PEDRÓN DE OURO 2013
Mantedor: Xosé Luís Axeitos Agrelo
Desde fai case cincuenta anos a Fundación Pedrón de Ouro, acollida nesta
casa de todos que é a Casa de Rosalía, a casa da nación, ven
distinguindo e agasallando a patriotas galegos que comparten a conciencia
histórica de construír un país que se chama Galicia. Foron moitos os
escritores, historiadores, músicos, periodistas, intelectuais, profesores
que foron convocados neste mesmo marco para recibiren o Pedrón de Ouro e
o Pedrón de Honra pero este ano de 2013 ten algo de especial. Coido que
non foi o azar dunha confluencia astral quen posibilitou que este ano
coincidan como premiados, nesta data emblemática do sesquicentenario de Cantares Gallegos, xentes que se decataron da existencia doutra
cultura, a cultura popular como instrumento pedagóxico e como instrumento
normalizador fronte da cultura oficial. Isto representan o Grupo Airiños
e Dorothé Schubarth, hoxe premiados grazas á intelixencia dos membros da
Fundación Pedrón de Ouro.
Na liña da nosa mellor tradición fundacional, representada polos Cantares
Gallegos de Rosalía, os hoxe premiados tamén atoparon a súa mellor
expresión na lingua e na canción popular, digna herdanza do pobo galego.
A lingua, as lendas, as cancións foron sempre un auténtico tesouro
espiritual de Galicia que se encarnaron nos orfeóns, e nas agrupacións
folclóricas. E neste proceso van xogar un papel fundamental as artes escénicas,
capaces de reunir música, canción popular e lingua como espectáculo didáctico.
En Galicia a música e o teatro foron durante moito tempo o libro dos
pobres e os orfeóns e agrupacións folclóricas, auténticas escolas
nacionais que nos guiaron cando estabamos orfos de institucións que
poideran tutelar a nosa cultura nacional. O pobo, unha vez máis, e non as
institucións oficiais, responsable e valedor do noso porvir.
Por este motivo non deixa de resultar reconfortante e sinal de fecundo
futuro que hoxe a Fundación do Pedrón
de Ouro premie a un grupo de teatro popular e a una etno-musicóloga,
que é tanto como dicir que resulta galardoada a nosa mellor tradición
cultural encarnadas respectivamente no Grupo Teatral Airiños e en
Dorothé Schubarth
O Grupo Teatral Airiños é un
auténtico luxo cultural para este país. Para una nación negada históricamente
como é a nosa, ter un grupo teatral que
conta con oitenta anos de idade non deixa de ser un caso de supervivencia
digno de ser estudado. Todo comezou arredor dun grupo de mozos afiliados
á Federación das Mocidades G
Porque non resultou doado sobrevivir a unha guerra civil, a unha dictadura
de ferro perseguidora da cultura galega, sen axuda
institucional. Esto non sería posible sen a colaboración e a acción dun
pobo, a aldea rianxeira de Asados, que colectivamente soubo beber nas
nosas mellores fontes ideolóxicas e culturais, prestando especial e
singular atención ao teatro tanto pola súa efectividade normalizadora
como pola súa capacidade comunicativa e crítica de cara á educación
popular. Se durante o século XIX foran intentos illados por parte de
Francisco Mª de la Iglesia, Lugrís Freire, Armada Teixeiro ou Nan de
Allariz, entre outros, a partir da fundación da Escola Rexional de
Declamación (1903-1905), presidida por Galo Salinas, comeza unha andaina
que culmina coa integración nas estructuras culturais das Irmandades da
Fala e da súa Escola Dramática Galega (1922-1926), antes denominada
Conservatorio Nacional de Arte Galega (1919-1922). Dabondo significativo
é que sexa unha obra de Xavier Prado Rodríguez (1874-1942), destacado
militante do rexionalismo e das irmandades da Fala, máis coñecido como
Prado Lameiro, “A retirada de Napoleón”, coa que se presenta en 1933
o grupo Airiños; a mesma relación coas Irmandades teñen Roxelio Riveiro
e Telesforo Sestelo, autores dunha das
obras máis representadas polo grupo, Na
casa do ciruxano. O anoamento coas Irmandades da Fala e co seu ideario
queda marcado non só filiación galeguista dos autores e as máis de
cuarenta obras representadas ó longo deste oitenta anos senón pola
fidelidade á lingua galega, pola defensa dos símbolos da nación e pola
solidariedade festiva e entusiasta de toda unha aldea, a parroquia
rianxeira de Asados, hoxe aquí homenaxeada en pé de igualdade co grupo
de teatro.
A estas lealdades nacionalistas de Airiños
teremos que engadir a vocación pedagóxica achegada polos mestres
institucionistas Xosé Losada Castelao, Manuel Rodríguez Castelao ou o
cormelán Manuel Cruz Centeno, que aspiraban co seu maxisterio a “facer
homes” e mellorar a sociedade. Este mesmo lema e aspiración chegará a
Rianxo no ano 1933 da man de Rafael Dieste, xefe do grupo das Misións
Pedagóxicas que percorreu Galicia con afáns rexeneracionistas. Fixo
chegar a Rianxo o seu grupo misioneiro, no que figuraban Otero Espasandín,
o pintor Lugrís, Ramón Gaya e Valdelomar, en plenas festas de Guadalupe,
no segundo domingo de setembro. Unha foto memorable, cos irmáns Ínsua,
Bal y Gay e Rafael Dieste inmortaliza esta visita na porta da taberna dos
Pérez na rúa de Abaixo.
Desde que se funda o grupo en 1933, a poboación da aldea flutúa
entre os mil e mil
quinientos habitantes de hoxe, aproximadamente. Pois ben, Airiños
incorporou un total de 238 persoas das que 156 foron actores e
actrices, 22 entre cantautores, coristas e asesores musicais; 10 escenógrafos,
pintores e deseñadores; o resto, efectos especiais, efectos de voz,
maquilladores, etc. Hoxe faltan un total de 50 persoas, que foron no seu día
personaxes entrañables, entre eles Ramón Pimentel Castaño, director,
actor, responsable do vestiario e alma e inspiración do grupo,
Ramón Carou (Antón no Rey
da carballeira e Mingos Na casa
do ciruxano) e tantos outros). Vaian estas palabras epistolares (xaneiro
de 1950) de Rafael Dieste, dirixidas a Marcial Romero, ferreiro de profesión,
e que axudara ó escritor cando este representou en Rianxo, en decembro de
1935, A Fiestra Valdeira, para
mostrar o espíritu e entusiasmo fraternal que imperaba no grupo e sirva
tamén de homenaxe ós falecidos:
Ademais –dille
nostálxico desde o exilio parisino- volveríamos
a poner en pé a nosa gran
compañía de teatro, da que teño unha marabillosa lembranza. Teño
visto, claro, teatros máis grandes e con máis luxosa tremoia; pero máis
puros, que poidan como aquel competir coa gracia dunha gaivota ou un ramo
de coral, podes ter a seguridade de que aínda non.Non hai director que
poida conseguir a forza de estudos e de experimentos o que nós tiñamos
daquela: unha inocencia portentosa e unha amizade sen tacha, mecidas polo
mesmo mar e polas mesmas lembranzas. ¿Volveremos a facer aquel teatro?
Non sei, non sei. Quizais romperíamos a chorar no momento do reparto ó
botar de menos a “Don Miguel” e ó que subía e baixaba o pano con
tanto gravidade e ó director da nosa orquestra
a tantos compañeirros que faltan…
Trazar a biografía do cadro artístico non é tarefa doada porque a
mellor documentación na que apoiarse é de natureza oral e está
espallada e repartida entre os centos de horas de conversas e vagar entre
actores, nos ensaios demorados e nas demoradas reunión suscitadas. De
calquera xeito, seguindo e ordenando os datos q
Grazas ó teatro a nosa aldea era unha parroquia, coma outras moitas,
normalizada onde todos os vecinos facían vida en galego, almorzando polas
mañáns cedo, traballando, xantando e ceando, xogando en galego e divertíndose
en galego. A anormalidade soamente se atopaba na escola e na igrexa,
representacións do poder dominante e alleo. O teatro era a contracultura,
a pedagoxía necesaria onde eses poderes dominantes eran ridiculizados
porque nas obras que se representaban sempre saían malparados os que non
compartían o idioma e costumes populares. Desafortunadamente hoxe, no século
XXI, estamos a combater os mesmos problemas de desnormalización por parte
dos poderes públicos e dos facedores de decretos que queren converter a
escola pública en poleiros para galiñas de fóra. Son os normalizadores
contra a normalización, a maior aberración cultural que padeceu
Galicia en todos os tempos.
Unha segunda etapa do cadro artístico
hoxe premiado (1948-1981), será a que comeza en decembro de 1948, data da
inauguración do cine El Centro de Asados que mellorará toda a
infraestrutura necesaria para o desenvolvemento das representacións
teatrais. Este local, con capacidade para máis de trescentas persoas
incorpora novas xeneracións e ampliará os horizontes dos espectadores e,
xa que logo, da súa labor pedagóxica a prol do galego e da construcción
do país.
Importante será nesta xeira a audacia de atreverse coa obra de Rafael
Dieste A fiestra valdeira que
supón un chanzo cualitativo moi relevante porque coincide co regreso do
seu autor do exilio despois de máis de vinte anos. A representación
desta obra supón un reencontro ideolóxico de gran trascendencia no grupo
Airiños. Os exiliados, que
foran expulsados da historia cultural de Galicia, estaban confundidos, na
súa obrigada ausencia, cos emigrados e a presenza de Rafael Dieste
resulta clarificado
A terceira etapa da biografía (1981)
do Grupo Airiños coincide co declinar do cine de Asados, marco histórico
e emblemático, e coa inauguración do Centro Cultural Simón Varela, que
vai acubillar ó grupo artístico ata os nosos días. Tres fitos
importantes singularizan esta etapa: a representación de Os
vellos non deben de namorarse de Castelao, a creación do Grupo de
Teatro Infantil e Xuvenil en 1982 por Ramón Pimentel e a fundación, en
1998 da Escola de Teatro Airiños baixo a dirección de
X. Antón G. Vilariño.
Será tamén nesta etapa cando se incorporen ó repertorio da compañía
diversas obras da autoría de Xesús Santos, máximo animador do grupo
xunto con Ramón Pimentel. Concretamente no ano 1900, con ocasión do
centenario de Manuel Antonio, represéntase Un ronsel de estrelas, obra que completa a homenaxe á trindade
cultural rianxeira: Castelao, Dieste e o autor de De catro a catro.
Pero a singularidade desta etapa está na intelixente decisión de poñer
a dirección do grupo nas mans de Esther Carrodeguas, unha aposta de
futuro que está sendo xa visible na dinamización de Airiños.
A acción do cadro artístico Airiños non se ten limitado nestes oitenta anos de vida á
representación teatral; promoveu homenaxes, lembrou efemérides,
organizou recitais poéticos, colaborou en series culturais na Televisión
galega contribuíndo deste xeito á vertebración cultural da comarca e
promovendo a transformación social da comunidade en que se asenta. As
actividades de Airiños, en fin, foron e seguen a ser lugar de encontró e
comunicación fomentando a capacidade lúdica dos seus componentes,
favorecendo o intercambio de ideas e poñendo á xente en contacto con
novas realidades. Cada posta en escena está a lembrarnos que a lingua foi
e será sempre do pobo que a constrúe e non das institucións que a
utilizan para o seu medro e beneficio. Como
veciño de Asados soamente me compre agradecer aos membros da Fundación
Pedrón de Ouro o Premio outorgado e darlle os parabéns a toda esta nosa
familia de Airiños que nos
enche de orgullo e nos permite dicir que ser de Rianxo é unha maneira moi
singular de ser galegos. Moitas Grazas. Dorothé Schubarth
A valiosa obra de Dorothé Schubarth temos que inscribila no
ronsel dunha longa tradición de revalorización e recompilación de
cantares populares galegos, que comeza cos ilustrados bieitos Sarmiento e
Sobreira e que terá doados continuadores durante o século XIX con Murguía,
Marcial Valladares, Saco Arce e, moi especialmente Pérez Ballesteros co
seu Cancionero popular gallego.
No século XX continuouse ese labor de recompilación da cultura popular,
centrándose moitos dos colectores nun concello ou nunha comarca. Mostra
disto son as Cántigas populares da Arousa (1931) de F.
Bouza Brey, a Antífona da cantiga de Ramón Cabanillas ou os Cantos
de nadal, aninovo e reis (1967) de X. M. Álvarez Blázquez, o Cantigueiro
popular da Limia Baixa (1973) de Xaquín Lorenzo.
Pero deixando outras moitas iniciativas escolares e mesmo a obra
interdisciplinar Terra de Melide(1933), publicada polo Seminario de Estudos Galegos,
o primeiro gran cantigueiro musical galego é obra de Casto Sampedro
(1846-1937), gran musicólogo e director primeiro
do Museo de Pontevedra. A súa obra, publicada póstuma por
Filgueira en 1942, recolle 473 melodías.
O segundo gran cancioneiro, publicado en 1973, é obra do ovetense Eduardo
Martínez Torner e do galego Xesús Bal y Gay. Contén unhas mil melodías
e recolle material recompilado entre 1928-1932.
Son 6 volumes de melodías e letras —acompañados dun vol. VII de táboas
sinópticas e índices—
nos que se transcriben 920 melodías e 4.450 letras diferentes, que en
realidade son unhas
2.000 melodías e ben máis de 10.000 letras, de térense en conta as
moitas variantes
igualmente publicadas. No prólogo do vol. I o musicólogo J. López-Calo
salienta a orixinalidade da clasificación realizada á vez que
cualificaba este Cancioneiro como «la máxima
aportación jamás intentada hacia la conservación y conocimiento del folklore
musical de Galicia».
Dorothé Schubarth, que desde 1971 era catedrática de harmonía e
contrapunto na Akademia fur Schul und Kirchenmusik de Lucerna, chegou a
Galicia en 1978, o mesmo ano da
publicación de Das Volkslied in Europa. Vielfalt seiner
Erscheinungsformen, monografía na
que Schubarth analizaba o canto popular europeo e a diversidade das súas
formas. Despois de andar pola Serra de Gata, a onde acudira para intentar
estudia-lo folclore andaluz, afincouse en Galicia que, a xuízo de Eduardo
T
En xullo de 1978 acudiu a un curso de lingua galega que impartía Antón
Santamarina, co fin de
perfecciona-lo galego, que xa coñecía despois de meses percorrendo
lugares da montaña
oriental lucense recollendo contos e cántigas.
O corpus do Cancioneiro de Schubarth e Santamarina foi recollido en
82 concellos da Galicia
administrativa (27 da Coruña, 19 de Lugo, 10 de Pontevedra e 26 de
Ourense) e en 13 concellos das comarcas estremeiras de Asturias, León e
Zamora de lingua e cultura galegas (4 da Terra Navia-Eo, 8 dos Ancares
orientais e do Bierzo occidental e das Portelas). Nos cantigueiros de
Casto Sampedro e de Torner e Bal a «Galicia irredenta» dos vellos
galeguistas quedaba excluída.
Dorothé, falante galega, visitou (valéndose sempre de transporte público)
lugares ás veces moi illados na procura de informantes que aínda mantiñan
na memoria as melodías coas que se acompañaban en moitos dos seus duros
traballos ou coas que alegraban a súa nada doada existencia. Participou
en xuntanzas dos veciños onde as cantigas saían conmaior naturalidade e
aprendeu a tocar e a cantar coma as persoas que lle serviron de
informantes, acompañándoas moitas veces nos seus labores.
Na nómina de informantes, á parte da información sobre os anos e
profesión, a localización (aldea, parroquia, concello) e o ano de
gravación, hai indicació
A ordenación do material en seis volumes está baseada en criterios
literarios. As melodías do vol. I están dedicadas a labores e a oficios,
como maza-lo leite, pastoreo, arada e outros
labores do campo, seitura, sega, liño... mentres que as letras (coplas fundamentalmente)
dese volume comprenden practicamente todo o xeito de vida da Galicia rural
tradicional, practicamente hoxe inexistente.
O vol. II está dedicado ás festas anuais (nadal, reis, maios), a
aspectos da vida de Xesús
(episodios coma o do neno perdido ou o da paixón) e a temas tan
diferentes como as ánimas, os
santos, a catequese ou os aguinaldos.
O vol. III está dedicado ós romances tradicionais vellos, practicamente
todos en castelán ou mistura de galego e castelán nalgún caso, como o
de «doña iAida».
O vol. IV constitúeno romances tradicionais máis recentes, como a Rufina,
a pulga e o piollo ou
Xan Ghindán, nos que a lingua de uso xeral é o galego.
O vol. V fórmano cantos dialogados, ben cantos estróficos (parrafeos
vellos e novos, regueifas,
xogos e preguntas), ben coplas incluíbles no xénero dialoga
O material sonoro deste Cancioneiro, en gran parte xa irrepetible
porque moitos informantes
faleceron, está gardado en cinco copias: no Arquivo do Galego Oral do ILG,
en RNE da Coruña, na Fundación P. Barrié de la Maza, nun arquivo da música
popular europea de Viena e no Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega,
copia esta que está a ser dixitalizada. Unha escolma en casete publicouse
cos diferentes volumes.
Cada volume ten unha introducción metodolóxica e comentarios ás melodías
transcritastodo redactado a dobre columna (texto en galego na esquerda e
castelán na dereita), así como abundantes notas bibliográficas que fan
referencia ás melodías e ás letras na área portuguesa, noutras áreas
hispánicas ou ben en áreas europeas non ibéricas. Os textos poden ir
acompañados de notas no pé da páxina (ás veces no pé do texto), para
comentar (en galego) diversas palabras ou locucións. A partir do vol. II
nas páxinas finais publicouse a versión alemana da introducción e dunha
escolma de textos.
Nos tomos das melodías Schubarth transcribiu exactamente o que
interpretou cada informante,
coas vacilacións e variantes, sen manipulación, aplicando a metodoloxía
da etnomusicoloxía
moderna centroeuropea, que ten un bo precedente no labor que aplicou ó folclore
musical húngaro Bela Bartok, o gran compositor antifascista —hoxe heroe
nacional—
que tivo que fuxir do seu país e só despois da súa morte foi recoñecida
a súa obra.
Tradicionalmente o que se facía era dar unha reconstrucción arquetípica
do que debía ser,
non do que se rexistraba. Nos tomos das letras Santamarina fixo unha
transcrición lingüística que reflicte do xeito máis fiel posible a
oralidade, con seseos e gheadas, con rotacismos e contraccións e con toda
clase de interferencias do español nos textos en galego e dos galeguismos
nos textos casteláns. Todo isto fai que este Cancioneiro teña un
valor documental inestimable tanto musical como lingüístico.
Estando a prepara-los materiais do vol. VI, a finais dos 80 D. Schubarth
voltou a Suíza ó gaña-la
cátedra de composición da Schulmusik de Basilea, unha das mellores escolas de música
de Europa, e só esporadicamente viña a Compostela para ultima-la edición dos
volumes restantes do Cancioneiro. Marchou silandeiramente, despois
de vivir de xeito moi austero en Santiago durante máis de dez anos,
primeiro nunha casa velliña na rúa do Castrón d’Ouro, logo nun
modesto baixo da rúa da Senra. Á cultura nacional galega deixoulle dez anos de entrega total ó estudio do seu folclore musical, do que é boa proba o Cancioneiro Popular Galego que, de momento, que eu saiba, nada hai comparable a el nas outras linguas e culturas da Península Ibérica.
|
Agradecementos. Xosé Luís Axeitos Agrelo X. Luís Ordóñez Gonçalves Xesús Santos Suárez Mari Santos Rodríguez |