algo de cariño.
12.
Gústache que te veñan visitar os teus alumnos o colexio ?
-Si
moitísimo,
porque quero saber como están e os boto moitísimo de menos.
Faime
moita ilusión que me veñan visitar.
Tamara
Pardal Lustres
& Lucía Somoza Rodríguez
|
Bert
Gerresheim
e Francisco
Ces Hernández
1.-
Bert Gerresheim
Bert
Gerresheim é un coñecido escultor alemán nacido en Düseldorf o 8
de octubre de 1935. Realizou diversos estudos e foi profesor antes de
dedicarse a escultura. Anteriormente foi o Director de estudos no
Ximnasio Düseldorf e pertence á Terceira Orde Franciscana.
- Cales foron os seus estudos?
-Eu estudei na Academia de arte de Düseldorf, as materias que
estudei foron alemán, arte e arqueoloxía. Déronme un premio cunha
beca para ir a Roma a estudar, pero non fun.
- Ten algún ídolo ou escultor famoso que lle servira de exemplo?
-Sí,
por exemplo Miguel Ánxel, Bernini e Rodin.
- Das esculturas que levas feitas cal che gusta máis?
-O Monumento Heine.
- Gústache Galicia? E Rianxo?
-Sí, ámbolos dous sitios me gustan moito, máis prefiro Taragoña.
- Que é o que máis che gusta de Rianxo? E o que menos?
-O que máis me gusta é o respeto que se lle ten aos
personaxes ilustres, escritores como: Castelao, Dieste, Manuel
Antonio, Brea Segade...
Pero o que non me gusta é a descoordinación das obras (É
dicir, que se rompe a harmonía. Constrúense edificios modernos ao
lado de casas antigas ou tradicionais, iso é o que fai ese contraste).
2.-
Francisco Ces Hernández
Francisco
Ces é o axudante de Bert, naceu en Cartomil, o 25 de xullo de 1941,
é irmán de Eduardo Ces Hernández (o meu avó).
Actualmente vive en Alemaña, e ven a Galicia, ou ben polo
traballo (como o caso da Moreniña), ou a visitar á súa familia.
- Fixo algún tipo de carreira ou estudos?
-Non,
naqueles tempos xa tiñas que traballar case antes de aprender a
andar.
-
Traballou nalgún sitio en Alemaña ou en
Galicia antes de axudar a Bert?
-Traballei
co meu pai no seu barco, dous anos na compañía transmediterránea
(España). Despois en Alemaña traballei nunha fábrica de fundición
(10 anos), cun médico (10 anos) e nunha floristería (15).
- Cando marchou a Alemaña? Por que?
-Marchei o
día 5 de Abril de 1965. Fun, da primeira vez porque andaba a navegar,
daquela comezou o turismo e eu estaba de camareiro, propuxéronnos a
todos se alguén quería ir a Alemaña a aprender alemán para facer
de intérprete. Eu apunteime e quedei alá. En resumen, fun polo
traballo.
- Cando coñeceu a Bert?
-Coñecín a Bert no 1990.
- Que lugar che gusta máis, Alemaña ou Rianxo?
-Gústame máis Rianxo, pero,
prefiro Taragoña, porque teño alí parte da miña familia.
- Que sitio che gusta máis de Alemaña? E de Rianxo?
-O meu sito favorito de Alemaña
é Düseldorf, por onde pasa o río Rin. En Rianxo, a praia de Quenxo.
3.-
Esculturas
3.1.-
En Rianxo: A Moreniña
-
Canto mide de alto?
-A
Moreniña (sen o pedestal) mide uns 3m.
- Tiñades pensado colocala na praia de Quenxo desde o
principio?
-Xa o tiñamos pensado, porque se sitúa preto de onde se
atopaba a de Baltar e porque así está máis cara ao mar aberto.
- Que parte vos custou máis?
-As
partes máis difíciles foron as caras, porque representar unhas
determinadas expresións non é doado.
- Que vos animou a facela?
-Cando nos enteramos de que
levaran a outra, estábamos un día con Pedro Piñeiro (o alcalde nese
momento) e díxonos: “ Por que non facedes vós unha? ”.
- Canto tempo vos levou esculpila?
-Entre uns 6 ou 7 meses.
3.1.-
Fóra: Alemaña
-
Das esculturas que levades feitas, cal é a máis famosa?
-O
Monumento Heine
(Düseldorf
1981), porque é unha homenaxe a un dos mellores e máis coñecidos
poetas que tivo Alemaña.
- Onde está situada?
-En Düseldorf.
-Que representa?
-Representa ao poeta Heinrich Heine (representa a súa
cara)
- Aproximadamente cantas esculturas levades feitas?
-Levamos
uns 45 grandes monumentos, pero entre outras esculturas, estatuas e láminas
gravadas, serán unhas 1000.
- Recibiches algún premio polas esculturas, Bert? Cales?
- Si, recibín moitos. En
Polonia “A presentación do home moderno”, o “Premio de cultura
de Düseldorf”, o Premio do Norte de Varsovia”...
- Cantos libros levades publicados sobre as vosas esculturas?
-Levamos
uns 15 libros, pero pode que haxa máis.
Aida Barros Ces
|
ALEJANDRO
VIDAL RAÑÓ
Alejandro
Vidal Rañó vive en Rianxo, nunha pequena aldea chamada Brión. Naceu
o 28 de Novembro de 1956.
1.- En que consiste o teu traballo?
-
Consiste en facer pan e
repartilo.
2.-
A que anos comezaches?
-Aos
25 anos.
3.-
Cantos anos ten a vosa panadaría?
- Ten
45 anos.
4.-
A que hora se comeza a traballar? E cando se acaba?
- Empézase ás 3 da mañá e
remátase ás 2 da tarde.
5.
Que tipos de pan facedes?
-
Pan artesán, pan de boroa e
pan integral, que á súa vez podémoslle dar forma de barra, barra
pequena, bola, boliña e bolo.
6.-
Por que lugares fas o reparto?
-
Por Brión, por Rianxo, por
Leiro, por Isorna, polo Barral e un cacho pequeniño por Taragoña.
7.-
Como distribuídes o pan?
- En coche.
8.-
Antigamente como o repartiades?
-
Nun carro con cabalo, aínda
que primeiro tiñamos unha burra.
9.-
Ademais de pan facedes outras cousas?
-
Facemos biscoitos, roscas, “panecillos” de roscas, empanadas e
larpeiradas.
10.-
É un negocio familiar?
-
Si.
11.-
Que é o que máis che gusta deste traballo?
-
Levantarme ás nove da mañá (sarcasmo).
12.-
Como se chama a panadaría?
-
“Panadaría Vidal”
13.-
Onde está situada?
-
Nunha aldea cahamada Brión (do rural galego, segundo a madriña
de Noemí).
14.
-Cantos traballan na panadaría?
-
Catro persoas.
15.-
Recomendarías este oficio?
- Ao
que lle gusta si.
16.-
Cres que os teus fillos herdarán o oficio?
-
Si, gustosamente.
16.-
De pequeno xa che gustaba facer pan?
-
De pequeno aínda non había pan de trigo, entón non podía facelo,
pero gustábame o pan de millo.
17.-
Subiron moito os prezos dende que comezaches a traballar?
-
Si.
18.-
Tendes moitos clientes?
-
Cada vez menos.
19.-
A parte de repartir pan, tiveches algún outro oficio?
-
Si, fun mariñeiro.
21.-
Que porías na entrada de Rianxo?
-
Unha xouba.
Andrea Castro &
Noemí Da Silva
|
Juan José Mariño Picón
Fomos onda JuanJosé Mariño
Picón, un home de 43 anos ao que sempre lle gustou ser cociñeiro, aínda
que tivo outras diversas
profesións.
1.-
Onde vives?
-Na Hermida, en Buía-Araño.
2.-De
que traballas?
-De cociñeiro.
3.-Gústache
o teu traballo?
-(Contento) Si, moito.
4.-
Cántos anos levas traballando de cociñeiro?
-Vinte anos.
5.-Cando
che empezou a gustar a cociña?
-Xa hai moito tempo, coma
uns vinte e dous anos.
6.-
A parte de ser cociñeiro, de que che gustaría traballar?
-Sempre me gustou, aparte
de ser cociñeiro, ser fotógrafo.
7.-De
pequeno que querías ser?
-Sempre quixen ser
bombeiro, pero tamén tiña na miña mente outras moitas profesións.
8.-
Ónde traballas?
-Na Coruña.
9.-
Canto tempo che leva ir ata alá?
-Como un hora,
aproximadamente.
10.-
Que tipos de comidas preparas?
-Practicamente de todo.
11.-
Que tipo de comida prefires preparar?
-Sempre me gustou, e
prefiro, preparar arroces. Dinme que
me saen moi ben e moi ricos (Ríndose).
12.-Hai
moitos empregados ónde traballas ti?
-Hai coma uns quince.
13.-
Tes algún titulo?
-Si, un título de
cociñeiro,
coma todos os que o somos.
14.-
Fuches á universidade?
-Non.
15.-
Traballas nun hotel ou nun bar?
-Nun hotel, pero tamén
ten un bar.
16.-
Cantas estrelas ten o hotel onde traballas?
-Ten 3 estrelas.
17.-
Algunha vez queixáronse porque non preparaches
ben a comida?
-Si, en vinte anos é
normal, non todo ía ser
perfecto..
18.-
Algunha vez traballaches en vodas ou comuñóns?
-Si, centos de veces.
19.-Que
tipos de comidas preparas nas vodas?
-Mariscos,
carnes..., e moitas cousas máis.
20.-
Cantas horas traballas?
-Traballo oito horas.
21.-
Como se chama o hotel?
Chámase Sada Marina.
22.-
Subídeslle a comida, aos que están no hotel, ou téñena que ir
buscar eles?
-A xente, normalmente, soe
comer no restaurante que ten o hotel.
23.-Estás
realmente contento de estar nese hotel, ou gustaríache estar noutro
sitio?
-Si,
gústame, estou bastante contento.
24.-Algunha
vez fixeches algún concurso de cociña?
-Si, sempre hai que facer
algún, para saber que tal preparas a comida.
25.- Que cambiarías de Rianxo?
-Nada, gústame como está
todo.
26.-
E da rotonda do pavo real que opinas?
-Queda moi bonita tal é
como está.
Marta Eiras López & Irene Mariño R
|
Naceu en Boiro aínda
que agora vive en Rianxo, chámase Pablo Outeiral Quintáns e é un
“artista”, aínda que el cualifícase de “currante”. Neste
momento dedícase á ilustración de libros e revistas.
1.-Que estudaches
para poder realizar o teu traballo?
-Ciclo
superior de Deseño e Ilustración na Escola de Artes
Pablo Picasso da Coruña.
2.-Cantas formas de
pintura dominas?
-Óleo,acrílico,acuarela,pintura dixital
mediante ordenador.Son as que máis uso
3.-Cal é a túa
favorita?
-Quizais o óleo.
4.-Ilustraches algúns
libros ou revistas?
-Si,ilustrei varios, e colaboro habitualmente
con varias revistas nacionais e estranxeiras
5.-A que idade
descubriches que o teu era pintar?
-Dende
pequeno,
mentres ós amigos xogaban
ao fútbol,
a min dábame por debuxar.
6.-Aos mozos da miña
idade recomendaríasnos estudar isto para poder gañarnos a vida no
futuro?
-Éu o
que recomendo e que cada un faga todo o posible para dedicarse,
a medida do posible,
a súa pasión.
Poder gañarse a vida con algo que che
encanta facer e unha meta pola que vale a pena loitar.
7.-Onde expuxeches as
túas obras? E onde che gustaría chegar un día a expoñer?
-En
internet,
é a maior galería que
existe.
8.-Como artista que
idea darías para substituír o pavo real da rotonda da entrada a vila
de Rianxo?
-Non sei,
quizais unha boa escultura
estaría ben.
9.-Cal das túas
obras e a túa favorita?
-As últimas
que fago,
sempre son as mellores.
10.-En que te
inspiras, tés algún momento especial para pintar?
-En
infinidade de cousas,
en figuras,
fotos,
música,
cine,
e sobre todo cos artistas
que máis me gustan.
11.-Cales son os teus
hobbys?
-Pintar
figuras,
o cine,
a música,
e sobre todo pintar e
debuxar.
12.-A onde viaxaches
para pintar?
-A Coruña.
13.-Canto tempo levas
facendo?
-Dende
sempre,
profesionalmente fai uns
dous anos.
14.-En España non
temos moitas galerías en
cantas expuxeches?
-En ningunha, pero espero facelo máis adiante.
15.-Se
queremos ter máis información túa onde a encontraremos?
-Por
exemplo en:
"pabloouteiralilustrador.blogspot.com"
"espaciocusachs.blogspot.com.es/search/label/Outeiral%20Pablo"
16.-
Como está o mundo da pintura en Rianxo?
-A nivel talentoso ben
17.- Se organizaras
ti unha antoloxía da pintura galega, que autores e obras porías?
-Bueno, depende dos gustos de cada un, poñería
varios.
Castelao entre eles, "O neno das
piñas", varios tamén de Ovidio Murguía de Castro
18.- Que nos dis de
Castelao pintor?
-Gústame
moito Castelao,
tanto
polos seus debuxos cargados de mensaxe como polas súas pinturas.
19.- Que outros
rianxeiros temos pintores?
-Poderíache dicir, Raúl Gil, Luis Noya,
Tantino...
Saúl Cerqueiras Figueiro
|
LUÍS
NOYA FACHADO
Chámome
Luís Noya Fachado, nacín en Rianxo no Casal (A Praciña), en 1938.

FORMACIÓN:
Fixen
os estudios Básicos en Rianxo, aos 14 anos fun a Pontevedra onde
fixen un exame en Parques e Talleres de Automovilismo de Pontevedra,
para obtar a unha praza na escola de FP de Automovilismo de Madrid
pertencente ao Exercito, cunha duración de 4 anos, para logo formar
parte de Especialistas de Automovilismo en Parques e Talleres do
Exercito en Palma de Mallorca durante 3 anos .
TRABALLO:
Despois
de 7 anos, licencieime na especialidade de Chapista, Soldador e
Forxador, voltei para Rianxo onde traballo en “Carrocerías
Compostela” en Santiago, máis
tarde en Padrón (Picusa), logo nun taller de Boiro, para ao final
montar un taller de Chapa, Pintura, Electricidade e Mecánica en
Rianxo onde estiven ata os 65 anos en que me xubilei.
Na
miña vida laboral hai de todo, momentos bonitos e ilusionados en
facer cousas e momentos complicados pero que se van resolvendo, no
obstante predominan os bos, aqueles en que chega un coche ao taller
desfeito por un golpe e cando sae do taller non se coñece o golpe. É
un traballo que che ilusiona, xa que o chapista ten que facelas e
móntalas. Hoxe en día xa non é tan gra tificante, en canto a que veñen as
pezas feitas.
ACTIVIDADE SOCIO-CULTURAL:
Fun
cofundador do Liceo Marítimo Rianxeiro e fun o que deu a idea de
formar unha sociedade, onde me alegrei facendo actividades: coma formar
o grupo de “Majoretes”, da Cabalgata dos Reis e outras cousas máis,
pero por desgraza despois do 29 de xuño do ano 74, chegou unha
directiva e acabou fundíndoo, botándoo abaixo, despois de tanto
traballo coma nos custou aos antigos.
Do
grupo de “Majoretes” teño moitos recordos, de saír a moitos
sitios da zona e pasalo moi ben, recordo que despois de moitos anos,
foi a primeira vez que saíu a bandeira Galega á rúa, portada por
unha rapaza das “Majoretes”.
TEATRO:
En
canto ao teatro con Pancho, meteume facendo un papeliño pequeno na
obra “O soño dun Barbeiro” polo tanto experiencia pouca, xa no
ano 2013 Pancho empezou a obra “O
tempo do Pájaro Pinto”, que desgraciadamente no puido móntala,
e hai un grupo de amigos que deciden representala, tocándome outra
vez facer un papeliño pequeño.Vin que a experiencia foi bonita e
gustaríame volvela a repetir.
A
representación desta obra significou facerlle unha homenaxe merecida
a Pancho entre todos os que actuam os nela. Para os demais que
pertencen á outra asociación teatral un compromiso que tiñan con el
en facer esta obra, para min un recoñecemento a parte da historia de
Rianxo, e como non para todos unha homenaxe.
PINTURA E ESCULTURA:
Despois
de xubilarme empecei a facer cousas de forxa e a ir a clases pintura,
cousa que aínda fago, ata hai pouco estiven indo a clases de Música
e Guitarra. Recréome moito con estas actividades sobre todo coa
pintura, pois, o da escultura encóntroo máis complicado facelo na
casa, ao non dispor do taller, pois a ferramenta que ten un chapista e
imprescindible. En canto ao máis custoso, non soen ser os materiais,
é o tempo, pero agora teño todo o tempo do mundo e máis ao estar
xubilado, (cousa que lle aconsello a tódolos xubilados) que teñan
algo onde entreterse durante a xornada.
A
Escultura e a Pintura significa poder plasmar, desenrolar cousas que
penso e logo as consigo unhas veces ben e outras non tan ben. En canto
a Pintura, que é a miña paixón, podo plasmar cousas de Rianxo e dos
seus arredores.
Si,
algunha vez abandonei de facer algunha peza, por falta de medios para
rematala non a tiro, sempre a gardo e logo retómoa, tirar non tirei
ningunha, pero ....
Ás
obras non lles poño nome nin acostumo dedicarllas a ninguén, salvo
que sexan encargos de pintura.
A
obra que máis me gusta é sen ningunha dúbida “A Virxe de
Guadalupe”
Non
me propoño nada, simplemente pasalo tempo o máis agradable posible,
e disfrutar facendo cousas.
En
canto a o soño de ser coñecido no mundo, non soño, teño os pés na
terra, e sei o que piso. Confórmome con ir facendo as cousas para min
e se a algún amigo e veciños lles gusta encantado.
Calquera
sitio e bo para desenvolver estas cousas, cando estás facendo un
traballo non pensas no sitio. En canto a tardanza das pezas nunca lle
poño tempo, nin teño nunca présa en acabalas, tanto en Pintura coma
en Escultura.
ENTRADA DE RIANXO:
Na
entrada de Rianxo poría unha representación de catro personaxes
de Rianxo. Esa idea xa a empecei facendo unha maqueta con estes
personaxes, pero non a rematei.

Raquel Hernández Noya
|
MANOLA AGEITOS
Nacín en Queiruga ( Porto
do Son) no 1973, filla dunha familia numerosa, eramos 10 irmáns
contando comigo. Estudei no colexio Santa Irene de Porto do Son e non
puiden seguir estudando debido á situación familiar, espiña que me
quedou cravada e que puiden sacar fai uns anos,
xa casada e con fillos, aquí en Rianxo, no I.E.S Felix Muriel,
facendo un ciclo medio "Técnico en Atención Socio Sanitaria (
TASS)". Cando rematei empecei a traballar no Centro de Maiores de
Ribeira ( Geriatros).
-Por que escollestes ese
ciclo? Estás satisfeita?
-Escollín ese ciclo porque era
o máis compatible coa miña situación familiar, con dous nenos
pequenos, en paro e aproveitei a oportunidade, ademais gústame a
xente maior, é moi sabia e si, si que estou satisfeita aínda que, se
fose máis nova, gustaríame seguir formándome
- Gústache traballar na Residencia?
-A verdade e que nunca pensei
en traballar pero, como xa dixen, por circunstancias da vida, acabei
estudando ese ciclo e a verdade e que estou moi satisfeita.
-Pero, as persoas maiores non dan moito traballo?
-A verdade e que si, unhas mais
que outras, pero son moi, moi agradecid@s!, só che piden a cambio que
os trates con cariño e empatía.
-Aprendes algo deles?
-Puf, un montón de cousas. Encántame
escoitalos, xa que descobres un montón de cousas. Os velliños son
moi sabios e danche bos consellos.
-Cantos
usuarios ten a Residencia?
-Son 106 usuarios
-E es capaz de recordarlle os nomes de todos?
-Cando empecei a traballar alí
parecíame imposible acordarme dos nomes de todos, pero co trato
diario acabas sabendo os nome de cada un e incluso os apelidos.
-Que actividades fan os maiores na Residencia?
-Pois fan talleres de
memoria, xerontoximnasia, manualidades, cantan, fan saídas didácticas,
ven películas, escoitan misa, len o periódico, xogan á baralla, etc.
-Que tal se portan os usuarios con vós, as xerocultoras?
-Soen portarse ben e axudan no
que poden.
-Gústache falar con eles?
-Encántame falar e escoitalos
e tamén facelos recordar, que che conten sobre a súa vida, os seus
traballos, como se divertían… Aprendes moitas cousas da vida,
verlle a cara de felicidade que poñen ao recordar é moi
gratificante.
-Cando sexas maior gustaríache que che mandaran para unha residencia?
-Bueno, todo depende da
situación na que me encontre nese momento. O ideal sería poder
rematar os teus días na casa onde pasaches toda a túa vida, onde tes
os teus recordos, a túa familia, os amigos… pero sempre que non
supuxera moita carga para o que me coide. Se isto non fose así, si
preferiría estar nunha residencia pois sei o traballo que supón para
un familiar e o dolor que pode ser para ambos. Sei que estaría ben
atendida.
-Notas que os velliños están contentos?
-Si, creo que se senten acompañados,
coidados, queridos e ben atendidos, e iso velo cando chegas pola mañá,
ó darlle os bos días e axudarlle nos aseos e te saúdan cun sorriso
na cara.
-Onde traballas algún usuario encontrou parella?
-Pois sí, temos dúas parellas
que se namoraron e agora están xuntas e moi, moi felices. Sempre é
bonito cando nace o amor entre dúas persoas, teñan a idade que teñan.
-Como empeza un día na Residencia?
-Pois empeza levantando ós
usuarios, logo almorzan para continuar coas actividades ata o mediodía
que xantan. Algúns toman a sesta e outros fan actividades, merendan
actividades,cean e logo van para camiña a durmir ata o día seguinte.
Así tódolos días.
-Algunha anécdota que che pasara?
-Si, había unha señora
que tiña gardado un billete de 50 euros debaixo da almofada para ir
ao día seguinte o mercado, pero claro, ó moverse de noite, caeulle
entre as sabas e non os atopaba. Ela estaba toda desgustada pois
pensaba que llos roubaran. Cando se aseou e se ergueu, desfíxenlle a
cama de todo e apareceu o sobre cos cartos. Encheume a bicos!
-Ou sexa, que hai boa convivencia.
-Si convivir cos maiores faiche
comprender e valorar moitas cousas, dámoslle moita importancia a
cousas materiais e banais e fixámonos pouco nos detalles humanos, nos
pequenos xestos, no valor das tradicións e costumes que eles teñen e
procuran coidar, aínda que entre eles mesmos sempre hai algún rifi-rafe!
-Que nos aconsellas a xente nova, respecto ós nosos maiores?
-Pois que os coidedes moito, os
respectedes, paciencia sobre todo que os escoitedes e lle prestedes
atención, sempre vos darán bos consellos aínda que pareza que xa
non saben nada, podedes ter por seguro que saben do que falan, ademais
os vosos maiores darían a súa vida por vós, estade seguros diso.
MIMÁDEOS! Que ben o merecen…
Esta foi a entrevista que lle fixen a unha persoa moi especial para
min, que loitou moito polo que quixo, e a quen eu lle chamo “Mamá”.
Espero que vos gustara.
Sara Tubío Ageitos.
|
RAQUEL
GARCÍA ABUÍN
Unha muller
que naceu en Bacariza, no 1977 e que traballa de profesora en Rianxo.
1.-Cal é o
teu nome completo?
-É
Raquel García Abuín.
2.- Onde
vives?
-Actualmente
en Rianxiño, pero antes vivía en Santiago, na Bacariza…e outros
lugares, a verdade non tiña un sitio fixo.
3.-De que
traballas?
-De profesora.
4.-Porque
escolliches esta profesión?
-Porque pensei que os rapaces querían estudar.
5.-Gústache a
túa profesión?
-(Ríndose) Si, moito.
6.-Que che
gusta mellor; dar clase aos de Bacharelato ou aos de ESO?
-Gústame máis darlle clase aos de Bacharelato, porque aos de ESO cústame
darlle clase, principalmente, polo seu comportamento.
7.-Gústanche
os teus alumnos?
-Si, non hai queixa.
8.-Tes algún
favorito?
-Non,
son todos, eu non teño favoritos.
9.-Cantos
alumnos de media tes nun día?
-Uns oito ou nove, depende.
10.-Hasta que
anos lle das clase aos alumnos?
-Ata
que acaben Bacharelato.
11.-Cal é a túa
materia favorita para dar clase?
-A miña favorita é: “Todas as Humanidades”.
12.-Gustaríache
que algún ser querido teu seguise os mesmos pasos ca ti?
-Nin de broma, en absoluto.
13.- Ademais
de ser profesora en Rianxo tes algunhas outras ocupacións?
-Si, comercial de alta cosmética.
14.- Se non
deras clases que che gustaría ser?
-Ser xornalista ou médica.
15.-Que querías
ser de pequena?
-Sempre quixen ser profesora, e finalmente conseguino.
16.-Pensaches
algunha vez en deixalo?
- (Ao instante) Tódolos días
do ano.
17.-Fuches á
universidade?
-Si.
18.-Onde?
-Fun á Universidade de Santiago de Compostela.
19.-Cantos
diplomas tes?
-Teño dúas licenciaturas, varios masters…
20.-Como se
chama o lugar onde das clases?
-Chámase
“Academia Proel”, pero iso só llo chamamos nós, porque non nos
deixan poñelo porque Rianxo non sabe nin ao que se refería o nome,
entón en Rianxo, só se coñece como “Academia”.
20.-Por que
elixistes ese nome ?
-Porque me encantaba a poesía vangardista.
21.-Como ves o
futuros das túas clases?
-Depende, si solucionan rápido a crise, ao mellor vexo bo futuro.
22.-Que novo
nome lle porías?
-Academia e punto, así sona
interesante.
23.-Algunha
vez deches clases fóra da Academia?
-Si, en colexios, en institutos, tamén
estiven contratada por institucións… e en moitos sitio máis.
22.-Escribiches
algún libro?
-Si, varios, pero non os publiquei, só teño os borradores.
23.-Estudaches
no instituto I.E.S Félix Muriel?
-Si.
24.-Que porías
na rotonda do pavo real (que agora xa non está)?
-Eu poñería un barco.
25.-Gústache
Rianxo?
-Si, fisicamente.
Marta
Eiras LÓPES & Zoran Conde Comojo
|
RAMÓN
IGLESIAS ROMERO
… para xoubas,
Rianxo. As xoubas, mariscos, etc alguén
tenos que traer a terra. Unha persoa que fai este traballo responde
hoxe ás nosas preguntas.
1.-Como te chamas?
- Ramón
Iglesias Romero.
2.-Cántos anos tes?
- 40.
3.-En que traballas?
-
Mariñeiro.
4.-Gústache o teu
traballo?
-
Si.
5.-Que é o que máis
che gusta del?
-
O horario.
6.-E o que menos?
-O
mal tempo.
7.-Podíasnos
explicar en que consiste o teu oficio?
-
En coller o marisco e rastrear.
8.-En qué outros
oficios traballaches?
-Ferrallista,
soldador, camareiro e nun Almacén de Aluminios.
9.-Se non traballaras
no mar, en que traballarías?
-
Nun banco.
10.-Cánto tempo
levas dedicándote ao mar?
-
5 anos.
11.-Vese o mar
afectado pola crise?
-
Un pouco.
12.-Esperas seguir
traballando por moito tempo no mar?
-
Si.
13.-Qué estudaches?
-
Relacións laborais.
14.-Onde?
-
En Santiago (USC).
15.-Por cánto tempo?
-
4 anos.
16.-Que é o que máis
che gusta de Rianxo?
-
O mar.
17.-E o que menos?
-
Que é moi pequeno.
18.-Que porías na
entrada de Rianxo?
-
A figura de Castelao ou a da Virxe de Guadalupe.
Xavier
Collazo.
|
JOSÉ
RAMÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS
No
porto de Rianxo ten a súa sede ASPROMERI. Que é ASPROMERI?.
Para sabelo falamos coa persoa máis axeitada.
1.-Como te chamas?
-
José Ramón Rodríguez Iglesias.
2.-Cántos anos tes?
-
37.
3.-Es o presidente de
Aspromeri?
-
Si.
4.-Que é Aspromeri?
-
É unha asociación de produtores de mexillón.
5.-A Aspromeri aféctalle
a crise?
-
Por suposto,tanto nas ventas como nos cobros e,a parte da crise económica
aféctalle a globalización e a fraude na etiquetaxe do mexillón
(venta do mexillón foráneo como galego).
6.-A qué sector do
mar lle afecta máis a crise?
-
A todos,e todo unha cadea.Se non hai ingresos baixa o consumo.O mexillón
é un produto asequible para todos os petos polo prezo.
7.-Dedicácheste a
algún outro traballo antes?
-
A parte de estudar,sempre fun mariñeiro.
8.-Vas a seguir por
moito tempo de presidente en Aspromeri?
-
Quédame 1 ano.
9.-Se o deixaras, que
che gustaría ser?
-
Adestrador de voleibol.
10.-Recomendaríaslle
a xente ser o presidente de algunha asociación?
-
É unha responsabilidade na que un ten que lidar con moitos
socios,pero todo o mundo debería pasar polas
directivas,independentemente de que sexa presidente.
11.-Que é o que máis
che gusta do teu traballo?
-
Que se traballa ao aire libre.
12.-E o que menos?
-
A desunión entre os produtores.
13.-Cánto tempo
levas de presidente?
-
1 ano.
14.-Cal era o teu soño
de pequeno?
-
Ir ao Bernabéu (Estadio do Real Madrid).
15.-Qué tes que
facer no teu traballo?
-
Apañar a cría e poñela na batea para seguir co proceso produtivo.
16.-Cal foi o teu
primeiro oficio?
-
A batea.
17.-É difícil ser o
presidente de Aspromeri?
-
Si.
18.-Que porías na
entrada de Rianxo?
-
O que menos custe supuxera.
19.-Que é o que máis
che gusta de Rianxo?
-
A integración que hai do pobo co mar.
20.-E o qué menos?
-
O futuro proxecto que hai de trasladar o Náutico para a zona da
Ribeira, co cal considero que Rianxo perdería o
seu encanto mariñeiro.
|
MARÍA DEL CARMEN COLLAZO MOSQUERA
Non
só do mar vivimos os rianxeiros. Temos terras e persoas preparadas
para sacar o mellor delas.
1.-Como
te chamas?
- María del Carmen Collazo Mosquera.
2.-Cantos
anos tes?
- 42
3.-A
que te dedicas?
- Son enxeñeira agrícola.
4.-Que
é o que máis che gusta do teu traballo?
- O contacto coa xente.
5.-
E o que menos?
- Todo o papel burocrático que hai que facer.
6.-Qué
tes que facer no teu traballo?
- Todas as estatísticas agrícolas de Galicia.
7.-Cres
que calquera pode facer o teu traballo?
- Hai que ter preparación académica.
8.-Recomendaríaslle
a xente estudar para traballar na túa
profesión?
- Si.
9.-No
teu traballo, é un problema a crise?
- Por suposto, non
hai ningún sector que se salve dela.
10.-Onde
traballas?
- En Santiago de Compostela.
11.-Pasouche
algunha anécdota no teu oficio?
- Non recordo ningunha agora mesmo.
12.-Se
non te dedicaras a isto, que farías?
- Deseñaría xardíns.
13.-Cántos
anos levas traballando?
-
5 neste último e,dez a maiores en distintos traballos.
14.-En
que oficios traballaches?
- Fun expendedora nun surtidor de gasolina, auxiliar
administrativa e tamén dependenta nun supermercado.
15.-Que
é o que máis che gusta de Rianxo?
- O acolledora que é a xente.
16.-E
o que menos?
- O cheiro que hai ao entrar en Rianxo.
17.-Qué
porías na entrada de Rianxo?
- Poría plantas.
Xavier
Collazo Iglesias
|
MARÍA
DEL CARMEN BLANCO RIVAS
En
Araño, entrevistamos a unha señora cunha
vida moi traballadora, que naceu no 1942 e ten 70 anos recén
cumpridos.
1.-Onde
vives?
-
Eu nacín en Buhía, no Xufreus, pero estiven en Suíza, en Zurich, 12
anos, dende 1980, ata 1992 e despois volvín para aquí.
2.-De
que traballaches alá?
-
Nun hotel, axudando na lavandería, nas oficinas, facendo camas,
limpar...Pero aparte de estar no hotel, tamén ía limpar ás casa que
me mandaban ir.
3.-Como
se chamaba o hotel?
-
Creo que se chamaba Bären, non recordo
moi ben como se escribía.
4.-Con
cantos anos empezaches a traballar?
-
Alí… tiña uns 39 anos.
5.-Gustábache
o traballo (no hotel)?
-
Si, gustábame moito.
6.-
Tiñas boas relacións cos que traballaban no hotel?
-
Si, moi boa.
7.-
E en que lles falabas?
-
Faláballes en italiano. Alí funo aprendendo.
8.-
Cantas horas traballabas?
-
Unhas 6 ou 8 horas, depende, porque tiña que ir algunhas semanas os
domingos.
9.-A
ti gustábache Zurich?
-
(Ríndose) Si, moito, pero o peor era que non tiña a familia
alí. Estaban uns primos meus e tamén o meu marido, pero o resto
quedaron en Galicia.
10.-
Aínda te acordas do sitio?
-
Si, bastante, porque vivín moi ben e todos eran moi amables.
11.-Que
idioma falabas cando estabas alá?
-
Cos familiares, falaba o galego, pero cos de Suíza o italiano, aínda
que tamén algunha que outras palabras en alemán, pero poucas, xa que
non o aprendín.
12.-
Fuches á escola?
-
Si, aquí en Buía, empecei con 6 anos e deixeina aos 12.
13.-
Que vos aprendían alí?
-
A ler, a escribir, tamén doutrina… e nada máis, practicamente os
mestres non aprendían nada.
14.-Tiveches
algún diploma?
-
Tiven só uns pouco… e foron de cociña, sobre todo o que fixeramos
durante tres meses na escola de Buhía.
15.-Que
querías ser de pequena?
-
Se digo a verdade nada, porque o que se aprendía na escola daquela
non era suficiente. Pódese dicir que tiven poucos estudos ou case
nada.
16.-Que
era o que máis che gustaba facer con tan só trece anos?
-
Gustábame moito lavar á man, pero o que máis me gustaba era apañar
a herba para as vacas.
17.-
E agora, que é o que máis che gusta facer?
-
Cociñar, encántame, e cociño tódolos días.
18.-
Quen che ensinou a facer todo o que hoxe fas e sabes facer?
-
Meus avós, traballaron no campo, e aprendíase facilmente, e o resto,
miña nai que estaba sempre aí.
19.-
A que anos che empezou a gustar cociñar?
-
Mais ou menos, aos vinte anos.
20.-
Cal é a mellor comida que preparas?
-
O coello de toda a vida… A empanada galega e a pizza, que a aprendín
a facer en Suíza.
21.-Que
prefires; limpar ou cociñar?
-
Cociñar, xa o dixen alá atrás.
22.-
Non che pasa lento o tempo traballando na leira?
-
Non pasábame voando, rendía moito máis en Zurich.
23.-
E de que traballaches cando viñeches de Suíza?
-
Non traballei case nada, porque estiven coidando de miña nai, e tan só
traballaba na miña horta.
24.-E
a que te dedicas agora?
-
Agora estou xubilada, pero como xa dixen, sigo limpando, pero agora na
miña casa.
25.-
Que cambiarías de Rianxo?
-
Non cambiaría nada, todo está moi ben, Rianxo aumentou moito, porque
eu ía de pequena alí e antes era máis pequena ca agora, e as aldeas
de Rianxo son moi bonitas.
26.-Que
porías na rotonda do pavo real (que agora xa o sacaron)?
-
Nada, a min gustábame como estaba, pero agora quitárono.
Marta Eiras López
e Irene Mariño Rial
|
ALMA
CAAMAÑO ROMERO
Alma é mestra e a
directora da Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña na que dirixe os
ensaios e fai que todo estea en orde.
1.- Cando xurdiu a
banda?
-
A Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña naceu no ano 93 coma unha
pequena iniciativo do Centro Cultural Deportivo de Taragoña para
impartir un cursiño de gaita dunha duración de seis meses
aproximadamente. Os seis meses saboreáronse pouco e continuamos un
pouquiño máis. Tal foi, que, sigo formando gaiteiros.
2.-Que significa
Buxaina?
-
En galego quere dicir Trompo.
3.- Onde foi a vosa
primeira actuación?
-
Nas festas do verán que se celebran no Campo Maneiro en Taragoña.
4.-Como ves o futuro
folclore musical?
-
Moi ben, hai unha grande variedade de virtuosos da música galega.
5.- Formáronse
moitos gaiteiros en Taragoña?
-
Taragoña sempre foi terra de gaiteiros, pero que pasaran pola miñas
mans moitos.
6.-Cal foi o sitio máis
lonxe o que fochedes tocar? E o mais cerca?
-
Fomos a Madrid, durante varios anos, a uns encontros nacionais de
bandas de gaitas. O más preto, aquí, no noso concello.
7.- Onde aprendiches
a tocar a gaita?
-
Aprendín en Rianxo, co mestre Carou e co mestre Romero. Tamén recibín
algunhas indicacións musicais sobre música galega con Prudencio Romo.
8.- Con cantos anos
empezaches?
-
Empecei bastante tarde, a
pesar de que sempre destaquei desde nova musicalmente, pero coa gaita
tardiamente, tería eu sobre 14 anos.
9.- Tocas outros
instrumentos ou só a gaita? Cales?
-
Fixen estudos musicais no Conservatorio de Música en Santiago de
Compostela, onde cursei piano, canto coral e acordeón. Ademais toco
tamén percusión galega como pandeireta, culleres, tamboril...
10.-E moi dificil dirixir unha banda?
-
Non é difícil, ben certo é que a única experiencia que teño é
con Buxaina de Taragoña, e somos como unha gran familia. Os seus
compoñentes fai que sexa moi doado dirixilos.
11.- Que hai que
facer para ser membro da banda?
-
Pois é moi sinxelo, vir un día polo noso ensaio.
12.- Cal foi a
actuación máis divertida que fixo Buxaina?
-
Todas son moi divertidas, dalgunha actuación sempre hai unha anécdota
ben graciosa da que se podería falar.
13.-Os alumnos
reciben algún beneficio por ir tocar as actuacións?
- Os
beneficios sempre os hai, primeiro a satisfacción persoal, son músicos
e están interpretando, iso sempre é moi satisfactorio, logo coñecer
sitios, relacionarse con outros músicos. Realmente é un gran
enriquecemento persoal.
14.-Dende que idade
ata que idade aceptas membros?
-
Non hai idade, senón as características musicais innatas de cadaquén.
15.-E moi difícil
tocar a gaita?
-
Nada é difícil. Non é. Hai que ter predisposición e motivación. A
xente que está tocando algún instrumento musical é porque realmente
lle gusta.
16.-Cando xa decides
ir a banda empezas xa directamente coa gaita ou antes prácticas coa
frauta?
-
Traballamos primeiramente a dixitación manual coa frauta, ritmos,
respiración, e xa logo ao final pasamos a coller a gaita.
17.-Das clase de
outros instrumentos aparte de gaita?
-
Realmente só dou clase de gaita, sen embargo na Banda de Gaitas
Buxaina de Taragoña son eu tamén quen prepara as pandeiretas, os
tambores, os bombos e agora neste últimos anos os acordeóns. Entón
si é certo que dou clases diversas, pero só para os membros da
banda.
18.-Agora mesmo cal e
a peza que mais che gusta das que ten a banda no seu repertorio?
-
Hai moitísimas, pero sempre me agrada moito o sinxelo e popular.
Moito, penso que a música popular, que se foi transmitindo oralmente
é extraordinariamente incrible.
José
Caamaño
|
PATRICIA
MENIS
PATRICIA MENIS é
unha inglesa que vive no lugar das Cortes na que ela denomina como
“A Casa da Ledicia” , desde a
cal ten unhas marabillosas vistas á nosa ría.
-
De que lugar de Inglaterra
procede?
- De Plymouth, unha cidade do suroeste de
Inglaterra.
-
Que lle fixo vir a Rianxo?
- Poder comprar unha casa ó lado do mar.
-
Cantos anos leva aquí?
- Levo 11 anos, cheguei no ano 2002.
-
Que é o que máis lle
gusta de Galicia?
- A paisaxe, é moi parecida á de Inglaterra.
-
Son moi diferentes as
costumes dos galegos ás dos Ingleses?
- Algunhas si, pero moi poucas.
-
Que opinión ten dos
galegos?
- Ningunha en especial, son xente como os
ingleses.
-
No tema gastronómico que
é o que bota de menos de Inglaterra?
- Nada.
-
Cando visita Plymouth que
é o que nunca deixa de facer?
- Descansar, durmir ata tarde.
-
E
que é o que lle gusta de aquí?
- Todo o marisco.
-
En Rianxo temos fama de ser
moi festeiros, gústanlle a vostede as nosas festa?
- Gústame moito ver o ambiente festivo na vila
pero a verdade é que eu non participo, será por non ter costume.
-
Séntese ben acollida?
- Si, por
suposto.
-
A que se dedicaba en
Inglaterra?
- Era profesora.
-
E a que se dedica aquí?
- Son profesora de inglés.
-
Cústanos moito ós galegos
aprender inglés?
- Ja,ja, ja, si un montón.
-
E que nos custa máis
escribilo ou falalo?
- Falalo.
-
Os galegos cando emigran teñen
“morriña” da súa terra. Vostede
bota de menos Inglaterra?
- Claro que si.
-
Ten pensado quedar en
Galicia ou volver ó seu país de orixe?
- Quedarme.
-
Na actualidade coa situación
económica de España e cada vez máis frecuente que os españois
busquen traballo no seu país. Cree que son ben recibidos alí?
- É o mesmo que aquí, se fas ben o traballo si,
e se non o fas ben non.
-
Que futuro lle ve ós
galegos?
- Tal como está o tema do traballo, non lle vexo moito
futuro. É o momento de aprender idiomas por se hai que ir buscar
traballo fóra
Gabriel Eiras Collazo
|
Martín
Da Silva Losada
Naceu no 15 de Xuño do 1972. Sempre foi unha persoa moi manitas e
afeccionada a electrónica. Guapo e ligón (segundo el…).
1.-Cal
é o teu oficio?
-Técnico
electrónico e telecomunicación.
2.-Como
elixiches este oficio?
-Porque
son unha persoa bastante manitas e sempre me gustou arranxar cousas.
3.-Necesitaches
estudar para poder traballar de técnico?
-Si
aínda que moitas cousas apréndense traballando. Pero necesitas unha
base para poder comezar.
4.-Como
se chama a túa empresa?
-Re-mar
(Reparaciones Martín).
5.-Cal
é o teu horario?
-Depende,
ao ser autónomo o horario non é fixo. Pero solo traballar como unhas
once horas.
6.-Cantos
empregados tes?
-Agora,
como estamos neste momento, é imposible ter empregados. Porque debido
á crise non hai moito traballo.
7.-Gustaríache
contratar a alguén para que traballase contigo?
-Moitas
veces si faría falta unha persoa, pero como xa dixen antes a economía
non o permite.
8.-Canto
tempo fai que traballas neste oficio?
-Levarei
xa como uns dezanove anos. Dezaoito traballando nunha empresa e un
como autónomo.
9.-Por
onde soes traballar?
-Por
toda a comarca do Barbanza.
10.-Onde
arranxas os electrodomésticos?
-Moitos
nas casas dos clientes e outros no taller.
11.-Onde
está situado o teu taller?
-Na
aldea de Brión.
12.-Cales
son as túas principais ferramentas de traballo?
-Depende
do traballo. Desde, un sinxelo desaparafusador, ata unha central de
soldadora S.M.D (medidor de campo, parafuso, estaño para soldar,
chaves fixas, soldadora, pinzas, alicates...).
13.-Por
que che gusta este traballo?
-Porque
non é un traballo rutinario, cada día fas unha cousa distinta.
14.-Aparte
deste oficio tiveches algún outro?
-Si,
traballei na construción e nunha empresa de obras públicas.
15.-Cambiarías
o teu oficio por outro?
-Non.
Gústame moito o que teño.
16.-Hai
moita competencia no teu sector?
-
No noso concello, hai moito que venda electrodomésticos, pero que
arranxe non.
17.-Afectou
a crise ao teu traballo?
-Agora
a xente repara máis que antes. Antes en vez de reparar, mercaban
outro electrodoméstico novo.
18.-Que
é o que máis soes reparar?
-Sobre
todo electrodomésticos, como son a televisión, lavadoras, lavapratos...
19.-Tiveches
algún caso raro de reparación?
-Si,
unha lavadora que andaba soa pola cociña (foi un regalo de voda e non
lle quitaran os ancoraxes de fábrica.
20.-Que
poñerías na entrada de Rianxo, onde está a rotonda do defunto pavo
real?
-Un cartel publicitario da miña empresa,
ha, ha.
Noemí
Da Silva Vidal
|
ANXO
CRISTOBO SUÁREZ
Anxo Cristobo Suárez, xerente da administración de
loterías O Mexillón de Ouro, naceu o 28/04/1980 en Rianxo.
Estudou bacharelato no Seminario Menor da Asunción en Santiago de
Compostela e despois técnico forestal e de medio ambiente en
Pontevedra.
1.- En que ano se
fundou a administración de loterías O Mexillón de Ouro?
-O 4 de Febreiro
de 2002.
2.- Quen foi o seu
fundador?
-O meu pai: Anxo
Cristobo Fungueiriño.
3.- Cal foi o seu
primeiro local e onde está situada actualmente?
-O
seu primeiro local foi rúa de Abaixo numero 11. E este ano trasladámonos
para a rúa do Medio, par
a unha mellor situación.
4.- Quen antes de ti
dirixiu esta administración?
-Meu pai era o
propietario pero sempre a dirixín eu.
5.- Que
personalidades asistiron á inauguración?
-O expresidente da
xunta: Xerardo Fernández Albor, o conselleiro de educación: Celso
Currás, o presidente da cámara de comercio de Galiza: Jesús Asorei,
o presidente da Federación Galega de comercio: José María
Seijas,tamén estivo o presidente de empresarios do Barbanza, así
como diferentes personalidades autonómicas como locais: o alcalde:
Pedro Piñeiro…
6.- Desde que ano
dirixes ti a administración de loterías?
-Desde a súa
fundación.
7.- Cantas persoas
traballan nela?
-Tres persoas.
8.- Cales son as
variedades de xogos ás que podemos xogar nesta administración?
-Lotería Nacional
de xoves e de sábado, así como a lotería do Nadal e a do neno. Tamén
a xogos como a primitiva, o gordo, euromillón, quiniela, quinigol,
bonoloto, lototurf, quíntupue plus.
9.-
A que variedade de xogo xogamos máis os rianxeiros?
-A lotería do
Nadal, posto que en Rianxo tocou o gordo no 2003, así como tamén a
primitiva que repartiu moitos millóns de euros entre veciños de aquí.
10.- Cantas persoas
veñen botar a xogos ao ano?
-Máis de 100.000
persoas.
11.- Lembras cal foi o primeiro premio de consideración que deu
esta administración?
-Unha quiniela de
fútbol de 600.000 euros.
12.-Cales foron os
premio máis importantes que destes?
-A de fútbol de
600.000. Dos premios máis recentes cerca de 3 millóns na primitiva
no 2008, no 2009 unha primitiva tamén de 100000 euros e no 2010 unha
quiniela de fútbol de 260.000 euros e tamén neste ano un 3º premio
no sorteo de reis.
13.- Estes premios
importantes quedaron no pobo ou pola contrario tocáronlle a xente de
fóra de Rianxo?
-Todos quedaron no
pobo.
14.- Cal sería o
premio que máis che gustaría que nun futuro dera a túa administración?
-A lotería do
Nadal do 2013, posto que hai moita crise e a xente estao pasando mal,
e sería un bo premio para repartir entre os veciños.
15.- Algunha vez te
roubaron?
-Toca madeira,
pero non.
16.- Aparte do Mexillón
de Ouro temos outras administracións de loterías en Rianxo?
-Nunha parroquia
de Taragoña, no Campo de Pazos.
17.- O Mexillón de
Ouro apoia ó deporte rianxeiro, a que equipos patrocina?
-Ao equipo de
voleibol de Rianxo, numerosos equipos sobre 9. Ao club de remo de
Rianxo, club de xadrez, así como tamén colaboramos con diferentes
asociación e clubs do pobo.
18.- Tes pensado
seguir apoiando ao deporte nun futuro?
-Si, a pesar da
crise que estamos sufrindo, faremos un gran esforzo para seguir
apoiando os clubs.
19.- Aparte da
administración de loterías que outros negocios rexentas?
-Uns supermercados
e un restaurante.
20.- Aféctache a
crise?
-Si, a pesar de
que se di que en tempos de crise a xente xoga máis, iso é mentira,
agora xoga menos porque se non hai cartos para comer moito menos para
xogar.
Aida
Barros Ces & Paula
Cambeses Franco
|
FRANCISCO
JAVIER DELGADO ROMAY
Francisco Javier Delgado Romay, naceu o 18 de setembro de 1976 en
Rianxiño (Rianxo). Estudou no IES Félix Muriel e actualmente é mariñeiro
no Gran Sol.
1. Como decidiches
facerte mariñeiro no Gran Sol ?
-Pola
falta de traballo en terra.
2. Que se precisa
para poder embarcar ?
-Un
curso de mariñeiro pescador e un de salvamento.
3.
Cando ides a terra, onde parades ?
-
Nun pobo de Escocia.
4. Canto tempo
botades no barco sen baixar a descargar ?
- Mínimo
un par de horas un día á semana.
5. Maréaste ?
-
Os primeiros días si, paseino moi mal, pero agora xa estou acostumado.
6. Cada canto tempo
ves a España ?
-
Depende da temporada, pero cada 3 meses aproximadamente.
7.Que fas no barco
para que se pasen as horas ?
-
Pasamos case todo o día traballando, pero cando temos un descanso
aproveitamos para falar, ver algunha película e, si hai cobertura,
chamamos ás familias.
8. Canto tempo tendes
que estar traballando ?
-
No mar non hai horario.
9. Canto tempo
durmides ?
-
Solemos durmir unhas 6 horas.
10. Como é o
camarote ?
-
Uf, un espazo moi pequeno no cal só hai 2 liteiras e uns armarios
super pequenos.
11. Cal é o teu
oficio no barco ?
-
Preparar a cardana , recoller e tirar.
12. Que comedes ?
-
Temos que ter unha dieta variada, polo tanto comemos de todo, pero
sobre todo o peixe que pescamos.
13. Cando baixades a
terra que facedes ?
-
Como non é moito tempo, aproveitamos para ir ao supermercado e coller
algo de comer, e vamos tomar algo a un bar que hai alí.
14. Cantos sodes no
barco ?
-
11 persoas.
15. É boa a
convivencia cos compañeiros ?
-
Si, porque a maior parte do tempo estamos traballando, a parte ao ter
que vivir con eles vaste acostumando
16. Tendes boa
cobertura no mar ?
-
É moi, pero que moi difícil ter cobertura , e si por casualidade hai
sitios nas que hai, é moi mala.
17. Algunha vez
tivestes tan mal tempo que nin puidestes saír pescar
?
-
Si.
18. Que é o que máis
che gusta de traballar no barco ?
-
Poder visitar outros países e os cartos que se gana.
19. Que é o que máis
botas de menos cando volves ao mar ?
-
A Sarai.
20. Que porías na
entrada de Rianxo ?
-
Algo relacionado co mar.
21. Que peixes
pescades ?
-
Pescada e maruca.
22. Que proceso se
lle fai ao peixe no barco ?
-
Hai que seleccionalo , colocalo por tamaños e metelo en caixas.
23. Onde descargades?
-
Nun porto en Escocia.
24. Se hai que operar
de apendicite como se fai ?
-
Chámase ao salvamento e ven o helicóptero polo enfermo.
25. Cal foi o
"problema" máis gordo no
que estiveches metido ?
-
De momento non tiven ningún problema , excepto manterse en pé cando
fai mal tempo.
26. Quen manda no
barco ? (Escalón de mandos)
-
1. O pesca, 2. O costa, 3. O motorista. 4. O segundo motorista, 5.
Contramestre e 6. Mariñeiros.
27. Facedes gardas ?
-
As gardas só as fan os mandos. Nós non.
Sarai D. Mariño & Laura Conde Iglesias.
|
ALFREDO
SUSAVILA MUÑIZ
ALFREDO SUSAVILA MUÑIZ (1976)
naceu en Lestrove (Dodro) e leva vivindo
dez anos en Rianxo. É pianista, arreglista, compositor e
profesor de música.
-Con que idade comezaches coa
música?
-Con
15 anos.
-Onde cursaches os teus estudos
de música?
-A
música clásica empecei en Santiago e acabei en Ribeira no 2001. Tamén
fixen diploma profesional de música moderna en Estudio de Santiago no
2002 e o titulado superior pola especialidade do jazz no conservatorio
de A Coruña, que foi a primeira promoción no ano 2011.
-Cantos cursos son a carreira de
música?
-Son
catro cursos de grao elemental, 6 de grao medio e 4 de grao
profesional. En total son 14 cursos.
-Tiveches axiña claro que te ías dedicar á música?
-Si.
Dende o primeiro momento que me pasou pola cabeza, e foi unha vocación
miña xa que empecei a música polo meu interese propio.
-Que instrumento tocas e por qué
o escolliches?
-Toco
o piano. Foi o único instrumento que pensei estudar,
parecíame moi atractivo e gustábame tanto que era unha
especie de obsesión por el.
-Con que frecuencia ensaias?
-Normalmente
practico todos os días unha media de 4 a 5 horas. Procuro descansar 1
ou 2 días á semana.
-Qué tipo de música che gusta?
-Especialmente
o jazz e todo o que se refire á música creativa.
-Por qué te decidiches polo
jazz?
-Decidinme
polo jazz debido a súa creatividade e a composición instantánea.
-É verdade que os mellores músicos
de jazz son americanos?
-Ata
agora eran os mellores porque foi onde nace. Pero moitos músicos
foron a estudar alí e agora hai bos músicos de jazz por todo o
mundo, aínda que América segue sendo o país referente pola súa
tradición.
-A
parte do jazz gústanche outros estilos de música?
-Por
suposto. Estou aberto a calquera estilo e de feito gústanme moitos,
destacando a música clásica, o funk, o rock, bossa, …
-É moi difícil improvisar?
-É
un proceso longo no que a túa creatividade vai mellorando co paso do
tempo. Eu compároo coa composición pero de forma instantánea.
-Ademais de tocar o piano, tamén
compós?
-Si,
é unha faceta que me atrae moito por iso me gusta tanto desenrolar a
creatividade.
-Cantas composicións tes?
-Ademais
de moitos arranxos no que fago unha versión diferente teño
aproximadamente 30 composicións para distintas formacións.
-Cal é o teu músico preferido?
-Teño
moitos pero destaco a pianistas como Bill Evans, Herbie Hancock, Chick
Corea, Keitch Jarrett, Brand Mehldauh,…
-Qué música recomendarías para
escoitar?
-Eu
recomendaría música de tódolos estilos, especialmente a música clásica
e o jazz, pero sen deixar de escoitar outros estilos xa que enriquecen
ó músico.
-Agora mesmo tocas en algún
grupo? En cal?
-Si.
Estou tocando en moitas formacións distintas como músico frelance (Roi Casal, Alfredo Susavila Trio, e no musical Un Día
Calquera).
-Tamén es profesor, onde das
clase e que materias impartes?
-Son
profesor de piano, harmonía, combo e improvisación.
Dou clases na Escola de Música de Rianxo e en Estudio Escola
de Música, nesta última son xefe de estudos.
-Que prefires ser profesor ou músico,
e por qué?
-Principalmente
prefiro ser músico debido a que a miña paixón é tocar.
-Cres que é importante que a música
se imparta nos colexios?
-Paréceme
moi importante, xa que desenvolve o oído, o ritmo e o coñecemento na
formación. Isto implica unha disciplina que vai axudar para as
demais disciplinas, ademais que culturalmente crece a súa formación.
-Cal é o concerto que recordas
con máis cariño, e por qué?
-Teño
moitos concertos que lles teño moito cariño, pero destacaría o meu
concerto de fin de carreira pola satisfacción de poder tocar unha
sinfonía en Madrid. Pero para min cada concerto é sempre moi
especial.
-Tes algunha anécdota dalgún
concerto?
-Teño
un montón, especialmente as anécdotas que vivín durante os anos nas
orquestras. Dende rompernos o escenario tocando ou chegar tarde porque
nos perdemos no medio do monte.
-Tocas algún instrumento ademais
do piano?
-Si.
Tamén toco desde fai 5 anos a batería
como instrumento que axuda a enriquecerme no ritmo.
-Con que músico che gustaría
tocar?
-Teño
moitos músicos que me encantan e especialmente no jazz, cada músico
aporta algo distinto. Si se tratase dun soño sería tocar con Avishai
Cohen no contrabaixo e Jeff Ballard na batería.
-Cal é o teu grupo favorito?
-Tamén
me gustan moitos, pero destaco: E.S.T. e Avishai Cohen Trío.
-Destes algún concerto noutro país?
-Si,
en Portugal. Pero teño pendente unha xira por América con Roi Casal.
-Traballaches nalgún programas
da TVG, en cales?
-Si
en varios programas como arreglista, compositor e pianista. Traballei
en A Tarde é Nosa, Entre Horas,
Volver ao Rego e Land Rover. E tamén no Luar,
Eirado e en Heicho
Cantar.
Gabriel Eiras Collazo
|
MÓNICA
IGLESIAS MANEIRO
Mónica Iglesias Maneiro,
naceu un 14 de setembro. Traballou en varios institutos e nestes
intres da clases de Física e Química no IES Félix Muriel. Vive en
Rianxo.
1.Como
decidiches facerte profesora?
-Porque sempre me gustou
ensinarlle á xente. Xa cando era pequena as miñas amigas pedíanme
que lles explicara e eu facíao.
2.Como comezaches no IES Félix Muriel?
-Comecei no curso
1994-95,dando clase en B.U.P.,C.O.U. e F.P. na rama de administrativo.
Cheguei aquí dende o meu primeiro destino definitivo en Muros, acercándome
á miña casa.
3.-Tiveches algún traballo antes de facerte profesora no IES?
-Din clases particulares
e seguín cando estaba na carreira
coas oposicións.
4.-A cantos
lugares viaxaches cos teus alumnos?
-Cantabria, Castela a
Mancha (Salamanca, Segovia), Andalucía (Córdoba, Málaga, Sevilla,
Granada), Tenerife, Gran Canaria, Mallorca, Ibiza, Valencia, Madrid,
Roma e Cataluña (Barcelona, Tarragona, Salou)
5.-. Tiveches algún problema indo de excursión cos alumnos?
-Problemas hainos todos
os días, pero pequenas incidencias que forman parte do día a día e
máis cos adolescentes.
6.- Algunha anécdota graciosa para contar?
-Respostas
dos rapaces. Un día pregunteille a unha rapaza que era a
vaxina en bioloxía e unha nena dixo que era un canal eclesiástico.
7.
Tes favoritismo cos alumnos?
-Hai rapaces que teñen
interese por aprender e quéreslle máis que aos que fan o parvo. Pero
non é favoritismo. Todos temos mellor entendemento con uns que con
outros. E, tamén inflúe a forma de ser.
8.
Quen é o profesor que mellor che cae? E o peor?
-Depende, non sempre é
o mesmo. (Esas cousas non se
din)
8.
Estiveches noutros
institutos antes?
-Si, estiven no
Calvo Sotelo de Vilagarcía, despois en Carril, 2 anos no
Fontexería de Muros e de aí, para Rianxo onde levo 19 anos.
9.
Por que decidiches estudar FeQ e non outra carreira?
-O que tiña claro era
que quería ser profesora. E gustábame a parte de ciencias, sobre
todo os cálculos. No bacharelato tiña dúbidas entre Matemáticas e
Química e decidinme por Química.
10.
Foches profesora dos teus fillos?
-Na casa moito. No
instituto só un ano, do máis novo.
11.
En que instituto che gustaría estar?
-Nun que estivera nun
clima máis cálido, porque me gusta a praia.
12.
Gustaríache ser Xefa de Estudos?
-Non, rotundamente,
nunca o sería. É un cargo de moita responsabilidade e nada
agradecido.
13.
Cal foi o ano que máis che gustou no IES?
-É unha pregunta difícil
de contestar, porque levo 25 anos en institutos e creo que todos os
anos hai cousas agradables para lembrar, e outros non tanto.
14.
Cantos partes pos por día?
-Non poño partes por día.
Este ano só tiven un grupo co que tiven algún problema pero non me
gusta poñer partes, gústame arranxar as cousas doutra
forma, pero se non queda outro remedio...
15.
Pensas que es boa profesora?
-Iso non o teño que dicir eu pero de todos as maneiras procuro facer as
cousas o mellor que sei e podo.
16.
Como preferirías o instituto, cando chegaches ou agora?
-Sen dúbida cando
cheguei, porque os alumnos demostraban moito máis interese nos
estudos. Había moito máis respecto e ó non ser a ensinanza
obrigatoria como agora, os rapaces non tiñan que estar forzados no
instituto.
17.
Tiveches, ou terás, que ser profesora doutra materia que non sexa FeQ?
-Si, tiven que dar
clases de bioloxía, matemáticas, e tamén o ámbito científico de
diversificación.
18.
Que pensas que é o mellor do teu traballo? E o peor?
-O mellor : Recoñecemento
por parte dos ex – alumnos da túa labor e saber que axudaches a
formalos e conseguir o seu futuro e tamén as relacións humanas que
nacen entre profesor e alumno.
O peor : Para min e
ensinar á xente que non quere ou non lle interesa e os conflitos que
se poden derivar desta situación.
19.
Como alumna tiveches algún profesor que te marcara?
-No sentido positivo :
Creo que o meu profesor de Química de COU, era un home que gozaba
moito ensinando e foi o que fixo que me
decantara por licenciarme en química.
No sentido negativo :
Sobre todo unha profesora que nos chegaba a primeira hora cheirando a
caña e apoiándose nas mesas e non explicaba a materia.
20.
Algunha vez baixácheslle a nota a un alumno por que che caía mal?
-Que eu saiba non.
21.
A parte de ser profesora, algunha vez un alumno/a acercouse a ti para
pedirche consello sobre a súa vida?
-Si, aínda que sempre
en temas relacionados cos estudos ou con posibles traballos.
22.
Que outra disciplina che gustaría dar a parte de FeQ?
-Encántanme as Matemáticas.O
malo destas materias e que non son moi "populares" entre os
alumnos e teñen fama de moi difíciles.
23.
O fin de semana, corrixes exames?
-Si, sen problema,
sempre un lle pode dedicar máis tempo que pola semana.
24.
Cóntanos algo das excursión que fixeches con teus alumnos.
-Creo que a nivel persoal son moi enriquecedoras, a relación que
estableces co alumno/a é moi distinta á da clase.Lémbrome con moito
cariño dalgunhas,por exemplo unha viaxe a Cantabria con 3º de ESO
onde todos os días cantabamos e bailabamos no autobús. O último día
no albergue espertáronnos os rapaces entrando na habitación a
rociarnos con sprays mentres durmiamos ás 4 profes que iamos con
eles.Algunha das de Gran Canaria porque sempre levaba os de 18 anos e
pasámolo moi ben cando saiamos xuntos.En Salou ,Barcelona,Tarragona
tamén teño moitos recordos agradables ;aínda que hai moitas
diferenzas dunhas promocións a outras. A última tamén foi
especial,tiñamos a unha alumna que sempre estaba animando ao grupo
coas súas ocorrencias.
Isto é o meu parecer , aínda que moitas veces me pregunto que
lembrarán eles ó respecto.
25.
Que porías na entrada de Rianxo?
-Algunha escultura
relacionada coa Rianxeira ou cos oficios do mar. Aínda que a min encántame
as plantas e boto de menos ao pavo real.
Laura
Conde Iglesias & Sarai Delgado Mariño
|
|