Inicio

 UN NOVO CURSO ACADÉMICO 2014-2015

 
 

ASÍ NOS VEMOS

     

 

Refráns de Xuño e San Xoán

Entre San Xoán e San Pedro sempre hai días de néboa e cómense ameixas de San Pedro, cereixas…

Polo San Xoán a sardiña molla o pan

En San Xoán bótalle o fouciño o pan, en Santa María da meda fai a fariña.

En Xulio arder e patacas coller

Quen fai xaxún en San Xoán ou é tolo ou non ten pan

A sardiña polo abril déixaa ir, polo maio ásaa no borrallo, pero polo San Xoán déixaa que pingue no pan

Entre San Xoán e San Pedro recolleita do centeo

Tradicións do San Xoán

        O 23 de Xuño pola noite faise unha fogueira e a tradición e saltala para espantar malos espíritos…, e darlle a benvida ao verán (sobre as doce da noite). Fanse sardiñadas ou

churrascadas. Neste día pola tarde antes de poñerse o Sol recóllense varias herbas. Na parroquia de Asados faise un ramo con:

Fiúncho, chopo branco, herba de Santa Mariña, herba Luísa, malva, xeranio, ruda, rosas, menta…

        Métense nun caldeiro con auga antes de que se poña o Sol e ao día seguinte lavas a cara pola  maña con esa auga que ten olor a flores.Polas noites é moi común cambiar cousas de sitio e hai uns anos aproveitaban esa noite para levar carros, gamelas, macetas, portais... Algunhas cousas levábanas ao río ou diante do Concello ou lugares visibles para chamar a atención.

Sergio Somoza Tubío

 

Poemas  por Gabriel Figueira Núñez

Se eu puidera cambiar algo,

non cambiaría nada,

se eu puidera cambiar algo,

quizais cambiaría algo,

pero se eu puidera cambiar algo

non habería quizais pobreza...

----------------------------------

Só sei

que non sei nada.

Só quero

non querer nada.

Só entendo

que non entendo nada.

-------------------------------

Non creo nun futuro

non creo na verdade,

eu só vivo o presente

na mentira e na crueldade.

 

----------------------------------

Non quero querer

non desexo desexar,

non prefiro preferir,

pero necesito necesitar.  

---------------------------------

Non creo na morte,

non creo na vida,

só creo na sorte

de sobrevivir cada día.

 

Cada día que penso en ti

éncheseme o corazón,

non entendo porque a túa mirada

me deixa pensar con razón

 

Cada día que penso en ti

non penso en nada,

porque se pensara cada día

non vería túa mirada.

 

Cada día que penso en ti

é un día mellor,

cando te vexo pola rúa

énchesme de paixón.

 

Cada día que penso en ti

non penso en nada máis,

pois o teu lostrego escuro

faimo desexar.

 

Non creo nunha morte,

senón nunha vida

    -----------------------------

Que é o normal?

Que é o perfecto ?

Que é o mal ?

Que é o que non é ledo.      ----------------------------------

Nunha noite estralada

que ninguén lle gustaría esquecer.

Como enfeitizados polas fadas,

sentados fronte ao luar.  

Para querer

hai que amar.

Para amar

hai que querer

Para querer

hai que pedir

un amor ao que sentir

 

Para amar

hai que querer.

Para querer

hai que amar.

Para amar

hai que rogar

a alguén a quen gustar

--------------------------------

Un día dareime conta

que non son quen quero

Quen son? Que busco?

Preguntarei polo mundo enteiro

--------------------------------------------

O TEMPO

O futuro será presente

O presente será pasado

Pero o pasado será pasado

----------------------------------------

Cada segundo que pasa

Penso nos minutos que pasaron,

Cada hora que termina

Pensó nos anos que acabaron.

-------------------------------------

Un ano, un día, unha hora

cada  segundo da túa vida conta.

 

Viaxe a Cerceda

A ver, imos  acabar o problema que se non saímos ao patio.

-Quen o sabe facer?

Alcei a man, era moi fácil. Simplemente había que saber a formula da pirámide:

Volumen:  (Superficie da Base Altura) : 3;

Volumen: ( 27 5) : 3

Volumen: 135 :3

Volumen: 45

-Ben, pódeste sentar.

Tomei asento.

-Ademais de Pablo, alguén máis saberíao facer?

Christian levantou a man.

-Veña, sae a explicalo.

Soou o timbre.

-Salvouse pola campá (pensei)

-Veña aos autobuses.

Subimos.

-Christian, ti sabías facer o problema ?

-Non, que sorte tiven.

-Veña abrochade os cintos dixo Xavier ( o noso titor).

O autobús arrancou, pasamos as horas mirando pola ventá e falando. Pero sen perder a esperanza de ir a Cerceda.

De súpeto o autobús pinchou.

Non podía ser, tardarían horas en reparalo.

Espertei, era o día 18!

Gabriel Figueira Núñez

 

HISTORIA

         Era un día de verán soleado coma outro calquera, unha nena chamada María acababa de cumprir os dezaseis anos.

        Un día decidiu facer un currículum e presentarse a camareira. Aos poucos días chegoulle unha mensaxe: “Ola, son Xurxo, o dono do bar. Escríboche para dicirche que nos gustaría contar contigo para a quenda da tarde-noite; o horario sería dende as 18.30 ata as 24.00. Sei que cos teus anos pode ser difícil esa quenda porque supoño que estarás estudando. Espero unha resposta”.

        María decidiu traballar os tres meses do verán naquel bar. Os días pasaban e ela levaba bastante ben o traballo como camareira. Ao cabo duns meses empezou a darse conta de que nese bar as cousas non ían ben, algo non lle cadraba. Un día decidiu esperou a que o persoal marchase para controlar o bar e mirar si as cousas eran como ela pensaba.

        As 24.00 todo o persoal de limpeza, cociña, camareiros,e controladores acabaron o traballo. Ela foi para o baño e dixo: “Xa cerro eu, non vos preocupedes. Íidevos indo eu xa saio agora”. 

        Dirixiuse cara á cociña onde veu algo estraño, o persoal de cociña non só eran maiores senón que tameń traballaban nenos. Avisou á policía e informou da situación.A policia meteu a Xurxo no cárcere porque iso era ilegal. O bar tivo que pechar e María tivo que buscarse outro traballo no que a súa quenda fora de tarde.

Laura Fernández Dieste

 

Un día perfecto.

        Levanteime, fun vestirme, almorcei, e fun no autobús ao colexio. Hoxe era un día especial, pois o titor ( por certo chamado Xavier) íannos dar as notas. Xa chegará ao colexio, esperei a que o conserxe abrise a porta coma todos os días. Mentres estiven esperando, charlei cuns amigos.

-Cantas credes que vos quedan ?

-A min ningunha - dixo un dos meus amigos, era Manuel. - Ademais eu tripliquei a nota en todo! - Continúo dicindo.

-Eu creo que me quedan dúas.- dixo Marcos.

-Pois a min, quédanme 6! -saltou Adrián.

        Tocou o timbre. Tiña que coller a chave, así que me acheguei á conserxería, non estaba Jairo, o conserxe. Preocupeime por el. El nunca che me chegaba tarde. Collín a chave de todas formas e abrín a porta. Entramos e achegóuseme María,

-Déixame ver que puxeches nas incidencias. -( pois estabamos facendo un traballo de tecnoloxía)

-Aínda non o teño.- Respondín

-Pois déixamo facer a min.

-Non, ti vai facendo a auto avaliación.

-Si home, fago eu as incidencias.

-Non, fágoas eu porque xa teño feita a auto avaliación.

-Boh! vaite á m…

        María sentouse no seu sitio e empezou a facer a auto avaliación. Eu mirei o horario. Tiñamos co titor a última hora... Suspirei.

-Veña, a empezar-. Dixen.

        Empecei a traballar. E ao acabar María deume a folla coa auto avaliación. Lina. Ela dicía que o resto do grupo fixera o pouco que eu lle deixara. Non lle falei, nin lle fixen caso.

        Continuei desexando saber a nota.

        Pasaron as dúas seguintes horas e o recreo sen nada especial. Ata chegar á clase de Matemáticas. Chegou o profesor, Carlos. Deixounos unhas fotocopias que empezamos a facer, a min parecíanme realmente fáciles, ata chegar a 9º. Ao chegar ao 9º, mirei o problema. Non o sabía facer. De súpeto chamoume Carlos ao encerado. A Manuel non lle saíra .

-Adrián fai esta parte do 9º.

        Eu achegueime ao encerado, collín un xiz. Empecei a facer o problema:

        Encontrar a área total de dúas figuras superpostas, unha encima da outra.  A 1º é un prisma de altura 29 e a 2ª e metade da segunda menos a apotema, todas as arestas miden 12m.

-Non sei.- Respondín.

-Vale séntese. Que saiba vostede que ten un negativo -díxome.

        Fun triste cara ao meu sitio. Soou o timbre.

-Polo menos hoxe recibirei as notas - pensei.

        Pasou o recreo. E na clase de lingua tocounos facer unhas sintaxe.

-Que ben sintaxe-. Pensei.

        A profesora chegou.

-Ola , perdoade, hoxe non trouxen as fichas de sintaxe.

-E que imos facer? - pregunteille á profesora.

-Veña, collede a ficha de medida.

        Pasei a hora medindo os versos da Rosalía esa de Marras. Soou o timbre.

-Ben! -escapóuseme.

-Que dis Adrián ? Preguntoume a profesora.

-Nada.

-Ben, hoxe non veu Xavier.- dixo a profesora...

Gabriel Figueira Núñez

 

Meu avó…

        Meu avó nacera nunca casa na primeira planta . E súa nai para que non andaran a xogar co barro ( porque antigamente chan era de barro) poñía unhas almofadas e tamén unhas mantas, e el gateaba polas almofadas e polas mantas cos seus/súas irmáns/ás e os/as seus/súas veciños/as.

        Meu avó cando era pequeno , reuníase cos seus amigos, un abaixábase, outro saltáballe por riba e quedaba agachado e así continuamente ( o xogo é o chamado o poldro).

         Meu avó cando era pequeno, levaba as vacas a pastar e perdíase no monte coas vacas , acostumaba.

        Meu avó cando era pequeno saíu ao monte, un veciño preguntoulle se lle podía coidar as vacas, el aceptou. Ao chegar ao monte deixou alí as vacas, e volveu para a casa. Ao día seguinte foi buscalas, e encontrouse que o gardabosques as encontrara,

        -De onde es? – lle preguntou o gardabosques.

        Meu avó non lle quixo responder.

        -Mira que como non me digas, sígote e pregúntolle a algún dos teus veciños.

        -(Pensando)  Ai mimadriña, fíxena boa!.

        -Mira, mañá paso por aquí e douche 5 pesetas, mételas no peto, e boca pechada.

        O gardabosques aceptou. Meu avó díxome que pensara que fora a rañar o cu cun toxo ( aínda que non utilizou exactamente esa expresión). Ao día seguinte meu avó non foi. Días despois chegoulle a casa unha multa.

        Meu avó contoume que, cando era máis pequeno, el e os seus amigos tiñan moitos apodos, como por exemplo a él chamábanlle o “Ripas “ e os seus amigos: “Carriso”, “Bó” , “Xanbenito” , “Casadiño” , “Carrapito “ etc

        Meu avó contoume que de pequeno xogaba ás cartas, e había xente que era moi caprichosa, se non ganaba botaban a chorar.

        Meu avó cando era pequeno ía cuns amigos a coller garabullos ( paus, ramas pequenas das  árbores).

        A meu avó cando era pequeno ( 14 anos ) gustáballe beber unhas cañas. Un día foi cuns albaneis e ao acabar de axudarlle os albaneis preguntáronlle se quería unhas copas. E el respondeulle que si. Volveu á casa dando eses, e ao chegar caeu contra o chan, seu irmán colleuno polos pés e polas mans e andou a zapatealo por alí.

 

         Un día meu avó foi á misa , e ao volver, correu cuns amigos e amigas por riba do tellado das cortes de seu pai. Pero seu pai estaba dentro. As rapazas que ían co meu avó, caeron ao lado das puchas pois o tellado rompeu , meu avó marchou a correr para a casa mentres que as rapazas marcharon á súa a chorar ( por ter caído ).

Gabriel Figueira Núñez

Unha noite moi larga

-Como non te cales, non te conto a historia lacazán. Anda tira “pra” cama que mañá hai escola.

-Mira que es pesado avó.

-Veña rápido.

-Pero quero unha nova historia.

-Pero ti… que te cres, que unha historia se che fai en tres segundos?

-E lo non ?

-Non. Unha historia require moitas horas.

-Si anda. Fágoche eu unha agora mesmo.

-Apostas algo?

-O que queiras.

-Veña , se ma dis agora, e é unha historia entretida, déixoche todo o ano o mando da televisión.

-Promételo?

-Prometido.

-Espera que non me creo que o vaias cumprir.

-Si, e lo non te fías do teu avó?

-Nin un chisco.

-(pensando) saíu listo o rapaz, cago no demo.

-Veña avó, firma aquí e aquí (ensinándolle unha folla de papel na que se comprometía a cumprir o apostado). E agora aquí e aquí……

-Si home, e como o avó vai vello está parvo perdido, pero ti que te crees demo de rapaz. A segunda folla non ten que ver co trato, senón que cando morra a miña casa vai ser “pa” ti.

-Se colaba colou.

-Demo de rapaz. (Firmando a folla) Veña empeza.

-Érase unha vez un vello moi malo , moi malo, pero se non fora pouco, ademais de malo: gandul, lacazán, nugallán, preguiceiro…

-Oes, sen pasarte contro!.

-Avó xa me desconcentraches, agora teño que volver empezar.

-Non, non, non. Diso nada, estabas no de preguiceiro.

-Ah! E verdade, grazas avó.

-(Murmurando) pelota.

-Ben, continúo:

-Había unha vez un rapaz e seu avó…

-Volvestes a empezar.

- Ai! Que pesado es. Queres calar?

-Mira, ti a min fálasme con respecto se non queres levar unha malleira do revés.

-Si claro, e se queres destrípasme.

-Cala porco.

(Abriuse a porta e entrou unha muller)

-Ola “ma”.

-Ola, qué fas?

-Nada, estoulle ensinando ao avó escribir un conto.

-Pois apura que xa é de noite, e tes que durmir. (Cerrando a porta)

-Veña continúa.

-Vale, Érase unha vez uns velliños que andaban a xogar as cartas. Un deles era moi bo nese xogo, e apostaba sempre o máximo que podía, facendo que os vellos novatos que xogaban con él, apostaran algo máis elevado, estes sempre perdían. Un día a este velliño chamado por certo Adrián, foi a xogar as cartas como facía todas as tardes ai polas 6, pero ese día non se encontrou con ningún velliño. Esperou e esperou ata que as 8, dándose por vencido volvía a casa. Non lle custou nada escoitar que o seguían, e como non, xirouse e veu a outro vello, pero nunca o había visto antes, o anciá preguntoulle á Adrián.

-Xógaslle unha?

-Si, pero admítoche que son moi bo.

Dixo Adrián cun sorriso pícaro de orella a orella. Eles empezaron a partida, pero non te vou describir moito a partida con isto xa che digo todo:

-Toma escoba.

-Diso nada monada.

-Fan 19, onde aprendiches a sumar?

-Eu dixen que supera sumar?

Vale, que, resumindo Adrián perdeu.

Pasaron os días e como Adrián perdera todo, foi a onda un veciño e preguntoulle:

-Coñeces a un vello moi bo que xoga as cartas?

-Coñezo, non será o “Raparigo”?. É un vello que se fai pasar por outro, a xente di que esta no noso grupo e solo lle gana a xente cando vai disfrazado…

-ZZZZZZZZ

-Avó. Parece que está durmido, ben, mañá rematareille a historia. Non vou perder a tele por nada do mundo.

-(O avó pensando) que listo son, o trato é que a fixera hoxe e non a acabou... tele para min!

Gabriel Figueira Núñez

Unha catástrofe

CAPÍTULO 1

Todo empezou o ultimo dia da Guadalupe de 2014.

1 da mañá:

O campo da festa estaba cheo de xente. Habíaa de moitas cidades e pobos.

A xente desexaba a gritos a chegada das bengalas para empezar a festa do ultimo día.

Os rapaces cansados da festa da espuma estaban adormecidos xunta seus país. Os “adolescentes” estaban dando unha volta ou no botellón cos amigos. Os maiores estaban todos cos seu fillos ou cos seus amigos. Os mais maiores bailando o “cha cha cha” ou tomando un refresco nun bar do campo.

A festa ia comezar pero moita xente estaba debaixo da carpa.

2 da mañá:

Comezaba a festa coa rianxeira e as bengalas, pero algo acontecia… O campo estaba cheo de fume por cousa das bengalas, e a xente empezou a tusir. Ai comezou o virus que agora afecta a todo o planeta.

CAPÍTULO 2

Eu chámome Xurxo e son das poucas persoas vivas e que estudan esta enfermidade.

A enfermidade consiste nun virus que contiñan as bengalas. O virus déixache completamente sen consciencia, coma se estiveses morto e non puideses revivir. E unha enfermidade moi parecida ao que se fai chamar “zombi”, case se podía dicir que son dúas enfermidades iguais.

Agora mesmo atópome en Londres estudando para atopar unha medicina.

No laboratorio onde me atopo, collemos unha mostra de virus dunha persoa e traspasámoslla a dous orangutáns para que resultase mais fácil estudar a enfermidade, xa que as persoas se caníbales.

CAPÍTULO 3

Londres, 2016.

Solo quedaban 137 persoas no planeta, e non dabamos encontrado unha cura.

Un dia pinchamos unha posible menciña a un dos orangutáns e metémolo dentro dunha sala de cristal blindado.

Pasadas unhas semanas o orangután empezaba a sentirse mais áxil. Ao parecer acababamos de dar coa cura.

Agora tocaba fabricala para todo o planeta e iso ia ser unha tarefa difícil.

CAPITULO 4

Galiza 2020

Despois dun largo traballo cheguei a miña casa, estaba toda destruída e xa non tiña familia, pero, non me ía render despois de todo, e con todos os cartos que gañara creando a menciña, construín unha casa e formei unha nova familia cunha muller que coñecera no laboratorio de Londres.

Desde esa traxedia das bengalas non se volveron acender na Guadalupe nin en ningún outro lugar do planeta. Agora en vez de acender bengalas, acéndense lanternas.

Alejandro Yáñez Eiras

 

O MISTERIO DO ESPÍRITU DUN NENO

 Era un dous de outubro de 1989, un día especialmente frío,Carlos un amigo de meu avó que era construtor recibiu un encargo: Restaurar o Pazo dos Torrados.

Un mes despois comezou coas obras. Cando levaba acerca de dúas semanas traballando encontrou un pasadizo. Despois de varios días limpando para lograr acceder a el, entrou.Non atopou nada aparte de restos de ósos que  debido ao seu tamaño debían ser dun neno. Carlos tiña a sensación dunha presenza pero inda así sentíase moi tranquilo,chamou a policía que levaron os ósos para analizar.

Ao día seguinte Manuel, o fillo de Carlos, a quen lle encantaban as “ouijas” e todo relacionada co espiritismo e o máis alá decidiu ir o fin de semana cuns amigos a facer ao Pazo dos Torrados unha “ouija”. Apareceulles o espírito dun neno, fillo dunha criada que traballaba alí polo ano 1877. Manuel e os amigos asustados marcharon correndo cada un cara á súa casa.

Durante a noite a algúns aparecíalles a porta do armario aberta con todo revolvido; a outro a ventá abríaselles e un forte vento sopraba cara a dentro.Os rapaces obsesionados de tanto misterio decidiron volver alí e preguntarlle a aquel neno se necesitaba algo.

O neno díxolles que quería que atopasen o lugar onde seus pais estaban enterrados e que o enterrasen xunto a eles. Dos meses máis tarde cumpriuse o desexo do neno.

De cando en vez, Manuel e os seus amigos ían ao cemiterio a xunto ao neno. Sentían como se el lles dera unha aperta. Ese sentimento era tan grande que decidiron ir alí todos os meses e levarlles flores, pero decidiron non facer máis espiritísmo.

Laura Fernández Dieste 

 

Texto

Onte fixemos moitas cousas:

- En plástica pintamos unha pintura abstracta.

            - Aprendemos as substancias químicas en Naturais.

         - Faltou o mestre de Lingua Castelá polo que veu un substituto.

             -Tivémonos que facer subscritores da páxina web do colexio para responder ao exame de galego ( o cal era no ordenador) malia que atopamos moitos obstáculos no proceso fomos quen de conseguilo. Máis tivemos que substituír o contrasinal varias veces para poder acceder a cadanseu perfil xa que escribiramos mal o apartado “substantivo”.

Sara Tubío Rial

 

Por terras de Portugal

        Onte, na excursión o primeiro lugar que visitamos foi Ponte da Lima. Gustoume que nos deixara un tempo libre para visitar nós ao noso antollo todo que quixeramos. De todos os lugares dese precioso pobo foi un precioso xardín: Parque de Arnado, mais a recreación dos soldados romanos; neste último dúas anciás portuguesas achegáronse a nós e puxémonos a falar con elas. Grazas a este tempo libre sacamos unhas preciosas fotos.

        A nosa seguinte parada foi Santa Luzia. Neste precioso santuario subimos á parte máis alta: a cúpula (ziborio en portugués), parecía que esas escaleiras non acababa máis, pero cando conseguimos chegar á cima houbo unha vista incríbel (unha das mellores do mundo).

        Había uns sufocantes 30ºC, moito máis do que hai habitualmente en Galicia. Por fin chegamos ao centro comercial de Viana do Castelo, onde comemos nun Mc Donalds's e tivemos un tempo libre para andar por alí. Foi xenial e moi divertido, ata merquei unha preciosa camiseta.

        Fixemos unha pequena parada en Caminha, na que vimos unhas pequenas murallas e tivemos tempo libre.

       Por último fomos a Valença do Miño, a pesar de que xa fora con meus pais anos atrás, desta vez paseino mellor xa que estiven coas miñas amigas. Vimos unha cousa moi curiosa: “Licor de merda” e “Licor de hijo de puta”.

        E despois... de volta a Rianxo.

        Encantoume esta excursión, creo que o mellor foi que en todos os lugares nos deixaron tempo libre para que cada un vira o que quixera, paseino xenial !

Sara Tubío Rial 

 

        Ponte da Lima é un pobo pequeno e moi bonito, pero a min non me gustou a igrexa porque era moi escura. Alí estaba o parque do Arnado que foi precioso: O que máis me gustou del foi unha especie de labirinto que, si ías polo camiño correcto, ascendías e acababas nun ceador con dous bancos. Todo o chan era herba agás un camiño de pedra polo que tíñamos que andar. O malo disto é que había moitos aspersores que xiraban e a pouco máis acabamos empapados, tamén había un invernadoiro con paxaros en gaiolas e plantas. Despois disto fomos á igrexa de Santa Lucía e era enorme. Había que pagar un euro para poder subir polo ascensor ou polas escaleiras pero nós fomos polas escaleiras. Despois de subir moitos chanzos de pedra podías ir por un camiño á dereita polo que tiñas que subir por unhas escaleiras moi estreitas e moi empinadas polo que houbo xente que non subiu por vertixe e medo.

        Estas escaleiras levábanche ao ciborio que era algo parecido a un miradoiro na parte máis alta da igrexa dende onde podías ver todo arredor. A continuación fomos a un centro comercial no que tivemos tempo para comer e ir de compras.

        Despois fomos a Caminha un pobo do que non vimos moito e fomos a Valença un pobo con murallas. Como nos deixaron tempo libre alí exploramos ao noso antollo o pobo e as murallas. Había un posto onde, en carteis grandes, se anunciaba que había licor de “merda” e de “hijo de puta”. Informamos ao tendeiro que esas palabras eran insultos en España e dixo que xa sabía, que era unha graza. E finalmente, viñemos de volta a Rianxo.

Irene Conde Arcos

PORTUGAL

Onte, día 25 de maio, fomos a Portugal, todos os rapaces/as de 2º.

Alí visitamos Ponte da Lima e déronnos tempo libre. Despois visitamos algunhas esculturas e o Parque de Arnado

Despois de Lima, fomos ao Santuario de Santa Luzia, subimos e subimos, até chegar á cúpula, había unhas vistazas...! Lola, díxonos que dende alí arriba é onde se apreciaba que a Terra é redonda, polo horizonte,

A seguinte parada do noso proxecto foi o Centro Comercial. Comemos no McDonald's e fomos a algunhas tendas. Eu comprei unhas pulseiras.

Ao saír do Centro, visitamos a Caminha. Alís os profesores compraron marmelo, e nós augas para beber, que tíñamos moita sede.

Despois de Caminha, e a última parada foi a Valença do Vinho. Visitamos as Murallas e compramos nunha tenda. Tamén estivemos a falar co dono dun chiringuito.

Finalmente collemos o autobús e fomos para a casa.

Encantoume a excursión, quitei moitas fotos e paseino moi ben.

O que mais me gustou foi subir ao ciborio e ver esas vistas. Valeu a pena

Candela Lustres Pérez

 

A  SANTA  COMPAÑA

Miña avoa contoume que cando era adolescente pasoulle unha cousa coa `Santa Compaña´.

Ían ela e as súas amigas de volta á casa cando, de súpeto, detrás dunhas silveiras apareceu a ´Santa Compaña´.

Botaron todas a correr e cando chegaron ás súas casas contáronlles ás nais o que viran. As nais, como sabían que non existía botáronse a rir.

Días máis tarde descubriron que foran un grupo de rapaces de Rianxo que se dedicaban a asustar ás rapazas de Taragoña, porque os de Rianxo e os de Taragoña levábanse mal.

Antía Caamaño Iglesias

 

 Poema "Nonsense"

Cola talán o falo cía,cía e cía

Cola tarde xa non cía,

cero cronto ciará cando queira voar.

Eu teña unha faliña que con ovos

cero o que me fusta a min non son os ovos.

A min fústame o falo ciador.

Un falo que cíe todas as faláns.

 Antía Caamaño Iglesias

 

 

 

ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA

O pasado mes, na biblioteca do instituto I.E.S. Félix Muriel veu unha vella coñecida, doña dunha biblioteca de Santiago. O seu nome é Lola. Presentounos varios libros como a primeira vez. Cada un escollemos o libro que máis nos impresionara, xa fose pola portada ou polo contido.
Comentámolos e Lola explicounos o principal de todos eles.
Todos estaban relacionados co mar, que será do que tratará o próximo proxecto da moda espectacular biblioteca.
Coa compañía desta gran amante dos libros pasamos unha hora moi divertida. Espero que vela  máis veces, e tamén me gustaría darlle as grazas.

Miguel Otero González

 

Visita a Oseira

        O sábado 25 de Abril tiven unha excursión do catecismo ao mosteiro de Oseira. O autobús saía ás 9:00 da mañá de Rianxo.  No autobús estabamos Marcos,  Aarón, Manuel, Juan, Adrián e Mauro e iamos xogando a saudar aos coches. Aarón por chiste facíalles "calvos" e nós a partirnos de risa. Ao cabo dunha hora paramos nunha gasolineira para estirar as pernas e comprar algo. Eu merqei unha coca cola,Marcos unha botella de auga mais un xogo para playstation 3. Volvemos para o autobús e seguimos cara ao noso destino. Cando chegamos a Oseira empezou a chover polo que  tivemos que ir correndo cara a entrada. Deixamos as mochilas e un monxe ensinounos o mosteiro enteiro: a biblioteca, unha cela e tamén vimos as vacas mais tenreiro que facía pouco que nacera e que a nai escapara.

        Tivemos unha misa oficiada por Don Fernando e ás 2:30 fomos ao albergue a xantar. Ao rematar tivemos unha charla durante a que  eu case me quedo a durmir.

        Tivemos que esperar polo condutor porque estaba xantando. Cando marchamos vimos unha vaca solta e pensamos se sería a que lles escapou aos monxes. Ás 7:45 chegamos ao centro comercial “As Cancelas” en Santiago e o condutor deunos unha hora para ir polas tendas. Nos fomos a GAME porque querían comprar un xogo Manuel e Adrián o “FIFA 15”. Eu non merquei nada.  Máis tarde fomos ao Carrefour a buscar algo de comer, compramos unha coca cola e unha bolsa de patacas fritas para comer no autobús. Ás 8:30 fomos para fóra a e nós fomos os primeiros. Como a xente se retrasaba, dediqueime  a bailar polo autobús. As rapazas foron chegando e cando estabamos todos marchamos para Rianxo. Nós seguiamos xogando a saudar aos coches e Aarón a facer "calvos".

        Ás 10:00 da noite chegamos a Rianxo onde nos  estaban a esperar para ir para a casa e rematar a nosa excursión.

Christian Rodríguez Rodríguez

                                  REFRÁNS DE ABRIL E MAIO

A chuvia de Abril, enche o carro e máis o barril

En Abril, augas mil

En marzo, espigas catro. En abril, espigas mil. En maio, todo espigado

Marzo ventoso e abril chuvioso , fai un maio florido e fermoso

Que chova en abril e maio, aínda que non chova en todo o ano

En maio que a auga ande detrás do arado, mellor ao empece que non o acabo.

Abril amoroso,San Xoán ventoso

Santa Cruz de maio , o lobo e o corvo nado , e o raposo medio criado.

O mes de abril e maio,son a chave de todo o ano.

Polo San Marcos(día 25) , o millo nin nacido nin no saco(semeado).

Millo mesto vai no cesto , millo raro vai no carro.

Abril chuvioso , maio pardo, San Xoán claro , enchen o carro.

A sardiña polo abril déixaa ir, polo maio ásaa no borrallo pero polo San Xoán deixa que pingue no pan.

Abril frío: Moito pan e pouco viño.

Polo abril, xa só poda o labrego ruín

Se non viches o cuco a mediados de abril ou morreu o cuco ou vai vir a fin.

O corenta de maio aínda a vella queima o tallo

Ata o corenta de maio non te quites o saio

                                           Cantiga

                         Eiquí ven o maio

                        disposto a cantar

                        as cousas pasadas

                        e as que han de pasar                                  Sergio Somoza Tubío

SEMANA SANTA

        O venres fun a Asturias, fun cos meus pais, a miña irmá e unha amiga miña. Fomos en coche e entretémonos no camiño escoitando, música, falando e xogando, pois o camiño ao noso destino, Luarca, durou tres horas ida e tres hora volta.

        Luarca é un pobo pequeno con xente moi festeira nas rúas. Había tanta xente na rúa que os restaurantes estaban abarrotados, non había ningunha mesa e tivemos que esperar as catro e media para conseguir unha mesa. E non foi porque haxa poucos restaurantes, que hai un montón.

        Ao final collemos mesa nun restaurante que anunciaban ser “de comida tradicional asturiana”. Desilusionounos bastante a comida, sobre todo a fabada, e marchamos.

        Fixemos unha parada no camiño de volta na praia das Catedrais, pero a marea estaba alta polo que non puidemos apreciar as rochas. Sacamos fotos e vimos o que había a vender nos postos. Finalmente chegamos á casa sobre as dez.

  Irene Conde Arcos

 

A  SEMANA INOLVIDABLE

        Érase unha  vez un neno chamado Xoán que coma todos os días, cando chegaban as cinco da tarde, se dirixía ao parque da súa parroquia.
Ese fin de semana fora o seu aniversario e como regalo pediulle un balón de fútbol novo, xa que o que el tiña era xa moi vello. Cando chegou ao parque era cerca das cinco e media e non había ningún amigo seu xogando por alí. Quixo esperar ata as seis, por si viña algún compañeiro de xogo, para estrear o seu balón novo. Chegaron as seis e Xoán estaba canso de esperar así que foi de volta para a súa casa. Ó día seguinte, cando chegou ao instituto, preguntoulles  aos seus compañeiros porque non foran o día anterior  ao parque e todos lle dixeron que  foran á hora de sempre, ás cinco, pero que estiveron xogando a dar volteretas na herba e a súa amiga Lucía torceu un brazo, de tanta dor que ela tiña, chamou a seu pai para que a viñera buscar e levar ao médico. Todos estabamos moi preocupados e non quixemos xogar máis por se nos pasaba o mesmo a algún de nós, así que como non levamos ningún balón cada un foise para a súa casa.
Chegaron as cinco da tarde e Xoán foi ao parque con todos os seus amigos, alí atoparon a Lucía que co brazo escaiolado pero ela estaba animada e víase feliz.
Alonso un dos amigos, tivo a idea de facer unha excursión todos os amigos xuntos polo campo  o sábado, xa que os do tempo dicían que ese día as temperaturas subirían dez grados máis. Pasaron os días e por fin chegou o sábado. Marcharon á mañá xa que ían estar todo o sábado xuntos a pasear polo monte,pasaron por monte,vales,lagos…  Cando estaban cansados, cerca da mediodía, acordaron parar a comer o que lles prepararan as nais. Remataron  de comer e descansaron un pouco, xa que estaban moi agotados. Ás catro e media da tarde colleron o camiño de volta para a casa pero, ao chegar ao lago, en vez de arrodealo para cruzar, usaron uns botes de madeira antigos que había na beira. Eran oito amigos en total e tres botes así que en dous botes  ían tres  e noutro ían dous
Cando ían case pola metade Marta decatouse de que un dos botes quedara atrás,tiña un buraco e a parte traseira estaba chea de auga. Os rapaces botáronse a  nadar. Levaran roupa de recambio por prevención. Todos nadaron menos Lucía e Marta que foron nun dos botes porque Marta non podía nadar tal e como tiña o brazo.

        Aínda así o  pasaron moi ben. Cegaron á cidade e, antes de despedirse, todos dixeron que o pasaran moi ben e quedaron en que había que repetilo.

Laura Fernández Dieste

 

A VIDA DUNHA MEDICO

         Era un día normal, Afonso un neno cunha alta estatura e pinta de anoréxico, pelo louro e ollos azuis esmeralda paseaba pola rúa con pinta de estar perdido. Como souben despois estaba esperando a alguén.

         Él, cada certo tempo, púñase nervioso, pero por sorte despois sacaba a relucir o seu lado mais brillante.  Espertei e vino na porta…

        Que como son eu? Son unha nena de 13 anos con tendencia a chorar, alta, delgada e si, tamén co pelo louro coma o meu amigo, teño os ollos verdes e pequenos. Ben, agora si que podemos empezar. Espertei, Afonso inda estaba na porta, baixei a correr sen ver a meu irmán que case cae polas esqueiras, saín da casa sen darme conta de que a porta estaba pechada.Iso retrasoume un pouco porque me manquei nun pé.

       Por fin fóra  logrei  falar con el

Que tal Sandra?- preguntoume  

-Ben. E ti?-respondinlle

-Ben. Queríache contar o que encontrei. Queres velo?-díxome

-Si,claro –respondín.

         Cada vez que me chamaba era para ensinarme algo interesante. Estivemos andando 50 minutos. Cando chegamos, encontramos a unha nena discapacitada cunha roda da cadeira rompida.

-Axúdasme a levala ata a miña casa? Ela non pode andar -díxome

- Pois claro -respondín

        Eu era moi mañosa facendo cousas, así que collín un anaco de madeira e rompino ata que encaixara. Tardei 1 hora mais ou menos, pero mereceu a pena por ver o sorriso na cara da nena.

        De camiño a casa pensei o afortunada que era por non ningunha discapacidade importante.

        Nos anos seguintes involucreime moito en axudar aos demais, saquei a carreira de periodismo, pero ao final dediqueime á miña paixón saquei o ciclo socio-sanitario; estudei medicina e agora son médico no hospital de Santiago axudando a moita xente con discapacidade coma o síndrome de Down, persoas en cadeira de rodas e con ébola.

        Non casei anque  tiven un fillo que tamén se sacou o titulo en medicina

        Retireime a un pobo de Galicia e paso os meus últimos días alí como medico de familia.

Ismael Pita Tourís

 

LEMBRANDO A MANUEL ANTONIO, RAFAEL DIESTE...

        O martes, 24 de marzo de 2015, os alumnos de 2ºB de E.S.O. do IES "Félix Muriel" de Rianxo  acompañados de Carlos, Antonio e Paz.

        Ao chegar o cemiterio visitamos a parte vella onde están os familiares de Castelao súas irmás, seu pai, súa nai Os irmán Xosé e Manolo Insua...Tamén nos contarón que Castelao morreu en Bos Aires pero el queria ser enterrado en Pontevedra. Cando morreu enterrárono no cemiteria da Chacarita en Bos Aires e no 1984 trasladaronno ao Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval en Santiago.  Aqui tamén se encontra o monumento en lembranzas do republicanos que morreron no campo de concentración que houbo en Rianxo durante a guerra civil. 

      Miramos os distintos materiais que se empregaron, figuras das tumbas, estilo das construción ...destacando a figura do apostolo Santiago que hay no cuceriro e que foi reproducido por castelao en "As cruces de pedra na Galiza"

      Para rematar lemos poemas de Manuel Antonio, Rafael Dieste e Lorenzo Varela..    Aitana Galbán Abuín & María Lorenzo

   

 

ROTEIRO CASTELAO- RIANXO 

Hoxe os de segundo, fomos de excursión a facer o roteiro de Castelao, na que aprendemos moitas cousas que non sabíamos sobre Castelao e a súa relación con certos sitios de Rianxo.

Saímos do instituto, fomos por Rianxiño abaixo, e encontrámonos cun parque, no que ao lado había situado unha capela. Ao chegar ao parque, Carlos , ensinounos a capela  ( de San Xosé) e mandoulle ler a unha compañeira un texto no que nos explicaba todo sobre a capela como por exemplo que esta fora construída por Xacinto Becerra Sotomayor en 1644, que a imaxe da Virxe Da Guadalupe permanecerá alí dende 1773 ata o seu traslado ao santuario ( XIX) ou que Castelao reinventa o escudo de Galicia escollendo o lema “ Denantes mortos ca escravos        ( empregado polo Terzo dos Galegos de Bos Aires cando de enfrontaron ás tropas inglesas en 1806) , cunha serea agarrando un escudo, no que aparece un fouciño, unha estrela con cinco puntas vermellas, un fondo azul e unha bordura levando o lema.

Seguimos camiñando, e chegamos ao peirao de Setefogas, que segundo o que  conta   José A. Duran” no seu libro “ El primer Castelao” é o máis antigo de Rianxo.

Despois visitamos o Santuario da Guadalupe onde Castelao participaba as súas festas dende a infancia. Observando dende a ventá o embarco e desembarco da Virxe da Guadalupe. Esta vai ser a protagonista da coñecida Rianxeira, composta en 1947 por un amigo de Castelao.

Andamos un pouco máis e visitamos a casa de Manuel Antonio, Rafael Dieste, e tamén unha casa na que viviron os pais e as irmás de Castelao, Xosefina e Tareixau. Mais adiante, achegámonos á Igrexa de Santa Columba, na que ademais de observar para ela, se nos falou do “Pazo Martelo” tamén coñecido por moita xente  A Biblioteca”.

No Cabo da Vila hai unha placa na que se indica que nese lugar naceu Castelao o 30 de xaneiro de 1886, aínda que no Rexistro Civil apairo.rece a data do 29 de xan

En Fincheira está o horreo contruído na finca de Mariano Rodríguez, pai de Castelao. Este horreo, troixo moitas disputas. Pois o alcalde que gobernaba nese momento non o quería. Este, mandou derribar o horreo, máis os canteiros de Rianxo negáronnse, tendo que acudir a outros. O pobo, non quería que o derribaran, así que , se arrepuxeron á autoridade. As mulleres sobre todo ( segundo conta o profesor de Sociais Carlos) , levaban pedras no mandil, e lanzábanllelas aos policías. Cando Angel Baltar,  se enterou disto, calmou ao pobo, e mediante a lei, fixo que este non se derribara.

Ao fin, fomos ao cemiterio, onde estaban enterrados egrexios  persoeiros rianxeiros como Rafael Dieste, Carmen Muñoz, Manuel Antonio, os irmáns Ínsua...

Na Praia de Quenxo, contemplamos a nova estatua da Virxe da Guadalupe, e o dique onde anteriormente chegaba a auga e onde había outra Virxe da que se tiraban moitas persoas á auga.

Este foi o derradeiro lugar da visita xunto coa Praia de Tanxil, onde o pasamos moi ben, pois deixáronnos tempo libre.

 

A cara invisible

        Un amigo contoume que que estaba na casa da súa avoa. Era noite. Saíu cara ao baño ás 11. O seu cuarto estaba en diagonal cara a un dos seus baños, e entre eles, encontrábase un cadro da Virxe. Segundo me conta, di que veu saír do cadro unha cara estraña. Non tiña nada que ver co cadro, pois,a súas imaxes cristiás. Só era unha cara. El di que a cara se quedou mirando a un punto no bacío, despois mirouno a el... e desapareceu.

        Non encontro a explicación a isto. E VOSTEDE?

Iván Carneiro

 

Paixón

Amor

Única

Liberdade

Amizade

 

Gaiteiro

Alegra

Literario

Enamorador

Galante

Optimista

Innovador

Nacente para os mozos

Soñador do meu corazón

Tabulador por sempre

Inesperado nos acontecementos

Talismán dos meus soños

Único para todos 

Temido polos máis novos

Obsesión a superar

Libre

Optimista

Risoña

Entusiasta

Namorada

Amistosa

 

          Paula Sobradelo

 

                           Non quero esquecer

        Alzheimer: Enfermidade dexenerativa mortal. Con esas mesmas palabras o describiu o mesmo doutor que agora mesmo me da o pésame.

      Chámome Ana e fai agora sete anos que meu avó decidiu deixarnos. Cando isto comezou fai uns anos, non coñecía moi ben as consecuencias que todo isto ía ter. Eu non notaba nada raro, nada que non pasase antes. É certo que o avó ás veces esquecía o meu nome ou cousas tan sinxelas como esa, pero non é normal que o teu avó diga o nome de todos os teus curmáns antes do teu? Iso era o que eu cría. Logo, comezou a esquecer onde estaban todas as cousas da casa, ao que eu sempre lle dicía “esa cabeciña, avoíño!”. El sorría. Nada máis.

       Pouco a pouco fun entendendo que hai cousas máis importantes para esquecer que o nome dun neto ou dunha neta, ou mesmo o dun fillo ou dunha filla. Como saber a forma na que comer, beber, ir ao lavabo e máis cousas esenciais para vivir. O avó foinas esquecendo todas. De verdade que ao principio crin que me estaba tomando o pelo, ata que vin que mamá tentaba axudarlle con todo iso que dixen anteriormente. E incluso máis. Era como un rapaciño ao que hai que coidar para que saia adiante e se gañe a vida dun xeito óptimo. A gran diferenza neste caso era que o avó en vez de seguir adiante, tiraba cada vez máis para atrás.

        Os anos pasaban, eu medraba e o avó empeoraba. É boa verdade que os anos pasan por todos. Chegaba cada día do colexio con ganas de velo, de abrazalo, de que me falase e de que eu lle falase. De que me contase contos e aventuras de cando era un mozo, e contarlle eu as miñas historias de cada día. Cada mañá marchaba da casa coa esperanza de que ao volver estivese el esperándome na porta, preparando o seu monólogo de aventuras, posto que ata que acabase nunca me deixaba interrompelo.

        O meu 15º aniversario cadrou nun venres. Saín toda contenta do instituto coa ilusión de chegar á casa e atoparme con todos os regalos e un biscoito con quince velas enriba. Esperaba que a pesar do que estivo ocorrendo nos meses anteriores o avó conseguise felicitarme. Ao chegar atopeime coa casa baleira, non había ninguén. Nin regalos, nin biscoito. Nin avó. Soamente sobresaía unha folla escrita dunha libretiña pequena.

      “Querida Aniña:

       Cada vez véxote máis grande, máis capaz de descubrir o que me pasa e lamentarte cada vez que me vexas. Non imaxinas o que me doe ter que despedirme de ti, sen poder ver como te convertes nunha muller feita e dereita, como te namoras por veces primeiras e, sobre todo, dóeme non poder estar aí para facerche rir coas miñas historias cando algún rapaz idiota dane os teus sentimentos. Ante todo, quero que sigas adiante tal e como farías se eu seguise aí ao teu carón como todos estes anos. Quero que o fagas por min. Escribo esta carta probablemente moitos anos antes de que o meu corazón deixe de latexar por sempre, pero o máis seguro é que ao final nen te coñeza, e iso é o que máis me atormenta desta enfermidade.

                 Cóidate moito, Aniña

                            Ata sempre, o avó”.

      Ese día comecei a apreciar a todo aquel que significase algo para min. Obxecto ou persoa. Saquei a ESO, o bacharelato de Humanidades e a carreira de Filoloxía Inglesa, como lle prometerá ao avó. Sabía que el me estaba mirando e sorrindo con cada meta que lograba alcanzar. Fíxeno por el, como tantas outras cousas que intentei facer tamén.

           Teño 22 anos e escribo isto para intentar desafogarme. Non creas que me resulta efectivo. O recordo do avó permanece en min e cada vez está máis presente.

            Hai cousas que por moito tempo que pasen, e por moito que doian, non quero esquecer. E unha delas, é o avó.

Elvira Torres Suárez

 

LENDO A ROSALÍA

   Conmemorando o cento setenta e oito anos do nacemento de Rosalía castro de Murguía os alumnos de 1º e 2º de E.S.O. do IES "Felíx Muriel" de Rianxo realizaron a lectura dos poemas da "Musa dos pobos".

   

 

 

NA TENDA

- Ola!
- Ola, quere que a axude en algo?
- Si, e que viña devolver este xersei tan bonito que lle comprei á miña filla, porque ó parecer non lle gusta, podería vostede axudarme a escoller algo para ela?
- Por suposto! Que talla usa?
- A "S".
- Sabe cal é a súa cor preferida?
- Odia o rosa.
- E que estilo pensa que lle pode gustar?
- Non sei, ela sempre anda cunhas camisas frouxas moi feas, por iso lle comprei este xersei rosa, a ver se cambiaba un pouco o estilo!
- Esta camiseta penso que pode gustarlle.
- Ai meu Deus! Quita de aí! Eu non vou a consentir que a miña filla ande con iso.
- Por que? É a nova moda.
- Pois porque non, levaría media barriga ó aire!
- Ás rapazas de agora gústanlle así.
- Se vostede o di...Canto costa?
- 20€
- 20€ esa cousa? Se lle falta tela!.
- É así. Agora lévanse as camisetas coas que se vexa a barriga.
- Pois cóbrame antes de que me arrepinta!
- En efectivo ou con tarxeta?
- En efectivo. Aí ten.
- Moitas grazas! Xa verá como lle gusta á súa filla.
- Iso espero.

 

AS REBAIXAS CAMBIAN MOITO A NOSA OPINIÓN

Vendedor:  Ola,bos días

Comprador: Boas

Vendedor: Que queres?

Comprador: A roupa de rebaixas onde está?

Vendedor:  Si téñoa, ao fondo

Comprador: Canto vale?

Vendedor: Son 10 euros cada prenda.

Comprador: De acordo

Máis tarde

Comprador: Isto é moi de chulo, non?. Estes si.

Vendedor: Son 30 euros polas camisolas.

Comprador: ten en efectivo

2 horas máis tarde

Comprador: Boas tardes, estas camisolas non me valen. Estas tres gústanme

Vendedor: Non ten que pagar porque xa pagou hai dúas horas . Chao.

Comprador: Chao,  e moitas grazas.

Sergio Somoza Tubío

 

NA TENDA

-Ola, bos días!

-Ola, veño cambiar o pantalón é a blusa que merquei onte pola tarde, porque á miña filla é un pouco rara, é ao parecer o pantalón branco non lle convence é á blusa quérelle unha cor máis chamativa.

-Ben, pois voulle mirar si me queda algo por aí.

-Vale, pois si non devólveme os cartos que me serve o mesmo.

-Si non teño que veña ela, que cos cartos... non me gusta xogar moito.

-Mírame si tes, que teño algo de présa.

-Pois con moita sorte, quédame unha blusa nun tono amarelo rechemandeiro, ensínolla?

-Ensina logo.

-E o pantalón…  Teño un moi bonito en negro é creo que lle quedaría estupendo coa blusa.

-Ti ensíname.

(Ensínallo)

-Pois… gústame moito. Ponmo logo.

-Sonlle 200 euros.

-Como?

-É que estas cousas xa son de temporada, as rebaixas acabaron onte.

-Tome os 200 euros, pero....xa lle pode gustar ven a miña filla.

-Si non veña por aquí.

-Ata logo.

- Adeus. Grazas pola compra!!!!!!

Clara Figueira Eiras

 

NA TENDA

Cliente- Ola!

Vendedor- Ola, boas! En que podo axudarte?

Cliente- Quería cambiar esta camiseta que me regalaron.

Vendedor- Por que ?

Cliente- Porque non é a miña talla, necesito unha menos.

Vendedor- O que podo facer é probar unha talla menos ou mirar se ten arranxo ou devolverche os cartos e despois ti compras o que queiras.

Cliente- Mira se tes unha talla menos.

Vendedor- Non a teño nesa cor. Si queres probar ou mirar si che gusta noutra cor ou, se non, encárgocho.

Cliente-  Esta cor non me chega a convencer, mellor pídema: Cando chegaría?

Vendedor- Chegaría o luns da semana que ven.

Cliente-  Vale. Luns á tarde pásome por aquí.

Vendedor- Se non chega o luns, chegará o martes á mañá.

Cliente- Vale. Adeus.

Vendedor- Adeus.

Silvia Rial Fachado & Laura Fernández Dieste

O PELIQUEIRO

Fai xa moito tempo en Laza, un neno tiña o desexo de ser peliqueiro e andar por aí no Entroido. Como era pobre, non tiña cartos para o disfrace. Sempre andaba triste, e aínda máis nas épocas de Entroido, cando vía todos os disfraces. Intentaba tódolos anos facer a súa propia vestimenta, con cousas que atopaba pola casa, mais nunca era capaz. Para canto máis, no colexio todos se rían del por ser pobre e non ter un disfraz de peliqueiro. Todos os rapaces que o tiñan pegábanlle vergallazos, e Hambrosio sempre chegaba chorando á casa. A súa pena era maior cando vía aos seus pais enfermos. En cuestión de días morrerían dunha pulmonía. Hambrosio quedou só, sendo o máximo responsable da casa. Botou cinco anos sen saír da casa, sen ir ó colexio e sen ver aos peliqueiros, a cousa que máis lle fascinaba do mundo. No colexio estaban preocupados por él.

A profesora chegara un día á súa casa.

- Hambrosio como non ves ó colexio?

- E que os meus pais morreron- respondeu o rapaz angustiado-. Levo cinco anos sen saír da casa.

Á profesora deulle moita pena, de feito que o acolleu no seu fogar. Agora o rapaza era máis feliz, mais había algo que aínda non conseguira.

O seu soño!

Ese mesmo Carnaval, a súa nova “nai” comproulle un disfrace. Cando se fixo maior foi un verdadeiro peliqueiro.

Agora os seus compañeiros non se rían del, asombrábanse.

O seu soño cumprírase. Xa era de todo feliz.

Recordou o que seu pai lle dixera antes de morrer:

“Vive a vida. Asegúroche que nun futuro estarás ben”.

E así foi.

Dende ese día se vas a Laza no Entroido, poderás ver a Hambrosio contento e feliz.

Miguel Otero González

No Entroido,

canta, rí e salta.

Non comas moito.

Senón,que gordo!

   

Se ó Entroido de Verín queres asistir,

disfrazado debes ir.

Como non vaias,

comproba o que che pasa.  

Ti e o teu Entroido,

todos os anos de loito.

No enterro da sardiña,

choran todas as meniñas.

 

Nestas festas ha de facer frío.

Vai ben abrigadiño.

Co teu disfrace e a túa roupa,

non terás ningún problema.

Non esquezas a careta!!!.

Come orellas, filloas e lacón,

e grelos a mogollón!

 

Vive o Entroido, disfrázate,

ou, senón, marcha.

 

No Entroido Faraleiro ten coidado,

non manches o pelo!

 

Miguel Otero González

 

ENTROIDO

        Pois este entroido para min non foi moi bo,o sábado levanteime con febre, é estiven así ata o luns pola mañá. Só me puiden disfrazar o venres aquí no  instituto de ochentera, é o martes de entroido de mimo. Pero no domingo de piñata, o 22 de febreiro, celébrase o entroido en Cordeiro, Valga, é intentarei asistir xa que así tamén saúdo aos  meus avós é tíos.

        Fixen orellas, pero para que tiveran algo de mérito sen que ninguén soubera, eu é miña nai puxémoslles un cordón é unha pouquiña pementa..

Clara Figueira Eiras

 

ENTROIDO

        O calendario do Antroido variou co tempo e cos lugares. Nuns lugares comezaba polo San Brais, polo día da Candeloria ou polo domingo de entroido. Eran festexos moi similares en diferentes días. Os días sinalados desta época son :

1-Domingo Faraleiro: Chamados así polos farelos ou cinzas que arrollaban os mozos sobre as rapazas.

2-Xoves de Compadres: As mulleres saían á rúa con bonecas alusivas que os homes debían intentar arrebatárllelas

3-Domingo Corredoiro: Pola corrida do galo, persecución e morte dun galo, entretemento común en numerosos entroidos locais.

4-Xoves de  Comadres: Igual có de Compadres pero coa actividade inversa. Loitas entre homes e mulleres.

5-Domingo e Luns de Entroido

6-Martes de Entroido, co enterro da Sardiña

7-Mércores de Cinza

        O gran día foi tradicionalmente o Martes. Agora as festas son cun carácter distinto.

        O vocabulario de entroido máis popular é o seguinte:

Antroido ou Entroido, Burla,Charanga,Disfrace, Enterro da Sardiña, Fritura, Intolerancia, Laza, Mascaras, Nenos, Orde, Pregón, Río de Xaneiro, Serpentina, Talento, Usos,Venecia.

Sergio Somoza Tubío

 

Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña

Ano de neves, ano de bens

Dure a maña veciña, o que a neve febreiriña

Un carro entullado, non sae se home vello non vai

Por San Brais, os días pequenos xa quedan atrás

O que de vello queira folgar, de novo ten que traballar

Febreiro camiseiro, non da boa meda nin bo palleiro.

Rifas de namorados, amores dobrados

REFRÁNS DE FEBREIRO

Febreiriño de rabo torto,

cos teus días 28,

se tivese máis catro,

non quedaba can nin gato,

nin raposo no burato.

Sergio Somoza Tubío

1. Este pescou un peixe,

2. Este comprouno,

3. Este limpouno,

4. Este fritiuno

 5. E este lambón comeuno

              Mario Viñas

1. Este colleu o ovo.

2. Este trouxoo.

3. Este cascouno.

4. Este coniñouno.

5. E este comeuno.

Abel Rodríguez Calvo

Os dedos

1. Este foi pescar e non pescou nada.

2. Este pescou un peixe.

3. Este limpouno.

4. Este cociñouno.

5. E este comeuno

Abel Rodríguez Calvo

1. O fino,

2. O irmán do fino,

3. O malote,

4. O acosador 

5. E o guai     

 Abel Rodríguez Calvo    

 

Refráns do mes de xaneiro

A sardiña no Xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro                     

Carro derradeiro, ben cargado ou ben baleiro

En Xaneiro, lumen a lareira e porco no fumeiro.                                   

O que dá o que ten antes que morra, merece que lle dean coa cachaporra

A bo viño, non hai mal bebedor

Amigo e viño, o máis antigo

A auga no mes de Xaneiro, mata ó usureiro     

Ano desexadas, ano de fornadas

Cada día de Xaneiro, perde un ollo co alleiro

Quen ara en Xaneiro, ara para o ano enteiro

 

Ano novo, vida nova

En Xaneiro, reuma, en Marzo catarro, e en Maio outra vez san

San Antonio verdadeiro, 17 de xaneiro

Ao inverno chuvioso , verán abondoso

Ano de neves,   ano de bens

No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro!

En pasando San Vicente, nin minguante nin crecente

Se queres ter bo alleiro, planta os allos no Xaneiro

As patacas de Xaneiro, van no cesto e veñen no caldeiro

En Xaneiro mete o abreiro

Sergio Somoza Tubío

 

de nóS nuco

        O venres, 19 de decembro, os alumnos de 1º e 2º de E.S.O. do IES "FÉLIX MURIEL" de Rianxo visitamos en Rianxiño o museo-taller de Nuco.

          Nuco foinos explicando as figuras feitas en pedra (cantos rodados de mar e río); metal ou en fibra de vidrio.

     

  VISITA Ó MUSEO DE NUCO

        No último día de clase do ano 2014, fomos a visitar e  observar o Museo de Nós Nuco. Cando saín, estaba moi tranquilo xa que tiña ganas de velo.

        A ruta de ida foi moi agradable, estiven falando con algúns compañeiros da clase.

        Cando chegamos, estivemos vendo as figuras que tiña na entrada. Eran de Brea Segade, Rafael Dieste , Castelao e Faustino Rey Romero. A min gustáronme bastante, estaban moi ben traballadas.

        A continuación vimos algunhas das figuras que tiña de pedra, como por exemplo unha dun peregrino, que a verdade é que estaba xenial.

       Despois, sacamos unha foto co alumnado de 1ºC.

        Ao entrarmos no Museo, Nuco foinos explicando o significado dalgunhas das figuras. Algún deles parecía imposible de crer. As figuras que tiña dentro estaban feitas con fibra de vidro, que é o material que está usando actualmente para facer as súas obras.

        Xa para rematar vimos unha figura que homenaxea ao Grupo de Teatro Airiños.

        Finalmente, fomos para o instituto para facer as actividades programadas para este dia.

        A verdade é que foi moi interesante a visita feita.

Sergio Somoza Tubío

        O último día de clase antes de Nadal fomos visitar o museo de Nuco. É impresionante todo o traballo dese home. A min gustoume moito, porque ten esculturas moi bonitas. Nuco falounos dalgúns dos seus traballos. Non tivemos moito tempo, xa que tiñamos que deixar entrar ós doutras clases de 1º. Nese tempo falounos dunha escultura que realizou para o grupo de teatro “Airiños”, e entre outras falounos dunha que simbolizaba a emigración. Tiña unha escultura da Santa Compaña...

        Traballa con distintos materiais: madeira, pedra e ferro.

        A min o museo gustoume moito. Recomendo que todo o mundo vai a ver a magnífica labor de Nuco.

Miguel Otero González

 

O CEMITERIO DE RIANXO

        Na tarde do luns, 15 de decembro de 2015 os alumnos de 2º A de E.S.O. do I.E.S. "Félix Muirel " de Rianxo fomos ata o cemiterio de Rianxo acompañados do profesor Carlos Cimadevila quen nos falou da historia deste cemiterio xa centenario.

        Visitamos os lugares onde repousan ou repousaron persoas coñecidas: Xosé Mª Arcos Moldes, Manuel Dourado, familia Castelao, Irmáns Insua, a placa na que se recordan os mortos no campo de concentración de Rianxo, Carmen Muñoz e Rafael Dieste, Manuel Antonio....

       Para rematar a visita lemos o poema "Unha voce no vento" de Manuel Antonio e a carta que Rafael Dieste lle manda ao poeta e amigo coa súa interpretación.

        

 

O APALPADOR

        Xa fai moito tempo nas fragas do Eume un neno que por alí pasaba viu un home. Un home grande forte e cunha barba tremenda. Na boca levaba una pipa, e ía carrexando leña. O neno asustouse, quen podía ser o estraño?

        Seguiuno ata chegaren á casa. Ó ver a casa quedou asombrado, era enorme! O rapaz entrou no interior.

        Cando xa era noite, o estraño íase, mentres o neno o seguía. Entraba na casa dos nenos, entón decatouse de quen era. 

        -Es o Apalpador!- gritou o rapaz.

        O home mirouno e díxolle:

        -Deberías estar na casa.

        Este fíxolle caso, e ó levantarse ó ía seguinte tiña una presa de castañas, ademais dun pequeno xoguete de madeira.

        Tamén tiña una carta que dicía:

        -“Agora que sabes quen son, garda o meu segredo”.

        O rapaz contento fíxoo durante toda a vida, e agora de grande vai ás fragas a visitar  ao seu querido amigo: O APALPADOR!

Miguel Otero González

 

Nadal

        Este Nadal vai ser moi malo e aburrido por que suspendo dúas polo cal non terei Papá Noel e, ao mellor, nin Reis... Ía ir pasar unhas vacacións cos meus curmáns e todos os domingos tiña pensado ir cos meus amigos, pero estou castigada.

        Estarei moi aburrida, só conto coa compaña da miña familia porque non podo saír da casa.

        Só me divertirei o dia 25 pola noite e en Fin de Ano.

        Pero iso si, Reis non terei, pero xa comprarei algo eu para min :

        PORQUE ME LO MEREZCO!!!

Camino Ferreirós Coto

 

Kalimdor

        Introdución

        Nun pobo ao lado da capital Kalimdor, vivía unha rapaza chamada Dana, ela, ía ver como se adestraba o xefe do clan , chamado Baltasar .

       O pobo onde ela vivía chamábase Rubí pola sobre-explotación de este “material”, que no século l se fixo famoso en Kalimdor.

Cap 1: Quén son ?

        -Ola a todos, o meu nome é Dana, vivo en Rubí a redor de Kalimdor, (aínda que o ODIO por motivos... de raza...).

        Eu nacín en Kalimdor, aínda que os humanos que vivían alí, intentaron asasinar os elfos nacentes, foi algo gravado na escritura (un libro élfico de gran importancia, pois fixoo o primeiro elfo), para a eternidade.

         O noso pobo, un pobo élfico (só viven nel elfos) consta de 3 torres de vixilancia ou de “arquería” feitas de madeira, unha muralla de mais ou menos uns 60 cm. de grosor, feita de pedra amontoadas de calquera forma (nin sequera encaixan ben ).

         O pobo tamén ten un exército co alcume de Os Medialúa, pola forma que tiñan os seus arcos, o meu soño era ir ao exercito e vencer os humanos dunha vez por todas.

Cap 2 : O asalto

        Espertei, levanteime, tomei unhas torradas, e un colacao. Collín o meu arco, e fun a practicar caza de animais con el, se che digo a verdade non me gusta comer carne pero si cazar algún xabaril que anda por aí perdido.

        Esta mañá non encontrei ningún paxaro, ningún xabaril, nin sequera o ruído dun paxariño piando, nin sequera o ruído dalgún orco esperando para atacarme.

        Pasei a mañá alí, pero nada. Cando estaba volvendo, escoitei ruídos fortes que proviñan do poboado, corrín cara ao poboado e nada máis chegar vin unha fumareda tan grande que non a vía acabar.

        Fun correndo máis e máis ata chegar ao poboado, aquilo era nada menos que un asalto, entón collín o meu arco, disparei o primeiro humano que vin pero a frecha nin sequera se cravou na súa armadura, pois caeu ao chan tan só rozalo. O home veu correndo cara a min, eu saquei un coitelo élfico con formas que non se lograban descifrar e intenteillo cravar no pescozo, foi inútil, o coitelo caeu ao chan, o home aproveitou para pegarme unha patada e, lanzoume nada menos que dous metros para atrás, chegou meu irmán e cravoulle unha espada no lombo, unha espada de aceiro e o home caeu. Eu levanteime, e escoitei un grito.

        -Lume, lume!!!!!!!

        Fun correndo cara alí era miña casa e a miña nai estaba gritando, corrín coma alma que leva o diaño. Collina e, cando a estaba sacando por unha ventá (por que a porta estaba atrancada), sentín unha barra de aceiro atravesándome. No costado, un dos homes, que atacaban , cravárame a súa espada, e sacouna firmemente. Ese home era meu pai. Un humano.  Nisto, a miña nai (elfa ) sacou un cristal da ventá e lanzoullo á cara do meu pai. Este, ao xirarse, deulle no cranio, e caeu ao chan. Miña nai levantoume.

        Nese intre, un dos humanos colleu un arco élfico do chan, e lanzoulle unha frecha a miña nai, facendo que caera cara dentro da casa e se queimara. Eu intentei gritar pero a dor só me deixaba que me esvarasen lágrimas cheas de sangue. O home ía dispararme, pero Baltasar cravoulle unha machada en toda a cabeza. Os humanos retiráronse, levando unha satisfacción de vitoria. Cando Baltasar ia acabar co pai de Dana (por certo chamado Herodes,) levantou a súa machada, e Herodes lanzoulle unha pedra a un ollo deixando sen visión . Herodes levantouse e botou correr. Daquela cerrei os ollos.

Cap 3 : Podémolo conseguir

        Espertei. Era un día soleado e estaba contento, pero… acordoume miña nai. Botei a chorar e golpeei a cama tan forte que se rompeu. Fun cara a fóra para ir saudala ao cemiterio da cidade. Cando cheguei alí quedei abraiada. O cemiterio estaba cheo de xente (viva) a chorar, (aínda que nesta batalla non morreran moitos), pois o cemiterio, fora destruído, e os súas tumbas saqueadas. E non so iso, Baltasar morrera. Ao escoitar a noticia, desmaieime da “sorpresa” e ao espertar, aínda estaban todos alí, nin se deran conta da miña presenza eses 5 minutos tirada no chan. Saquei a espada que tiña Baltasar cravada no seu peito, alceina, chea de sangue. Tiña o mango de ouro cun rubí no medio (para a nosa humillación) e o resto de aceiro. Levanteina, subín a unha roca e dixen:

        -Fomos pisados coma gatos, coma se non fosemos mais ca “sapatos”, pero agora imos gañar. Si. Véxovos coa cara que me vería eu se o dixese Baltasar: pensando… esta chavala non está ben da cabeza ou que? si, pode que non estea, pero temos os Medialúa e podemos…

        Escoitei unha voz:

        -E a nós tamén

        Eran os Sanguinarios tamén coñecidos polos Sangr. O Sangr era o exército orco máis forte de todo Kalimdor. Ao parecer enviábaos Throll, o seu xefe, que o saber que seu medio-irmán (Baltasar) morrera as mans dese fillo de p…. de Herodes.

        O pobo aclamou. Sentíame xefa de todos. Desde esa chamáronme Daner, que en élfico significa “ indefensa líder” que ademais pegaba co meu nome (Dana).

Cap. 4 : A vinganza

        Dende aquel día, tiven pesadelos, nos que soñaba que morría miña nai pola miña culpa, por salvarme. Cando chegou o día da vinganza, esperamos o ataque e cando estabamos saíndo do poboado, escoitamos gritos. De 50 aldeáns que quedaban, 20 deles eran uns traidores e estaban atacando. Chegaron os Medialúa pero os humanos xa se esperaban un ataque, (foran avisados polos traidores), os Sangr, xa estaban atacando. Iso era un desbaraxuste. Cando acabamos cos 20 traidores, recibimos un ataque dos humanos cunhas armaduras mais reforzadas. Prendémoslle lume ás frechas. Disparamos todos xuntos pero só caeron ao chan 2 dos 150 humanos. Volvemos disparar e o lume propagouse facendo que caeran uns 12 mais, e unha frecha doulle na cara a un inimigo. Os inimigos empezaron a correr contra nós. Eu saquei o coitelo xa amañado e craveille tres veces no pescozo. O humano caeu morto. Saquei, outra vez o arco, apuntando cara a Herodes. Ao disparar a frecha, non sei como, este partiuna a metade cunha espada que parecía de diamante, pero non o era. Intentouma cravar pero eu apartei rápido e metinlle co cóbado na cara, rompinlle o nariz. El aproveitou e cravoume a espada pero sen forzas (polo nariz que lle fixera que se llas quitase). Eu collín o coitelo e craveillo na barriga e Herodes, caendo o chan, díxome

        -Filla miña, por que en vez de matar o teu pai non miras detrás?

        Non me deu tempo a xirarme. Metéranme unha patada no costado. Chegou Throll con algún reforzo e dixo que unha parte de Kalimdor esta conquistada. Eu sorrín e Throll botou rápido a todos, menos a Herodes, tirando o seu corpo, barranco a baixo.

        Collín o meu exercito, o pouco que me quedaba, e fun atacar. Había 6 torres de arquería e muros de aceiro, xamais visto!! Aínda que eran pequenos.

        Saltámolos e empezou o ataque, pensei en miña nai dándome unha rabia… mentres pensaba, intentaron cravarme un coitelo no pescozo, pero collinlle a man e pensando en miña nai, retorcinlla, e, non sei como, boteino polos aires. Throll andaba a competir co meu irmán a ver quen mataba mais e, mentres, eu avancei, matei aos gardas. A xente que non estaba na guerra, pero eran do equipo contrario, marcharon, ganaramos a guerra, e vingara á miña nai.

        E así gañou Daner Kalimdor, pero hai algo do que non se deu de conta o poboado, Herodes morrera? Non, contemplaba a batalla, ríndose, dos mortos. El aliarase con Marcos (rei morto vivinte), tamén coñecido como Condado, que nese momento xa estaba ao seu lado. Condado dixo:

        -Cada morto aquí servirame para a próxima batalla

Gabriel Figueira Núñez

 

A CLASE PERFECTA

En 2º E de ESO dun instituto, toda a clase estaba chea de nenos e nenas que non tiñan modais, gritaban, pelexaban, empurrábanse...

A súa titora non sabía que facer.

Intentara todo, meterlles castigos, chamar aos pais...

Nada tiña solución. Ata que encontrou un anuncio en internet que dicía:

"Ten problemas para dar a clase nalgunha aula?

Os seus alumnos berran, e é imposible que aprendan?

Chame ao Profesor Pardal!

Só ten que deixalos con el unha hora, e volveranse Santos".

Ese anuncio convencérame, e chamei. Despois dunha hora éste xa estaba no instituto.

O profesor era moi estraño levaba unha capa verde, un sombreiro a xogo e un maletín, igual que un mago.

Miroume, e preguntoume onde estaban os nenos e nenas que tiña tratar. Dirixinlle a clase e pechei a porta.

Estaba dos nervios, non sabía que podía pasar.

Estiven escoitando cinco minutos os berros normais da miña clase ata que de repente non se oíu nada. Despois doutros cinco minutos aparecía o profesor pola porta, e finalmente marchou de alí.

Entrei na clase, todos estaban facendo deberes ou estudando. Aquilo era impresionante! Nunca vira aos meus alumnos calados, e moito menos estudando.

Fun correndo, escaleiras abaixo a ver se encontraba ao Profesor Pardal.

Tiña que saber o segredo! Dura para sempre? É parcial?

Tiña tantas dubidas...

O malo é que non o encontrei.

Mirei en internet, nada...

Chamei, nada...

Busqueino, nada...

Preguntei, nada...

Non o volvín a ver dende aquel día. Pero a boa noticia é que ao parecer o efecto dura para sempre.

Os nenos e nenas son eles mesmos pero cunha versión máis tranquila e traballadora.

Unha clase perfecta...

Diana Ramos Torrado

 

O MELLOR NADAL

        Esta é a historia de Valeria unha rapaza de 15 anos que estaba pasando por un momento malo e estaba bastante deprimida ata que chegou alguén misterioso e cambiou a súa vida por completo...

        Os sucesos comezaron cando Valeria cumpriu os 14 anos.

        Na semana Seguinte,  anunciáronlle que seu pai tiña que marchar para Francia xa que  onde vivían non había traballo e tiñan apuros económicos. Ela non o aceptou ben pero ía vivindo normal .

        Pasados 6 meses súa nai enfermou de cáncer e ela púxose moi triste.

        Estivo case os seis meses seguintes chorando todo o día.

        O tempo pasou e chegou noiteboa . Valeria foi cear á de seus avós.

        Mentres estaban ceando, súa avoa mandouna ir buscar unha botella de auga ao trasteiro, viu unha foto de seu pai e súa nai xuntos comezou a chorar e dixo:

        -Porque me pasa isto a min. Eu quería ter a miña nai sa e a meu pai aquí, xa que os necesito máis que nunca porque a parte de que non están ao meu lado, miña nai porque non ten enerxías, no instituto pásoo fatal xa que suspendo moitas.

        Ao día seguinte a súa nai tocáballe revisión e foi ao hospital. Déronlle a mellor noticia que lle podía dar, superara o cancro. Xa non estaba en risco, podía vivir felizmente. Valeria púxose moi contenta porque a parte deso seu pai chamouna e díxolle que o trasladaban para alí que podía estar con elas todos os días e así pasou.

        Que puido ocorrer para que isto pasara , non se sabe pero o Nadal é máxico e ata as cousas máis fantasiosas poden ocorrer

Paula Ordóñez Castro

 

O NADAL

        Encántame o Nadal son as festas que máis me gustan, menos por un motivo. O día de Nadal, ceamos meus pais, meu avó, meu tío mais eu na casa do meu avó. Cando acabamos, imos para Taragoña e durmimos. Á mañá esperto e o primeiro que fago e baixar a abrir os regalos e logo ir a todas as casas.

        E logo, o día de Fin de Ano ceamos na da miña avoa e imos para a casa. O día de reis facemos o mesmo, cenamos na miña casa todos xuntos, e á mañá seguinte o primeiro que fago é ir abrir os regalos a todos os sitios. Así é o meu nadal.

Nazaret Costas Campaña

 

 O ROSCÓN

        O día 6 de xaneiro, en Galiza acostúmase a comer o roscón de reis. É unha rosca, só que polo medio ten unha faba é un rei. Si che toca a faba, tes que pagar a rosca; e, si che toca o rei, pos a coroa que acostuma a traer a rosca. Na miña casa ese día sempre a comemos, estamos intrigadísimos a ver  a quen lle toca a faba para rirnos un pouco, pero cando sae o rei antes cá faba, comemos con medo por si anda a faba por aí  cerca. E si é a faba xa saíu, pois estamos contentos e esperando a que nos toque o rei.

Clara Figueira Eiras

 

LOTERÍA

        Fai dúas semanas funme de vacacións a Madrid a visitar a uns curmáns meus. Eles xogan moita á lotería, pero a min recórdame a un mal trago da miña infancia, xa que no pasado na miña casa pasábase moita fame e os poucos cartos que tiña meu avó gastábaos no xogo. Meus curmáns convencéronme para que comprara un boleto na tenda na que o comprara o ano pasado. E ben, pois por imaxinarme que tocaba, compreino. Meus curmáns dixeron que eles non o compraban pero que querían que eu o comprara eu para ter un recordo deles.  Daquela tiña o voo reservado para o dia 24, pero, como podedes ve,r xa estou na casa porque hai unha semana informáronme que miña irmá acababa de ser mamá polo que cambiei o voo para coñecer ao novo pequeno da familia.

        O dia 22 pola mañá miña nai estaba mirando todos os boletos que comprara ela, que eran moitísimos! Pero eu estaba tan ilusionada co pequeno da casa que o último que se me ocorría era mirar o boleto que comprara en Madrid.

        Ás sete da tarde, máis ou menos, estaba facendo durmir ao meu pequeno sobriño e, nese momento, sóame o telefono. Eran meus curmáns de Madrid,  collín o telefono moi enfadada xa que me espertaran ao neno cando xa case estaba durmido. 

        Dixéronme que o meu boleto estaba premiado, que me tocara o GOOORDOOO!!!!!!!

        Propúxenme inverter os cartos, comprín unha casa cunha  piscina fermosísima, un coche e o resto metinos no banco para futuros gastos.

        Todo o mundo me dicía que fora de viaxe, que si comprara un móbil mellor, que si unha casa mais grande, que si deixara de traballar.

        Non tiña ganas ningunha de deixar o meu traballo de mestra que me encanta. E, si, igual tiña pensado cumprir un capricho no futuro, pero non para a min, podíalle comprar por Reis a meu sobriño un regaliño un pouco máis caro da conta ou pequenos detalles dese estilo e todos os cartos desaparecerían porque todo o bo logo se acaba.

        Parecíame que estaban moi ben investidos !!! XD

Laura Sobradelo Nine

 

TOCOUME A LOTERIA

        Este ano, na miña  casa compramos 7 décimos de lotería. Eran o 39007, o 78000, o 97834, o 17527, o 33318, o 69987, o 83541, e tivemos unha sorte grandísima porque o 97834 foi o gordo, e os outros premios foron segundos, terceiros, cuartos e quintos. Tanto que nos convertemos nuns millonarios. E nunha situación tan actual na que estabamos, os máis de 10 millóns que nos tocaran serviron para pagar facturas, facer amaños pola casa e investíronse 1200  euros nun novo televisor de 60 pulgadas con todos os adiantos habidos e por haber.

        O 22 De Decembro de 2014, foi un día que ninguén de nós esperaba. Sempre nos tocaba a típica pedrea de 10 euros ou cousas  así. Celebrámolo por todo o alto; era un toque final boísimo a un regular ano que se pasou. Había máis premiados con este número en toda a vila de Rianxo.

        O día que cheguei ao instituto, xa en xaneiro, todos me felicitaban. Os alumnos e alumnas da miña clase estaban a maioría felices, xa que lles tocara un quinto premio.

        Foi un gran Nadal 2014-15!

Sergio Somoza Tubío

 

BANCOS LADRONS

O vinte e dous de decembro tocoume a lotería, así que estaba moi alegre ,estaba pensando en que iria gastando o diñeiro ,pero pensei que antes debería cobrar o boleto. Á volta gardei o diñeiro no banco. Uns días despois,  chegoume unha carta de facenda  :
 -Estimado señor : Como gañou moito diñeiro terá que pagar cen mil euros ó mes ata que se lle acabe o diñeiro do boleto.
  Menudo timo!  Aínda que, por desgraza, a banca sempre gaña.

Mais pensei :
- Se me gasto todo o diñeiro, a banca non mo pode quitar

Adrián Cháves Gómez

 

HIPÉRBOLES 1º D

Este rapaz é tan pequeno coma a miña axenda

Era tan listo que lle tiveron que facer unha ampliación de cerebro

Era tan fraco que parecía unha planta medrando

Ocupa tanto coma o pelo dun calvo

Era tan fraco, que limpaba mangueiras por dentro.

Foi un verán tan quente, que as galiñas poñían os ovos fritidos.

Era tan pequeno, que durmía nunha caixa de mistos.

Era tan baixo que, cando cuspía, tiña que subirse a unha cadeira para non afogar.

Era un neno tan parvo, que o mandaron a por leitugas e non mercou ningunha porque estaban todas verdes.  

Era tan curto que collía dentro dunha lámpada e aínda non tocaba arriba.

Era fraco coma un palillo para pinchar olivas.

Era tan gordo coma un elefante.

Era tan pequeno que se sentaba nunha moeda e non tocaba cos pés no chan.

Era tan alto que si daba un salto queimaba o pelo cos raios do sol.

O verme era tan longo que a súa casa baixo terra comezaba en Rianxo e remataba en Padrón.

Era tan fraco que si se poñía de perfil non se distinguía da paisaxe.

Era tan gordo que para dar unha volta completa arredor súa facían falta 90 días.

E tan pequeno que as formigas podían esmagalo.

E tan fraco que semella un espaguete.

Era tan alto que cando se levantaba a xente gritaba : Eclipse, eclipse!

Era tan pequeno que cabía polo oco do ascensor

Era tan fraco que cando abriu a venta da súa casa afastouno a corrente de aire

Era tan baixo que lle cheiraba a cara a pés.

Era tan gordo que a xente engorda só de velo.

Era tan parvo que lle poñía selos aos gmails.

Era tan fraca que comía un chícharo e parecía que estaba embarazada.

Era tan gordo que se apuntou a clases de canto porque non cabía dereito pola porta.

Era tan gordo que era mas fácil saltalo que rodealo.

E tan alto que se estaba en Rianxo podía ver o tempo que facía en Leiro

E tan pequeno como un pelo dun calvo

Era un camiño tan longo e con tantas curvas que se o poñías dereito daba a volta ao mundo tres veces.

Era tan pequeno que cando quería cambiar a hora do reloxo tiña que meterse dentro e darlle a volta as agullas con todas as súas forzas.

        

DESDE A VENTÁ

        Pola fiestra da miña habitación podo ver moitas cousas.Se miro de fronte podo ver o bosque, as casas da aldea, máis a zona do Barral.Se miro cara á esquerda, podo ver as casas dos veciños, e se poño moita atención á paisaxe, vexo os montes da Aldea de Asados, situadas na parte norte.

        Se miro cara á dereita podo contemplar moitas aldea, e un cacho do monte preto ao IES Félix Muriel.

        A paisaxe que vexo dende a miña habitación é moi natural, con moitas árbores e casas.

Sergio Somoza Tubío

   

 DESDE A VENTÁ

        Estou facendo os deberes, cando de repente, escoito un can ouveando. Miro a través da fiestra e fíxome na paisaxe; vexo varias casas á beira dun camiño bastante transitado.Ó lonxe atópanse unha montañas.

        Abro a ventá ; non fai frío, ó contrario, quenta o sol. Podo distinguir varios sons; os paxaros cantando, os cans ladrando e o gato da veciña miañando.

        Hoxe fai moi bo día así que decido deixar os deberes e ir dar un paseo

Silvia Casal Lodeiros

       

       Había unha vez un neno que vivía en Rianxo. Acabou o curso e chegou o verán, pero non o gozou por culpa da chuvia. De cando en vez ía á praia para estar cos seus amigos e, cando non facía sol, ía ao parque á xogar.

        Ao chegar a Guadalupe (unhas festas que se celebran en Rianxo)comezou a chover de novo, foi horrible. Non se podía meter en case ningunha atracción, pero cando entraba nunha gozaba moito, coma unha vez que se metera nunha chamada “Jumanyi” e xusto comezara a chover e non cesou ata que acabou a atracción. Ben, continuemos.

         Ao comezar o instituto, as chuvias cesaron, o que alegrou un pouco ao neno, pero o mellor aínda estaba por suceder.

        Case todos os profesores lle caían ben, aínda que algunhas clases eran aburridas. Pero iso non lle importaba.  

        Ía dar o máximo por sacar boas notas  triunfar ni instituto e conseguir un bo traballo co que alimentar á súa hipotética familia. Espero que se cumpran estes desexos, pois por culpa da crise todo iso vai ser máis difícil. Espero que alguén sexa capaz de parala.

Raúl García Ferrerio

TODO NA TÚA MAN

 

O meu verán concentrouse en xogar cos meus amigos e ir a clases de vela.

Neste tempo o que máis me gustou foi saltar dunha rocha ao mar cos meus amigos, xa que daba un subidón de adrenalina.

Mentres que polas mañas ía co meu amigo Óscar a aprender a navegar en barco de vela e coñecer a outra xente.

Entre saltar, xogar ao fútbol e vela o único que facía era deporte ata que chegou a “Guadalupe”, a máis chuviosa dende que nacín.

Para min esta Guadalupe foi das mellores, por non dicir a mellor; paseaba e xogaba cos meus amigos continuamente.

Por non falar das orquestras que tocaban e cantaban.

Desta vez aprazouse o Feirón para o domingo; o día anterior ao primeiro día de instituto.

Para min foi entretido!!! xa que todos iamos disfrazados por todas partes.

Agora que estou na miña primeira semana de instituto todo cambiou para min e penso isto :

  Dende que estou aquí noto millóns de cambios xa que hai diferentes profesores, coñecemento do medio esta dividido en dúas partes, naturais e sociais, hai dous recreos e sobre todo o cambio repentino de ser os máis maiores a os máis pequenos.

“Encántame” o instituto, e a materia que máis me gusta é educación física polo dura que é.

A partir de agora para min o instituto é un reto que teño que superar para ter un traballo co que manter á miña familia e á xente que queira nun futuro .

A pesar de que non haxa traballo pola crise sacando unha boa nota e con moita sorte podo asegurarme que podo ter un traballo porque todo ten unha SOLUCION.

Raúl Rey Somoza

AS NOSAS VACACIÓNS

     Este verán choveu moito, pero aínda así gozamos e fomos á praia.

     Chegou a Guadalupe e aínda que choveu moito todo o mundo o pasaba ben nas atraccións e no campo da festa.O ultimo dia de Guadalupe foi o día que mellor o pasamos, aínda que houbo un problema coas bengalas.

      Despois de todas as vacacións chegou o día da presentación.Todo o mundo estaba moi nerviosos por saber quen eran os nosos compañeiros e profesores.Todo o mundo quedou moi contento ao saber quen eran os seus compañeiros.                                                                                                                 A diferenza do colexio ao instituto é que hai máis profesores e todos son moi diferentes. Tamén pasamos de ser os maiores do colexio a ser os máis pequenos do instituto.As materias son máis e, máis difíciles como por exemplo: ciencias naturais, ciencias sociais e francés.

       Esperamos pasalo moi ben durante todo o curso.

                                                   Silvia Rial Fachado  & Laura Fernandez Dieste