VOLVERÁS, GOLFIÑO
Andrea Maceiras
1.- Iris Hull |
10.- Algas na gorxa |
2.- A luz de Cabo Vilán |
11.- Sombras no faro |
3.-A Costa da Morte |
12.- O son das badaladas |
4.- Unha chave dourada |
13.- Dúas campás para unha igrexa |
5.- O misterio de T. Lang |
14.- Un pouso de negrura |
6.- HMS SERPENT |
15.- Segredos submarinos |
7.- A maldición do meu nome |
16.- O cemiterio dos ingleses |
8.- Contos para durmir os nenos |
17.- Volverás golfiño |
9.- Mascarón de proa |
1.- Iris Hull -Onde estaba escrito o nome de Iris Hull? -Onde se atopaba ese obxecto? -Como descubriu o secreto do avó? 2.- A luz de cabo Vilán -Na casa dos avós a nai recupera unha afección, cal é? -En que lugar lle gusta realizala? -De que falan a nai mais Iris? -A onde van ir a próxima vez? -Que pensa Iris mentres vai para a casa do avó? 3.- A costa da Morte -Como foi o reencontro entre Iris e o avó? -Onde estaba a casa? -Cal foi a súa profesión? -Por que se preocupa Iris pola nai? 4.- Unha chave dourada -Como descubriu a chave? -Como reaccionou Breixo? -Que merenda especial lles tiña preparado o avó? 5.-O misterio de T.Lang -Que usaba para recorrer a zona? -Que sitios visitou? -Como era o faiado? -Que sensación tivo Iris o ler un nome? -Por que tivo que baixar? -Como pasou Iris a noite? -Que descubriu no debuxo de súa nai? -O avó fala do Prestige, que pasou con este barco? -Hai unha zona de Galicia que se coñece co nome da “Costa da Morte”, a que se debe este nome. -Que zona comprende? -As súas vilas máis importantes son… -En moitas zonas “escóitanse” campás os días de tormenta, que pasa na Punta do Boi. 7.- A maldición do meu nome -Iris esperta de noite, a onde vai? -Que pesadelo ten? -Onde esperta? Con quen fala? 8.- Contos para durmir os nenos -Que descobre na Biblioteca do avó? -Era de noite cando os pais de Iris e Breixo regresan á casa, que lle amosa Iris a súa nai? -De que se entera? 9.- Mascarón de proa -A nai de Iris ten que levar ao avó ao médico, para que aproveita Iris a ausencia da familia? -Que lle pasa na praia do Trece? -Cando volve da praia, a onde vai? -Que lle conta Elvira da familia do avó e dos naufraxios? -Que un mascarón dun barco? Viches ou coñeces algún? |
10.- Algas na gorxa -Como se encontra de novo con Thomas Lang? Que lle reprocha? -Que lle comunica Thomas Lang? -Que novas hai sobre o IRIS HULL? -Iris volve ao Cabo Vilán, que descobre da familia de Thomas? 12.- O son das badaladas -Na mente de Iris aparecen unha serie de imaxes, de que forma se producen? -Que lle conta Thomas? -Elvira visita a casa do avó de Iris, cal era o motivo? -Para que empregaban as campás nos barcos? -Que era o City of Agra? Que lle pasou? 13.- Dúas campás para una igrexa -Iris, o avó mais Elvira visitan unha igrexa, de que se entera? -Con quen fala iris despois da misa? Que lle conta? -Que descobre Iris desde o dique? - Quen era Man? Que se conserva del? 14.- Un pouso de negrura -Iris vai ata a praia do Trece onde se encontra con Thomas, que había na area? -Que se pregunta Thomas? -Que significado lle dá Iris ao baúl? -Que lle pregunta a nai de iris ao pai esa noite? 15.- Segredos submarinos -Unha mañá, na que Iris estaba traballando coa nai no xardín, vaina buscar o avó, con que intención? -Con quen se encontra no peirao? Que fan? -Na bodega do barco hai un obxecto, que descobren nel? -Aparece Thomas e coñece novas do seu irmán, de que maneira o fai? -Que referancia hai ao HMS no álbum do avó? 16.- O cemiterio dos ingleses -Onde está situado? -Cal é a súa función? -Iris fala con Antón, un amigo do avó e de Elvira, que lle conta do cemiterio? -Thomas encontra unha explicación á súa permanencia naquela zona, cal é a razón? 17.- Volverás, Golfiño -Iris regresa ao Instituto, que estudos fixo.? -Anos despois, con quen se reencontra? -Unha noite Iris volve á praia do Trece, cal é o motivo? -Moitas veces as desgrazas fan que se cambien determinadas normas: -Que pasou despois do naufraxio do HMS Serpent? E do Prestige? -Coñeces outros cambios da normativa despois dun accidente? -Que faros existen na actualidade na "Costa da Morte"? -Cal está situado máis ao occidente de Galicia?´E da Península Ibérica? -Oíches falar dalgún naufraxio na Ría de Arousa?
|
|
|